Revolución de Outubro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bolshevik (1920), obra de Boris Kustodiev.

A Revolución de Outubro, foi a segunda fase da Revolución Rusa de 1917, despois da Revolución de Febreiro.

A Revolución foi liderada polos bolxeviques baixo a dirección de Vladimir Lenin e significou a primeira revolución comunista declarada do século XX. Lev Trotski, comandando o soviet de Petrogrado, e o Comité Militar Revolucionario controlado por Adolph Joffe, dirixiron as actividades revolucionarias decisivas, en Petrogrado.

A revolución conseguiu unha insurrección militar e popular, que derribou ao goberno provisional, formándose unha guerra civil entre 1918 e o 1920. A Unión Soviética nacería no ano 1922 despois da guerra entre os brancos e os vermellos.

A Revolución de Outubro foi chamada por Lenin, nas primeiras edicións dos seus escritos, como o Alzamento de Outubro ou Alzamento dos 25. Mais co tempo, o acontecemento foi collendo transcendencia, como inicio da guerra fría do século XX.

A Gran Revolución Socialista de Outubro foi o nome oficial da Revolución de Outubro na Unión Soviética desde a celebración do 10° aniversario da Revolución en 1927. Hoxe en día o Partido Comunista da Federación Rusa emprega comunmente este nome. Outubro Vermello tamén expresa os acontecementos de dito mes.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]