Fernando Martínez Randulfe
Fernando Martínez Randulfe | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1943 |
Ourense | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Pai | Ángel Martínez Doval |
Irmáns | Manuel Martínez Randulfe e Teresa Martínez Randulfe |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ángel Fernando Martínez Randulfe, nado en Ourense en 1943, é un avogado e político galego, que militou en Esquerda Galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aínda que naceu en Ourense e comezou a traballar no colexio Concepción Arenal desa cidade, propiedade do seu pai Ángel Martínez Doval, trasladouse a Vigo, onde desenvolveu a súa carreira profesional como avogado especializado en asuntos laborais, no despacho fundado con Elvira Landín. Vencellado inicialmente aos xesuítas, afiliouse a Esquerda Galega, encabezou a candidatura polo provincia de Ourense nas primeiras eleccións autonómicas, pero non conseguiu escano. Catro anos máis tarde si que o obtivo, ao figurar como número dous da candidatura do PSG-EG pola provincia de Pontevedra nos comicios de 1985.
Nos últimos anos foi presidente de Esculca, observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades civís en Galicia.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
É irmán de quen fora senador do PPdeG Manuel Martínez Randulfe e da embaixadora Teresa Martínez Randulfe, ademais de catro irmáns máis.