Danza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Presentación dun grupo de danza

A danza é unha arte que consiste en expresarse mediante movementos do corpo ao ritmo da música. É unha das principais artes escénicas da antigüidade, ao lado do teatro e da música.

Características[editar | editar a fonte]

Baile tradicional xaponés

A danza caracterizase polo uso do corpo seguindo movementos previamente estabelecidos (coreografía) ou improvisados (danza libre).

A danza pode existir como manifestación artística ou como forma de divertimento e/ou cerimonia. Como arte, a danza exprésase a través dos signos de movemento, con ou sen acompañamento musical, para un determinado público, que ao longo do tempo se foi desvinculado das particularidades do teatro.

Nas formas máis clásicas de danza os bailaríns adoitan bailar por parellas e en grupos, coordinando os pasos entre eles conxuntamente.

Actualmente, a danza manifestase nas rúas en eventos como "Danza en Tránsito", so a forma de vídeo, no chamado "vídeo-danza", e en calquera outro ambiente en que for contextualizado o propósito artístico.

Historia[editar | editar a fonte]

No antigo Exipto as danzas cerimoniais foron instituídas polos faraóns. Estas danzas, que culminaban en cerimonias representando a morte e a reencarnación do deus Osiris, fóronse facendo cada vez máis complexas, ata o punto de que só podían ser executadas por profesionais altamente cualificados.

Ó redor de Dioniso ou Baco, o deus do viño e a embriaguez, grupos de mulleres chamadas ménades ían de noite as montañas, onde baixo os efectos do viño, celebraban as súas orxías con danzas extáticas. Estas danzas incluían, eventualmente, música e distintas figuras da mitoloxía clásica que eran representados por actores e bailaríns adestrados. A finais do século V a.C. estas danzas comezaron a formar parte da escena social e política da antiga Grecia.

Entre os romanos, a aceptación da danza por parte dos poderes públicos foi decaendo. A cristianización do Imperio Romano introduciu unha nova era na que o corpo, a sexualidade e a danza resultaron unidas e foron obxecto de controversia e conflitos.

A partir do século IV e durante toda a Idade Media a actitude da igrexa cristiá respecto á danza foi ambivalente. Por un lado encontramos o rexeitamento da danza como catalizadora da permisividade sexual, a lascivia e o éxtase por líderes da igrexa como Agostiño de Hipona (354-430), cuxa influencia continuou durante toda a Idade Media. Por outro lado, algúns antigos Pais da Igrexa intentaron incorporar aos cultos cristiáns as danzas propias dos celtas, anglosaxóns, galos, etc.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Danza