Guatemala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República de Guatemala
Bandeira de Guatemala Escudo de Guatemala
Bandeira Escudo
Himno nacional: ¡Guatemala, Feliz...!
 
LocationGuatemala.svg
 
Capital
 • Poboación
Cidade de Guatemala
4.010.780
Cidade máis poboada Cidade de Guatemala
Linguas oficiais
Castelán
Forma de goberno República Presidencialista Democrática
Otto Pérez Molina
Roxana Baldetti
Independencia
de España
15 de setembro de 1821
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 106º
108.889 km²
0,4 %
1.687 km km
400 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 67º
13.677.815 (2008 est.)[1]
126 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2007)
 • PIB per cápita
Posto 60º
US$ 65,282 millóns
US$ 4.333
IDH (2007) 0,696 (121º) – medio
Moeda Quetzal (GTQ)
Xentilicio Guatemalteco, -a
Fuso horario UTC-6
Dominio de Internet .gt
Prefixo telefónico +502
Prefixo radiofónico TGA-TGZ, TDA-TDZ
Código ISO 320 / GTM / GT
Membro de: ONU, OEA, OIM, SICA, MCCA, CEPAL, CIN, OEI, Parlacen, Grupo de Río
Tódolos países do mundo

Guatemala é un país da América Central, limitado ó oeste e ó norte por México, ó leste por Belize, polo Golfo de Honduras e por Honduras, e ó sur polo Salvador e polo océano Pacífico. A súa capital é Cidade de Guatemala.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia de Guatemala.

Época precolombina[editar | editar a fonte]

Templo das Máscaras en Tikal.

Guatemala está situada dentro do núcleo da área xeográfica coñecida como Mesoamérica. Dentro dos seus límites territoriais existiron varias culturas, destacando a civilización maia. Guatemala é o berce desta antiga civilización, que logrou un complexo desenvolvemento social e científico, en distintos eidos, como a arquitectura, a escritura, un avanzado cálculo do tempo por medio das súas propias matemáticas e a astronomía. Destacaron tamén no campo da arte, como na pintura, na escultura e na enxeñaría monumental, chegando a construír grandes metrópoles dende o período preclásico tales como os lugares de San Bartolo, Cival, Nakbé, El Mirador, na Conca de El Mirador; Uaxactún, Tikal, Ceibal, Río Azul, Yaxhá, Dos Pilas, Cancuén, Machaquilá, Aguateca, nas terras baixas do Norte, situadas no departamento de Petén; e Kaminal Juyú, nas terras altas do altiplano central; así como tamén Abaj Takalik no departamento de Retalhuleu, situado na zona costeira do Océano Pacífico na área sur.

Á chegada dos españois en 1524, os maias como tal xa desapareceran, mais os indíxenas (provenientes de Tula) encontrábanse divididos en señoríos e cidades-estado como Utatlán ou Gu'marcaj, capital dos ki'che'; Iximché, capital dos kakchikel; Zaculeu, capital dos mames; Mixco Viejo, capital dos pokomames; Chuitinamit, capital dos tzu'tuhiles. Todas estas tribos loitaban entre elas, polo que a conquista foi relativamente sinxela, aínda que Tayasal, capital dos maia itzá, e Zacpetén, capital dos ko'woj, ambas en Petén non foron conquistadas até 1697, debido a que se atopaban moi ben defendidas e Hernán Cortés desistiu en atacalas no seu camiño cara Honduras, sendo as últimas culturas de América en ser conquistadas.

Colonización[editar | editar a fonte]

En 1523 os conquistadores españois entraron polo oeste, provenientes de México, baixo o mando do capitán Pedro de Alvarado. Os españois enfrontáronse primeiro cos k'iches e logo aliáronse brevemente cos kaqchikeles. A primeira vila fundada por estes foi o 25 de xullo de 1524 nas proximidades de Iximché, capital dos kaqchikeles, recibindo o nome Santiago de Guatemala na honra do apóstolo maior.

O 22 de novembro de 1527 foi trasladada a cidade ao Val de Almolonga (hoxe San Miguel Escobar, Sacatepéquez), debido ao constante asedio que sufría por parte dos nativos. Esta foi destruída na madrugada do 11 de setembro de 1541 por un alude de lodo e pedras que proviña do do Volcán de Agua (Volcán Hunahpú lle chamaban os indíxenas), sepultando á entón capital da rexión; enterrando á cidade coa maioría dos seus habitantes. Entre eles estaba a gobernadora dona Beatriz de la Cueva, viúva de don Pedro de Alvarado. Isto obrigou a que de novo fose trasladada ao Val de Panchoy, uns 6 km ao sur, no que actualmente é hoxe en día a cidade de Antigua Guatemala. Neste sitio estivo asentado Santiago de Guatemala, capital do «Reyno de Guatemala», até 1775, cando se move a cidade ao Val de la Ermita, actual localización da capital. O rei Filipe II de España e Portugal e Indias outorgoulle o nome de «Muy noble y muy leal Ciudad de Santiago de los Caballeros de Goathemala».

Durante a dominación española, que durou case 300 años, Guatemala foi un reino de carácter estratéxico (Capitanía Xeral do Reino de Guatemala) que á súa vez dependía do Virreinato da Nova España (México). Guatemala estendíase dende a rexión de Chiapas (agora estado mexicano) até Costa Rica. A súa división política variou con frecuencia, o igual que as fronteiras entre as diversas provincias. A mediados do século XVII, o reino no seu conxunto tiña 32 provincias, das cales 12 atopábanse no territorio que actualmente constitúe a República de Guatemala: o val de Guatemala, onde se encontraba a cidade de Santiago, sede da Real Audiencia; as Alcaldías Maiores de Amatique, Suchitepéquez e Verapaz, os rexementos de Acasaguastlán, Atitlán, Chiquimula, Escuintla, Guazacapán, Quetzaltenango, Sololá (Tecpanatitlán) e Totonicapán.

Esta rexión era tan rica en minerais e metais como México, Bolivia e Perú. Mais destacouse principalmente pola súa produción agrícola. Os seus principais recursos foron a cana de azucre, o cacao, as madeiras preciosas e tinta de anil para tinxir téxtiles. A cidade de Santiago de Guatemala chegou a desenvolver un nivel notable na arquitectura, caracterizada como «barroco sísmico», na imaxinaría relixiosa, a pintura e a música. As festividades do ano litúrxico e do santoral definían a vida dos seus habitantes, a cal xiraba esencialmente arredor da relixión. A Catedral era o centro de toda a actividade relixiosa, e polo seu rango catedralicio posuía unha vida musical intensa.

O 21 de xullo de 1775 foi necesario o traslado de Antigua Guatemala, sempre vulnerábel a erupcións volcánicas, inundacións e terremotos; tras ser destruída por dous terremotos, cuxos remanentes consérvanse como un monumento nacional. A Cidade de Guatemala foi fundada oficialmente o 2 de xaneiro de 1776, converténdose cos anos na cidade máis grande e populosa de todo o istmo.

A finais do século XVIII, cando se implantou o réxime da Intendencia nalgunhas rexións do reino, o número de provincias reduciuse a 15, das cales 9 estaban no actual territorio de Guatemala: as Alcaldías Maiores de Chimaltenango, Escuintla, Sacatepéquez, Sololá, Suchitepéquez, Totonicapán e Verapaz, e os rexementos de Chiquimula e Quetzaltenango.

Ao emitirse en 1812 a Constitución de Cádiz, o reino de Guatemala desapareceu como unidade, e foi substituído por dúas provincias, sen subordinación entre si: a Provincia de Guatemala, que comprendía o territorio de Chiapas, El Salvador, Guatemala e Honduras, e a Provincia de Nicaragua e Costa Rica. En 1821, durante a segunda etapa de vixencia desa Constitución, segregáronse da Provincia de Guatemala as Provincias de Comayagua (Honduras), Chiapas e El Salvador.

Independencia[editar | editar a fonte]

Na rexión seguiron medrando industrias como as do índigo, o cacao e a cana de azucre, creando grandes riquezas e permitindo a creación de outras industrias como a dos tecidos, cuxo auxe durou até finais do século XVIII. Desexando crear relacións comerciais con outras nacións, ademais de España, a elite gobernante de aquela época decidiu declarar a súa independencia, tanto política como económica da coroa, o 15 de setembro de 1821.

Anexión ao Imperio Mexicano[editar | editar a fonte]

Tras un breve período de incerteza política, o 5 de xaneiro de 1822, as provincias centroamericanas anexionáronse a México co fin de unirse politicamente, como unha estratexia para contrarrestar á coroa española. Un ano máis tarde Guatemala e as súas provincias (Provincias Unidas do Centro de América), separáronse. As rexións de Guatemala, El Salvador, Honduras, Nicaragua, República de los Altos e Costa Rica, formaron unha república de corte federal, con sede en Guatemala.

As República Centroamericana (1823-1839) tivo unha Constitución que avogaba por unha forma de goberno liberal, pluralista e republicana; mais vellas estruturas socioeconómicas conservadoras da época opuxéronse a ditos cambios, xa que lles eran lesivos aos seus intereses particulares, polo que xestaron revoltas internas en cada provincia, o que desembocou na súa posterior desintegración e nunha guerra civil na zona (1838-1840) que acabaría coa confederación de Guatemala como un estado independente, así como os estados centroamericanos que actualmente se coñecen. Dentro da separación que se tivo das Provincias Unidas de Centroamerica, Guatemala cedeu o territorio de Santa Ana ao Salvador.

Finais do século XIX e comezos do XX[editar | editar a fonte]

Posterior á desintegración centroamericana foi Rafael Carrera y Turcios o que gobernaría como presidente de Guatemala (desde 1851 ata 1865), apoiado por conservadores. Entre os seus logros como presidente cabe salientar o feito de que defendese o país de diversas invasións estranxeiras. Entre as cales se atopa a coalición invasora de O Salvador e Honduras, a cal foi derrotada na Batalla de la Arada. Tamén no goberno de Carrera tivo lugar a expedición de conquista estadounidense por parte de William Walker ao territorio centroamericano, a cal orixinou a Guerra Nacional contra los Filibusteros. Co mandato de Carrera comezaría unha longa lista de Presidentes de Guatemala con ditaduras. Un relativamente importante nesta lista foi o Xeneral Justo Rufino Barrios que impulsou a chamada Reforma Liberal de 1871 co fin de cambiar o país, mellorar o seu comercio, e introducir novos cultivos e manufacturas, tamén introduciu o ferrocarril e por todo isto é lembrado como o reformador. Durante esta era o café fíxose un cultivo importante para Guatemala. Pero ao final de contas era un ditador, creou o traballo forzoso para os indíxenas e autoproclamouse dirixente das forzas armadas de centroamérica. Barrios tiña ambicións de reunificar América Central e levou o país á guerra nun intento falido de alcanzar este fin; morreu na Batalla de Chalchuapa en 1885.

Para 1901 a United Fruit Company comezou a volverse a forza principal en Guatemala (tanto política, como económica), durante a longa presidencia ditatorial de Manuel Estrada Cabrera. O goberno subordinábase a miúdo a intereses da Compañía (unha das principais de Centroamérica e que con axuda de Estados Unidos tiña poder para cambiar gobernos democráticos por monicreques ao seu servizo). Mentres que a compañía axudaba coa construción dalgunhas escolas, tamén obstaculizaba o comercio local; así, opúxose á construción de estradas porque isto competiría co seu monopolio do ferrocarril. A UFC controlou máis do 40% da terra do país e as instalacións dos portos. O período de ditadura liberal acabaría en 1944.

A revolución de 1944[editar | editar a fonte]

En 1944, un grupo de xente, tales como oficiais militares disidentes, estudantes, profesionais liberais; chamados os "Revolucionarios de Outubro", derrocaron ao goberno de Federico Ponce Vaides, substituíndoo por unha xunta composta por o Maior Francisco Javier Arana, o Capitán Jacobo Arbenz e Jorge Torriello, que pouco despois convocou eleccións libres e democráticas que foron ganadas polo profesor e escritor Juan José Arévalo Bermejo, que acababa de regresar de Arxentina onde se encontraba exiliado. Foi o primeiro presidente elixido democraticamente en Guatemala que completou o seu mandato. O seu "socialismo cristiano" inspirado no New Deal americano, foi moi criticado pola clase alta e os terratenentes.

Arévalo impulsou moitas reformas e a creación de numerosas institucións co fin de mellorar o estado guatemalteco, como por exemplo o Banco de Guatemala, a Superintendencia de Bancos, o Instituto Guatemalteco de Seguridade Social (IGSS), deseñou e implementou entre outras as escolas tipo federación.

As reformas iniciadas por Arévalo foron continuadas polo seu sucesor, Jacobo Arbenz Guzmán, gañador das eleccións seguintes. Ao chegar ao poder, Arbenz declarou así as súas intencións:

O noso goberno proponse iniciar o camiño do desenvolvemento económico de Guatemala, tendendo aos tres obxectivos fundamentais seguintes: converter o noso país dunha nación dependente e de economía semicolonial nun país economicamente independente; converter a Guatemala de país atrasado e de economía predominantemente semifeudal nun país moderno e capitalista; e facer que esta transformación se leve a cabo de xeito que traia consigo a maior elevación posíbel do nivel de vida das grandes masas do pobo.
Presidente Arbenz

Proxectaba unha reforma agraria para aumentar a produtividade das terras e o nivel de vida dos campesiños, propoñía a expropiación das terras improdutivas e a súa cesión en usufruto a labregos necesitados. O plan estrelou cos terratenentes, entre os que destacaba a United Fruit Company, dando lugar a un ambiente de república bananeira. O presidente propuxo expropiar as terras da United Fruit Company ao prezo de valoración que a compañía usaba para liquidar os seus impostos.

A United Fruit Company pediu axuda ao presidente Eisenhower, utilizando como pretexto, entre outras cousas, o feito de que Arbenz legalizase o Partido Guatemalteco do Traballo, tachado de forma non obxectiva de comunista, chegando a denominarse como comunista perigoso en 1952. Logo a CIA organizou a "operación PBSUCCESS", que consistía no adestramento e pagamento dun exército rebelde paramilitar (Movemento de Liberación) que cometeu o Golpe de Estado de 1954 e derrocou ao presidente substituíndoo por un militar ás ordes de Estados Unidos, o coronel Carlos Castillo Armas.

Ditadura e guerra civil[editar | editar a fonte]

O coronel golpista Carlos Castillo Armas reverteu moitos dos cambios realizados por Arbenz con anterioridade. Foi asasinado en 1957, substituíndose polo Xeneral Miguel Ydígoras Fuentes, anterior Ministro de Obras Públicas na ditadura ubiquista e detractor das políticas de Arévalo e Arbenz. Ydigoras formou en Guatemala aos activistas que intentaron a Invasión de Baía de Cochinos. Os boinas verdes (United States Army Special Forces) instaláronse no país, e adestrando alí ao seu exército. Dese tempo datan a creación dos escuadróns da morte, e de organizacións paramilitares como a Mano Blanca ou o Exército Secreto Anticomunista especializados na tortura e asasinato de intelectuais, periodistas, estudantes e campesiños sospeitosos de manter posicións esquerdistas.

En resposta ao seu goberno cada vez máis autocrático, un grupo de oficiais militares de menor rango rebelouse, intentando derrocalo en 1960. Cando fracasaron, varios fuxiron e estabeleceron lazos estreitos con Cuba. Este grupo converteuse no núcleo das forzas armadas que loitaron contra os gobernos militares durante os 36 anos seguintes. Os seus catro grupos principais guerrilleiros de esquerda realizaron sabotaxes económicos e ataques armados ás instalacións do goberno e os membros das forzas de seguridade estatal. Estas organizacións combinaríanse para formar a Unidade Revolucionaria Nacional Guatemalteca en 1982.

O goberno de Miguel Ydígoras Fuentes acabaría en marzo de 1963 bruscamente a súa presidencia, para pasar a mans do coronel Enrique Peralta Azurdia.

36 anos de conflito armado (1960-1996)[editar | editar a fonte]

Pouco despois houbo eleccións democráticas o resultou Presidente electo Julio César Méndez Montenegro en 1966. Aínda que nun principio parecía unha democracia transparente, pronto se cheirou a farsa, cunha eleccións amañadas entre o goberno e o exército, existindo, ao final, un xenocidio entre as masas opositoras e as respostas guerrilleiras.

O Xeneral Carlos Manuel Arana Osorio (1970-1974) foi o primeiro dunha serie de presidentes militares.

En 1972 un novo grupo guerrilleiro infiltrouse dende México. En 1974, o Xeneral Kjell Lauguerud García derrotou ao Xeneral Efraín Ríos Montt, o candidato do Partido Cristiano Democrático, que afirmou que se lle furtara a vitoria. En 1978, tras outras elección fraudulentas, o Xeneral Romeo Lucas Garcia asumiu o poder. En 1970 dous novos grupos guerrilleiros, o EGP e a ORPA intensificaron o levantamento contra os gobernos militares. En 1979, Jimmy Carter, prohibiu calquera axuda militar ao exército guatemalteco, a causa dos sistemáticos abusos deste contra a poboación.

Un dos espectáculos durante este período foi o que lle ocorreu á embaixada española. O 31 de xaneiro de 1980, un grupo de indíxenas e campesiños de varias aldeas do departamento noroccidental de El Quiché, apoiados por estudantes, ocupou a embaixada de España na capital para denunciar a represión nas súas comunidades, o goberno afirmou que os asaltantes se autoinmolasen, mais os diplomáticos españois explicaron que a policía executara aos participantes e incendiaran o lugar para ocultar os seus crimes. Entre as vítimas mortais figuraron o cónsul español Jaime Ruiz del Árbol, o ex vicepresidente de Guatemala Eduardo Cáceres, o ex chnceler guatemalteco Adolfo Molina e o pai de Rigoberta Menchú.

Nas eleccións de 1974 comezábase a ver claramente a tendencia de eleccións fraudulentas, cunha forte campaña contra os rebelde dende o "Partido Revolucionario" gobernante. Nos seguintes comicios do 78 e 82 seguiron gañando xenerais militares, até que os militares deron un golpe de Estado o 23 de marzo de 1982, para evitar a toma de posesión dun novo electo presidente militar Ángel Aníbal Guevara tras unhas constatadas eleccións fraudulentas.

Ríos Montt, co apoio da administración estadounidense de Ronald Reagan, formou unha xunta militar de tres membros, anulando a constitución do 65, disolvendo o congreso, anulando a lei electoral e aos partidos. Logo duns meses, asumiría el mesmo a presidencia da república, gobernando en solitario.

O Presidente procurou derrotar aos guerrilleiros con accións militares e reformas económicas. Os guerrilleiros esquerdistas e as brigadas de morte dereitistas tamén se adicaron a realizar masacres, desaparicións forzadas, e torturas de non combatentes, mais as PAC e os militares foron os que fixeron a maior parte das 200.000 mortes neste tempo, até que o 8 de agosto de 1983, Ríos Montt foi deposto polo seu propio Ministro de Defensa, Xeneral Óscar Mejía Víctores, quen permitiu un regreso controlado á democracia en Guatemala. En xaneiro de 1986, Vinicio Cerezo, un político civil e o candidato a presidente pola Democracia Cristiana, ganou a primeira elección sostida baixo unha nova constitución democrática con moito apoio popular.

O exército e as Patrullas de Autodefensa Civil (PAC), recobraron esencialmente todo o territorio guerrilleiro; a actividade guerrilleira disminuiu e foi en gran parte limitada a operacións de golpear e fuxir. Ríos Montt produciu un enorme número de mortes civís.

A breve presidencia de Ríos Montt foi probablemente o período máis violento do conflito de 36 anos, que resultou en aproximadamente 200.000 muertes de civís, na súa maioría indíxenas desarmados. Aínda que os guerrilleiros esquerdistas e as brigadas de morte tamén se dedicaron a realizar masacres, desaparicións forzadas, e torturas de non combatentes, a maioría das violacións de dereitos humanos foron realizadas polos militares guatemaltecos e as PAC que eles controlaban.

O 8 de agosto de 1983, Ríos Montt foi deposto polo seu propio Ministro de Defensa, xeneral Óscar Mejía Víctores (Ríos Montt acabará fundando un partido político). O xeneral Mejía permitiu un regreso controlado da democracia en Guatemala, comenzando cunha elección o 1 de xullo de 1984 para unha Asemblea Constituínte para redactar unha constitución democrática. O 30 de maio de 1985, despois de 9 meses de debate, a Asemblea Constituínte acabou de redactar unha nova constitución, que entrou en vigor inmediatamente. Vinicio Cerezo, un político civil e o candidato a presidente pola Democracia Cristiana, ganou a primeira elección sostida baixo a nova constitución con case o 70% do voto, e tomou posesión en 1986.

Democracia e inestabilidade (1986- 2001)[editar | editar a fonte]

Despois da súa toma de posesión, en xaneiro de 1986, o Presidente Vinicio Cerezo creou, entre outras cousas, un comité lexislativo de dereitos humanos, e o estabelecemento en 1987 da oficina do procudador dos dereitos humanos. A corte suprema tamén emprendeu unha serie de reformas para loitar contra a corrupción e mellorar a eficiencia do sistema legal.

Coa chegade de Cerezo, os militares afastáronse do goberno e regresaron ao papel máis tradicional de proporcionar seguridade interna, especificamente convatindo contra insurxentes armados.

Os últimos dous anos do goberno de Cerezo foron marcados por unha economía en declive, folgas, marchas de protesta e acusacións de corrupción estendida. A incapacidade do goberno de tratar con moitos dos problemas nacionais -como mortalidade infantil, analfabetismo, saúde e asistencia social deficientes, e niveis crecentes de violencia- contribuíu ao descontento popular.

O 11 de novembro de 1990 celebráronse eleccións parlamentarias e presidenciais. Despois dunha votación de desempate, o enxeñeiro Jorge Serrano Elías, do partido Movemento de Acción Solidaria (MAS), asumiu a presidencia o 14 de xaneiro de 1991, completando así a primeira transición dun goberno civil electo democraticamente a outro. Creárase unha alianza entre dito partido e os Demócratas Cristiáns e a Unión do Centro Nacional (UCN).

Serrano acabou fuxindo do país tras iniciar unha restrición de liberdades civís coa idea de controlar a corrupción; e o 5 de xuño de 1993, o Congreso, de acordo coa constitución de 1985, elixiu ao Procurador de Dereitos Humanos, para completar o período presidencial de Serrano Elías. Este cargo ocupábao De León, que non era membro de ningún partido político e que, ademais, gozaba de apoio popular. Lanzou unha campaña anticorrupción para “purificar” o Congreso e a Corte Suprema, esixindo as renuncias de todos os membros de ámbolos dous corpos.

A pesar da resistencia considerábel do Congreso, a presión presidencial conduciu a un acordo en novembro de 1993, entre a administración e o Congreso, intermediado pola Igrexa Católica. Este paquete de reformas constitucionais foi aprobado polo referendo popular o 30 de xaneiro de 1994. En agosto de 1994, un novo Congreso foi electo para completar o período non vencido. Controlado polos partidos anti-corrupción o populista Frente Republicano Guatemalteco (FRG) encabezado polo ex-xeneral Ríos Montt, e o Partido de Avanzada Nacional (PAN)- o novo Congreso comenzou a afastarse da corrupción que caracterizou aos seus precursores.

Baixo o goberno de De León, o proceso de paz, agora coa participación das Nacións Unidas, comezou o seu camiño. O goberno e a URNG asinaron acordos sobre dereitos humanos (marzo de 1994), el restabelecimiento de persoas desprazadas (xuño de 1994), esclarecimento histórico (xuño de 1994), e dereitos indíxenas (marzo de 1995). Tamén se desenvolveu un progreso significativo sobre un acordo socio-económico e agrario.

As eleccións nacionais para presidente, o Congreso, e oficinas municipais producíronse en noviembre de 1995. Con case vinte partidos que competiron na primeira ronda, a elección presidencial chegou até un desempate o 7 de xaneiro de 1996 no cal o candidato do PAN, Álvaro Arzú Irigoyen derrotou a Alfonso Portillo Cabrera do FRG por un 2% dos votos. Arzú ganou debido á súa forza na Cidade de Guatemala, onde servira antes como alcalde, ademais da área circundante urbana. Portillo ganou en todos os departamentos rurais excepto Petén. Baixo a administración de Arzú, concluíronse as negociacións e, en decembro de 1996, o goberno firmou os Acordos de Paz, que zanxaba un conflito de 36 anos. A situación dos dereitos humanos tamén mellorou durante o goberno de Arzú, e tomáronse medidas para reducir a influencia dos militares en asuntos nacionais.

Século XXI[editar | editar a fonte]

En 1999 Alfonso Portillo (FRG) ganou a Óscar Berger (PAN). Ganou en 22 departamentos e na Cidade de Guatemala, que era considerada a fortaleza do PAN. Portillo, aparte de ter relacións co ex-xeneral Ríos Montt, o Presidente de feito de Guatemala no 1982-83, acabou cometendo varios furtos polos que está con orde de captura de Guatemala e da Interpol; por desvíos millonarios de diñeiro.

No 2004 foi electo como Presidente de Guatemala o avogado Óscar Berger Perdomo, apoiado pola Gran Alianza Nacional (GANA). O seu goberno foi ineficaz contra a delincuencia organizada, pandillas denominadas maras, a consolidación do narcotráfico (enraizada durante o goberno anterior, e a forte migración da súa poboación (maiormente pobre e acosada pola criminalidade).

As seguintes eleccións realizadas no outono de 2007, os partidos políticos Unidade Nacional da Esperanza (UNE), liderado polo enxeñeiro Álvaro Colom; Partido Patriota (PP), liderado polo xeneral retirado, Otto Pérez Molina, ganaron os dous primeiros lugares, pasando a unha segunda volta que deron como ganador a Colom quen se converteu Presidente da República de Guatemala o 14 de xaneiro de 2008.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O cumio máis elevada do país é o volcán Tajumulco (4.220 msnm); destacan tamén o Santa María (3.772 msnm), o Agua (3.766 msnm), o Fuego (3.763 msnm), o volcán Atitlán (3.537 msnm), situado xunto ao lago homónimo, e o Pacaya (2.552 msnm) achando canda ao Lago de Amatitlán, no Departamento de Guatemala. Os terremotos son frecuentes nas proximidades do cinto volcánico do sur, onde destruíronse numerosas asentamentos. no litoral atlántico, principal saída comercial neste océano, atópase o maior lago do país, o Izabal.

Os ríos de Guatemala de maior lonxitude son: Río Motagua , Río Usumacinta, Río Polochic, Río Dulce e Río Sarstún.

Departamentos[editar | editar a fonte]

Guatemala está dividida en 22 departamentos, que se reparten por 8 rexións administrativas, e posúen 333 concellos.

Departamentos de Guatemala.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Guatemala.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guatemala Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Países do mundo | América central
Belize - Costa Rica - Guatemala - Honduras - Nicaragua - Panamá - O Salvador