Edgar Allan Poe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edgar Allan Poe

Edgar Allan Poe, nado en Boston (Massachusetts) o 19 de xaneiro de 1809 e finado en Baltimore (Maryland) o 7 de outubro de 1849, foi un escritor norteamericano do século XIX célebre polos seus relatos de terror e polo seu alcoholismo crónico que ó cabo levouno á morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación e primeira publicación[editar | editar a fonte]

Os seus pais foron David e Elizabeth Arnold Poe, mais o seu pai abandonounos ó pouco de nacer Edgar. A súa nai morreu en Richmond en 1811. Edgar foi acollido entón por Frances Allan e John Allan. Este nunca adoptou legalmente a Poe, mais si lle dou o seu apelido. Por disensións co seu medio pai, Poe acabou na Academia Militar de West Point (1827-1831). En xaneiro de 1831 mudouse a Nova York, e coñeceu ao editor Elam Bliss, quen lle publicou unha colección de poemas dedicados ó "corpo de cadetes da U.S.".

Revistas e relatos curtos[editar | editar a fonte]

En 1831 volve a Baltimoreu, á casa da súa tía María Clemn. Ese ano desátase a peste en Baltimore. Esta inspiroulle The King Pest (1834) e A Máscara da Morte Bermella (1842). En 1836 casou con Virginia Clemn en segredo. En 1837 trasladouse a Nova York e publicou A narración de Arthur Gordon Pyn. En 1838 trasladouse a Filadelfia, onde traballou coma axudante de edición na revista Burton's Gentleman's. En 1840 a editorial Lea & Blanchard publica 25 relatos en dous volumes: Tales of the Grotesque and Arabesque. Deixa Burton's Gentleman's e comeza a tentar lanzar a súa propia revista crítica independente. Logo do primeiro fracaso nesa tentativa, entra en Grahan's Magazine.

Éxito[editar | editar a fonte]

Foi entre os anos 1842-1847 en Nova York cando acadou o seu maior éxito, en particular logo de que o New York Times publicase o seu máis célebre poema: "O Corvo". Chega a facerse co Broadway Journal como editor e propietario. En 1847 morre Virxinia, e Poe colapsa no alcohol. Nos derradeiros días de lucidez publica "Eureka", un poema en prosa sobre a creación e a evolución do Universo.

Obra[editar | editar a fonte]

Case unanimemente é considerado un xenio, a súa obra de ficción e a súa poesía non constitúe senón unha pequena parte a carón dos seus ensaios e do traballo coma crítico de literatura.

Entre as súas obras máis célebres cóntanse:

A parte máis pública da súa vida é quizais o seu alcoholismo, que o acompañou durante toda ela. A imaxe popular de Poe é a dun bébedo dando renda solta ós seus delirios, ata tal punto que os que se denominaron Escritores Malditos convertérono no seu profeta. Entre estes cabe destacar a Charles Baudelaire, que fascinado pola obra de Poe, traduciuna ó francés.

Menos coñecida é a imaxe de Poe de si mesmo, un xenio que se recoñece como tal. Capaz de criticar na obra de Charles Dickens erros que el comete logo en A narración de Arthur Gordon Pym.

Poe, herdeiro do romanticismo, non pode evitar incluír nos seus relatos auténticas leccións maxistrais, tanto para dotar de realismo ó seu relato como co afán de ilustrar (e de impresionar) propio dun xenio da época.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Edgar Allan Poe