Limita con Hungría e Serbia ao oeste, Ucraína e Moldova ao nordeste e ao leste, e Bulgaria ao sur. Con 238 391 km², Romanía é o noveno país máis grande da Unión Europea por área, e conta coa sétima maior poboación da Unión Europea con máis de 19 millóns de habitantes. A súa capital e cidade máis poboada é Bucarest, a décima cidade máis grande da Unión Europea.
A selección de rugby de Romanía tamén coñecida como os Carballos (Stejarii), representa a Romanía nas competicións oficiais de rugby. Sempre foi un dos equipos máis fortes do continente europeo, dentro dos que non disputaban o Torneo das Seis Nacións, mais actualmente Xeorxia ese posto. Está incluído na segunda división de seleccións internacionais e ocupa o posto 17 na clasificación de seleccións da IRB. Participa habitualmente na Copa do Mundo (participou en tódalas edicións disputadas ata o momento, logrando como mellor resultado unha vitoria na fase de grupos nas edicións de 1987, 1991, 1999, 2003 e 2007), na Copa de Europa e na Super Cup.
A década dos oitenta foi o mellor período da historia da selección romanesa, cando chegou a vencer a Gales en dúas ocasións, a Escocia (ao equipo que lograra o Grand Slam de 1984) e a Francia en dúas ocasións. En 1981 perdeu fronte aos All Blacks por un axustado 14-6, a pesar de que lles foron anulados dous ensaios. Existen rumores de que nesa época foi convidada a disputar o Torneo 5 Nacións, mais supostamente a invitación foi refusada debido a que a celebración do Torneo coincidía coa parada invernal da Liga Romanesa. Porén, o rugby romanés sufriu un lixeiro retroceso nas últimas dúas décadas, coincidindo coa deterioración da política e a economía nacional.
Segundo o censo oficial a 1 de xaneiro do ano 2010, Bucarest tiña unha poboación de 1 944 367 habitantes, 2.3 millóns na área metropolitana.
Para os parámetros europeos, Bucarest non é unha cidade antiga, a primeira referencia que se ten dela é do ano 1459. Dende esa data Bucarest pasou por moitos cambios, facéndose capital do pais no ano 1862 converténdose no centro da cultura e as artes. A súa ecléctica arquitectura é unha mestura da historia, da época comunista e da modernidade. No período entre as dúas guerras mundiais, a arquitectura da cidade valeulle o sobrenome do "París do leste" ou "Pequeno París" (Micul Paris). Parte dos monumentos e igrexas foron destruída polas guerras, tremores de terra, incendios e no decurso da campaña de "urbanismo" emprendida por Nicolae Ceaușescu no século pasado. En anos recentes, a cidade volveu vivir un renacemento da súa cultura e economía.
Vlad III O Empalador (en romanés : Vlad Țepeș), nado en Sighişoara o 8 de novembro de 1431 e finado en Bucarest o 14 de decembro de 1476, foi un Príncipe de Valaquia (hoxe sur de Romanía) e a figura histórica na que o escritor irlandésBram Stoker se inspirou para crear ao inmortal personaxe do Conde Drácula. Foi un gran loitador en contra do expansionismo otomán que ameazaba o seu país e o resto de Europa, e tamén era famoso pola súa maneira de castigar aos inimigos e traidores. Vlad era ortodoxo, aínda que con posterioridade se converteu ao catolicismo.