Leicester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°38′N 1°8′O / 52.633, -1.133

Leicester
Vistas da cidade
Localización
Leicester en Inglaterra
Leicester
Leicester
PaísInglaterra Inglaterra
RexiónMidlands do Leste
Condado cerimonialLeicestershire
Xeografía
Superficie73,32 km²
Demografía
Poboación329.600 hab. (2011)
Densidade4.180 hab/km²
Outros datos
Código postalLE
AlcaldePeter Soulsby
Páxina oficial de Leicester

Leicester é unha cidade de Inglaterra, capital do condado de Leicestershire, e unha das cidades máis importantes da provincia das Midlands do Leste. A súa poboación é de 305.700 habitantes (441.213 no total da súa área urbana), o que significa que é a 10ª cidade máis grande do Reino Unido.

Conserva salientables ruínas da época romana, cando o pobo se chamaba Ratae Corieltauvorum. Na idade Media foi unha das 5 cidades fortificadas polos dinamarqueses no Danelaw. Nos seguintes séculos foi un centro de comercio local. Coa revolución industrial chegou o ferrocarril e o crecemento. Actualmente é unha das cidades inglesas cunha maior presenza de minorías étnicas, por mor da inmigración de xente do sur de Asia.

Un dos seus reclamos turísticos máis importantes é o National Space Centre, no cal expóñense diversos vehículos espaciais.

Cultura[editar | editar a fonte]

Música[editar | editar a fonte]

O baixista de Queen, John Deacon, naceu en Leicester o 19 de agosto de 1951.

Deporte[editar | editar a fonte]

O Leicester City F.C. xogou máis de 40 tempadas na Premier League inglesa de fútbol, sendo campión na tempada 2015/2016 a mans de Claudio Ranieri e sendo subcampión na antiga First Division en 1928/29. Tamén foi finalista da Copa FA en 1949, 1961, 1963 e 1969. Na tempada 2015-16 proclamouse campión da Premier League (o 2 de maio de 2016 despois de sacar 7 puntos ao Tottenham a falta de dúas xornadas), maior fito logrado pola institución en máis de cen anos e o primeiro título da máxima categoría en toda a súa historia.[1]

O Leicestershire County Cricket Club, un dos 18 clubs de primeira clase de crícket, ten a súa sede en Leicester.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]