Poesía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Poeta")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Trobadores nunha miniatura do Cancioneiro da Ajuda, colección de poesías en galaico-portugués (s. XIII).

A poesía é unha forma de literatura que emprega as calidades estética e rítmica[1][2][3] da linguaxe, como a eufonía, o simbolismo fonético e a prosodia, para evocar significados engadidos ou o significado prosaico.

A poesía ten unha longa historia que se remonta á Epopea de Gilgamesh sumeria. Os poemas máis antigos evolucionaron dende cancións populares, como o Shijing chinés, ou dende a necesidade de recoller a tradición das lendas orais, como os Vedas sánscritos, os Gathas zoroastras ou os poemas homéricos, a Ilíada e a Odisea. Os primeiros intentos de definir a poesía, como os da Poética de Aristóteles, centráronse no emprego da fala na retórica, no drama, no canto e na comedia. Intentos máis tardios centráronse en aspectos como a repetición, na forma do verso e na rima, salientando a estética que é o distingue á poesía doutras formas de escrita máis obxectivas, informativas e prosaicas. Dende mediados do século XX, a poseía é considerada de forma máis xeralizada como a forma creativa fundamental de empregar a linguaxe.

A lírica no século XX[editar | editar a fonte]

Ante a dificultade de resumir en poucas liñas as moitas teorías que sobre xéneros hai neste século, inclinámonos por resumir a de Aguiar e Silva no seu libro Teoría da literatura polo que ten de recente e clara ó diferenciar o aspecto natural do histórico:

  1. Modos literarios:
    1. Nivel da forma da expresión: son posibilidades transtemporais de enunciación
      1. Modo lírico.
      2. Modo narrativo.
      3. Modo dramático
    2. Nivel da forma do contido: en función das actitudes do enunciador:
      1. Modo tráxico
      2. Modo cómico
      3. Modo satírico
      4. Modo elexíaco
  2. Xéneros literarios: os modos articúlanse en textos concretos por medio dos xéneros con códigos rítmicos, estéticos, compositivos e estilísticos. Os xéneros son formas históricas que teñen unha gran dependencia da tradición sociocultural e literaria.
  3. Subxéneros literarios: establecidos dentro de cada xénero en función da relevancia que adquiren uns códigos ou outros. Dentro da lírica: oda, elexía, égloga, sátira etc.

Polo tanto, o xénero lírico é considerado coma un modo natural representado historicamente nuns xéneros e subxéneros determinados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Oxford Dictionaries, ed. (2013). "Poetry". 
  2. Merriam-Webster, ed. (2013). "Poetry". 
  3. Dictionary.com, LLC, ed. (2013). "Poetry". Dictionary.com. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]