Unha ducia de galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha ducia de galegos
Autor/aVíctor Freixanes
OrixeGalicia
LinguaLingua galega
Xénero(s)Ensaio
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.1976
editar datos en Wikidata ]

Unha ducia de galegos é un libro de entrevistas en lingua galega de Víctor Freixanes, publicada en 1976 por Editorial Galaxia.

Características[editar | editar a fonte]

Xaime Toxo, Francisco Castro, Freixanes, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero, na presentación da reedición de Unha ducia de galegos, en 2017.

O volume é, segundo se indica na propia lapela do libro, unha "crónica subxectiva do galeguismo (ou polo menos de certo galeguismo) ao longo do século XX e a través de doce protagonistas" (todos eles homes): Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz-Andrade, Luís Seoane, Eduardo Blanco Amor, Ramón Piñeiro, Celso Emilio Ferreiro, Xaime Isla Couto, Xesús Alonso Montero, Xosé Manuel Beiras, Xosé Luís Méndez Ferrín, Miguel Anxo Araúxo Iglesias e Carlos Casares.

O propósito era enlazar a memoria do século XIX, personificada en Otero Pedrayo, coas inquedanzas de autores máis novos, como Méndez Ferrín ou Carlos Casares.[1]

Edicións[editar | editar a fonte]

O libro foi escrito entre 1974 e 1976. Logo de se editar en xullo de 1976, a obra foi reimpresa en outubro do mesmo ano. Volveuse editar en novembro de 1982 (despois da aparición da novela O triángulo inscrito na circunferencia) e en 2017[2], tras deixar Víctor Freixanes o cargo de editor en Galaxia. Amais, o libro foi traducido ao castelán e publicado en 1979 co título de Doce gallegos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ameixeiras, D. (8 de setembro de 2017). "Unha ducia de galegos". La Voz de Galicia. 
  2. Requeixo, A.: "Unha referencia imprescincible", recensión no blog Criticalia, 13 de marzo de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]