Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. A costa norte e noroeste está o Mar Caribe, limita continentalmente con: Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.
O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación da Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.
Artigo destacado
Lugar de interese
Artigos de calidade (0)
Artigos bos (0)
Imaxe destacada
- ...Arquivo
Biografía destacada
editar
Juan Manuel Santos, nado en Bogotá o 10 de agosto de 1951, é un político, xornalista e economista colombiano, presidente de Colombia dende o 7 de agosto de 2010 até o 7 de agosto de 2018. Logo de exercer como xornalista, introduciuse na política facéndose membro do Partido Liberal Colombiano, foi ministro de Comercio Exterior durante o goberno de César Gaviria, máis tarde fixo parte do goberno do conservador Andrés Pastrana Arango no que se desempeñou como ministro de Facenda. Pertence á familia Santos, anterior propietaria de El Tiempo. Tamén é curmán de Francisco Santos, vicepresidente de Colombia durante o goberno de Álvaro Uribe.
Tomou posesión como presidente o 7 de agosto de 2010. O 15 de xuño de 2014 foi reelixido presidente para o período 2014-2018. O 7 de outubro de 2016, foi distinguido co Premio Nobel da Paz polo seu intento de chegar a un acordo coas FARC, malia o plebiscito infrutuoso.
Sabías que...?
- ...Arquivo
Portais relacionados
editar
Países de América do Sur
|