Alphonse Daudet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alphonse Daudet
Nome completoLouis Marie Alphonse Daudet
AlcumePiccolo
Nacemento13 de maio de 1840 e 1840
Lugar de nacementoNîmes
Falecemento16 de decembro de 1897
Lugar de falecementoParís
CausaSífilis
SoterradoCemiterio do Père-Lachaise e Grave of Alphonse Daudet
NacionalidadeFrancia
EtniaPobo francés
Ocupaciónescritor, dramaturgo, poeta, novelista, autobiógrafo, guionista e prosista
PaiVincent Daudet
NaiAdeline Daudet
CónxuxeJulia Daudet
FillosLéon Daudet, Lucien Daudet e Edmée Daudet
IrmánsAnna Daudet, Ernest Daudet e Henri Daudet
Coñecido porTartarin of Tarascon, Cartas desde o meu muíño, Le petit chose, Monsieur Seguin's Last Kid Goat e L'Arlésienne
PremiosCabaleiro da Lexión de Honra, Oficial da Lexión de Honra e Jouy Prize
Na rede
IMDB: nm0202264 Allocine: 37039 Allmovie: p308785 IBDB: 4102
Bitraga: 141 Musicbrainz: 587f63de-8afe-422f-9d47-2c632f36125e Discogs: 582663 IMSLP: Category:Daudet,_Alphonse WikiTree: Daudet-2 Find a Grave: 256 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Alphonse Daudet, nado en Nîmes o 13 de maio de 1840 e finado en París o 16 de decembro de 1897, foi un escritor francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alphonse Daudet naceu no seo dunha familia burguesa da Provenza. O seu pai posuía unha fábrica de bufandas mais ao quebrar o negocio en 1848 a familia trasladouse a Lión. En 1856 Daudet tivo que interromper os seus estudos e comezou a traballar como mestre en Alès durante uns meses, ata que o 1 de novembro de 1857 marchou a vivir co seu irmán Ernest a París.

Daudet comezou a escribir poemas, que recolleu en Les Amoureuses (1858), obra que lle deu unha certa celebridade. Conseguiu un emprego en Le Figaro, e entre 1860 e 1865 traballou como secretario do duque de Morny, ministro de Napoleón III. Trala súa morte Alphonse conságrase case por enteiro a escribir e o ano seguinte publica no xornal l'Evénement, logo dunha viaxe pola súa Provenza natal, Cartas desde o meu muíño co título de Crónicas provinciais, no que retrata en forma de contos as tradicións, a paisaxe e os costumes provenzais e que gozaron de gran popularidade antes da súa aparición en libro en 1869. En 1868 edita Le petit chose, novela autobiográfica na que evoca a súa experiencia como mestre. A novela non tivo éxito, pero si o conseguiu en 1872 con Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon.

Durante a guerra franco-prusiana Daudet alistouse no exército e participou na defensa de París (1870), asediada polas tropas prusianas, e a súa experiencia bélica quedou reflectida en varios relatos seus.

Daudet foi un escritor próximo ao naturalismo, cun estilo cheo de luz e cor e cun lene humor lírico, evitando sempre o pesimismo. Dende 1884 sufriu unha enfermidade incurable, con dores noite e día, que soportou con estoicismo ata a súa morte.

Obras[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]