Cegueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Cegueira
Clasificación e recursos externos

Reloxo para deficientes visuais
ICD-10 H54.0 H54.1H54.4
ICD-9 369
DiseasesDB 28256
MedlinePlus blindness
Cabalo cego

A cegueira é a perda do sentido da vista. Pode ser total ou parcial e existen varios tipos de parcial dependendo do grao e tipo de perda de visión, como a visión reducida, ou escotoma, a cegueira parcial dun ollo ou o daltonismo.

Tipos de cegueira[editar | editar a fonte]

A cegueira clasifícase dependendo de onde se producira o dano que impide a visión. Este pode ser en:

  1. Estruturas transparentes do ollo, coma as cataratas e a opacidade da córnea.
  2. Retina, coma a dexeneración macular asociada á idade e a retinose pigmentaria.
  3. Nervio óptico, coma o glaucoma ou a diabetes.
  4. Cerebro.

Causas da cegueira[editar | editar a fonte]

Pode ser provocada por:

  • Enfermidades: as máis comúns son cataratas, glaucoma, dexeneración macular, opacidade corneal, tracoma e retinopatía diabética.
  • Anormalidades e danos: en Estados Unidos os accidentes, especialmente nos menores de 30 anos, fan perder a vista xeralmente nun dos ollos.
  • Defectos xenéticos: as persoas con albinismo usualmente sofren de deterioro da vista.
  • Envenenamento: certos químicos coma o metanol, encontrado en bebidas económicas substitutas consumidas por alcohólicos.
  • Falta de iris de nacemento.

A malnutrición xunto ás enfermidades son as causantes principais da cegueira.

Epidemioloxía[editar | editar a fonte]

Un cego co seu can guía en Brasília, Brasil.

En 2002, a Organización Mundial da Saúde (WHO, World Health Organization) estimou que había 161 millóns de persoas (2,6 % da poboación mundial) no mundo con deterioro da vista, dos cales 124 millóns (2% aproximadamente) tiña baixa visión e 37 millones eran cegos (preto de 0,6%).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cegueira

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]