Peter Cushing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Cushing
Revenge of Frankenstein (trailer) - Peter Cushing (cropped).png
Peter Cushing en The Revenge of Frankenstein (1957)
Nome completoPeter Wilton Cushing
Nacemento23 de maio de 1913
LugarInglaterra Kenley, Surrey, Inglaterra
Falecemento11 de agosto de 1994 (81 anos)
LugarInglaterra Canterbury, Kent, Inglaterra
CausaCancro de próstata
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Educado enGuildhall School of Music and Drama, Shoreham College e Purley High School for Boys
Cónxuxe(s)Violet Helene Beck (matr. 1943; a súa morte 1971)
Profesiónactror
Período1935–1986
Na rede
petercushing.co.uk
IMDB: nm0001088 Allocine: 5232 Rottentomatoes: celebrity/peter_cushing Allmovie: p16338 TCM: 42598 TV.com: people/peter-cushing IBDB: 105873
WikiTree: Cushing-943 Find a Grave: 10687 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Peter Wilton Cushing, nado en Kenley, Surrey, Inglaterra o 26 de maio de 1913[1] e finado en Whitstable, Kent, Inglaterra o 11 de agosto de 1994, foi un actor británico recoñecido polas súas interpretacións nas películas de terror da compañía cinematográfica Hammer e por interpretar o Gran Moff Tarkin en A guerra das galaxias (1977). Estendeuse a súa carreira cinematográfica seis décadas, onde apareceu en máis dun cento de películas ademais de moitos outros papeis en teatro, televisión e radio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Peter Cushing debutou no teatro en 1935 e permaneceu no escenario durante tres anos antes de mudarse a Hollywood para dedicarse ó cine.[2] Tralo seu debut cinematográfico en The Man in the Iron Mask (1939) Cushing comezou a ter un moderado éxito, participando noutros filmes estadounidenses antes de regresar a Inglaterra coincidindo co inicio da segunda guerra mundial. Malia interpretar varios papeis, incluíndo a interpretación de Osric na película dirixida por Laurence Olivier Hamlet (1948), Cushing tivo moitas dificultades para encontrar traballo durante este período e empezou a considerarse a si mesmo como un actor fracasado. Emporiso cando comezou a interpretar obras en directo para a televisión axiña se converteu nun dos actores máis destacados da televisión británica. Pola súa interpretación de Winston Smith en Nineteen Eighty-Four (1954), adaptación da novela homónima de George Orwell á televisión, obtivo un especial recoñecemento.

Peter Cushing ganou fama mundial polas súas aparicións en vinte e dúas películas de terror da produtora independente Hammer, especialmente polo papel do barón Victor Frankenstein en seis das sete películas sobre Frankenstein e como o doutor Van Helsing en cinco películas de Drácula. Cushing interpretou a miúdo xunto ó actor Christopher Lee, que se converteu nun dos seus amigos máis próximos, e en ocasións interpretou tamén coa estrela de terror estadounidense Vincent Price.

Outras películas da Hammer nas que participou son The Abominable Snowman (1957), The Mummy (1959) e The Hound of the Baskervilles (1959), onde interpretou o detective Sherlock Holmes como en moitas outras ocasións ó longo da súa carreira. Peter Cushing continuou desempeñando diversos roles, non obstante, a miúdo foi considerado como o estereotipado actor de cine de terror. Interpretou o Doutor en Dr. Who and the Daleks (1965) e en Daleks' Invasion Earth 2150 A.D. (1966). A súa interpretación do Grand Moff Tarkin en A guerra das galaxias (1977) proporcionoulle unha gran repercusión á súa carreira. Cushing continuou actuando durante os últimos anos da súa vida e escribiu dúas autobiografías. Casou en 1943 con Helen Beck e permaneceron xuntos ata a súa morte en 1971. Peter Cushing morreu en 1994 a causa dun cancro de próstata.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Peter Cushing Biography (1913-)". Filmreference. Arquivado dende o orixinal o 22-07-2012. Consultado o 22-01-2019. 
  2. Cushing, pp. 45—49

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]