Portal:Hóckey a patíns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Portal hockey patins.jpeg
Suiza vs Francia - 2014 CERH European Championship - 15.jpg

O hóckey a patíns é un deporte de equipo que se xoga en patíns de catro rodas paralelas no que se enfrontan dous equipos de cinco xogadores cada un (un porteiro e catro xogadores de campo) que empregan un pau de madeira de forma curva ou stick para conducir e golpear unha pequena pelota de caucho. Este deporte xógase nunha pista pechada por un valo de esquinas redondeadas e dúas porterías. O hóckey a patíns non é unha modalidade olímpica na actualidade, mais nos Xogos Olímpicos de Verán de 1992 foi incluído como deporte de exhibición, gañando a medalla de ouro a selección de Arxentina.

Considérase que este deporte naceu cara finais do século XIX en Inglaterra da man de Edward Crawford como adaptación do hóckey sobre xeo. Actualmente é practicado principalmente en Europa e América do Sur, e goza do popularidade nas antigas colonias portuguesas de Angola e Mozambique. Históricamente os países que teñen dominado esta modalidade, tanto a nivel de clubes como a nivel de seleccións son España, Portugal, Italia e Arxentina.

Artigo destacado

editar

CoppaCersHockeyPista.jpg
A trixésima edición da Copa CERS comezou o 21 de novembro de 2009 coa primeira xornada da fase de grupos e finalizou o 16 de maio do 2010 coa disputa da final na localidade portuguesa de Torres Novas. Nesta edición proclamouse campión o HC Liceo da Coruña tras derrotar por 7 goles a 2 ao Blanes HC na final, conseguindo así o equipo galego o seu terceiro título da segunda competición continental e converténdose no equipo máis laureado da competición xunto co Hockey Novara italiano.

Nesta edición participaron un total de 28 equipos do Estado español, Portugal, Italia, Francia, Alemaña, Suíza, Inglaterra e Austria. A competición consistiu en varias eliminatorias a dobre partido partindo dos dezaseisavos de final, e unha final four (final a catro).


Así van
Categorías
Personalidade destacada

editar António José Parreira do Livramento (máis coñecido como António Livramento), nado en São Manços (Évora) o 28 de febreiro de 1943 e finado en Lisboa o 7 de xuño de 1999, foi un xogador de hóckey a patíns português, considerado por moitos o mellor xogador de todos os tempos. Conseguiu numerosos títulos durante a súa longa carreira, tanto como xogador, como no posto de adestrador. Livramento desenvolveu case toda a súa carreira deportiva en Portugal, xogando nos dous equipos lisboetas (SL Benfica e SC Portugal), cos que gañou numerosos títulos nacionais, amais de formar parte do equipo que conseguiu a única Copa de Europa do Sporting en 1977. Foi máis de 209 veces internacional coa selección portuguesa, participando na consecución de tres Campionatos do Mundo e sete Campionatos de Europa.

Logo da súa retirada como xogador adestrou ao FC Porto e ao SC Portugal, conseguindo títulos nacionais e continentais a nivel de clubes, así como dous novos Campionatos do Mundo e tres Campionatos de Europa como seleccionador do combinado portugués. Faleceu subitamente en 1999, aos 56 anos, vítima dunha trombose.

Imaxe destacada
Artigos de calidade e bos


Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns