Xaime Garrido Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xaime Garrido Rodríguez
Nacemento 7 de xullo de 1938 (78 anos)
Lugar Bembrive, Vigo
Lugar Vigo
Ocupación Arquitecto

Xaime Garrido Rodríguez, nado en Bembrive, Vigo, o 7 de xullo de 1938, é un arquitecto e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou na Escola Central de Belas Artes de San Fernando e na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, obtendo o título en 1966, especializándose en Restauración de Monumentos.

Garrido levou a cabo a restauración do casco vello de Baiona.

Investigou a arquitectura histórica de Vigo e a arquitectura militar fronteiriza hispano-portuguesa.

Foi arquitecto municipal de Baiona dende 1968 ata 1973, onde cooperou con Alberto Baltar Tojo, Xosé Bar Boo e Jaime Riera na redacción do Plan Xeral de Ordenación Urbana e levou a cabo a restauración do casco vello.

En Vigo promoveu a declaración como Ben de Interese Cultural do edificio da estación vella de ferrocarril e do antigo Pazo de Xustiza (hoxe MARCO).

É membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses e do Instituto de Estudios Tudenses.

Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]

Colectiva[editar | editar a fonte]

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

  • Premio á Investigación da Deputación Provincial de Pontevedra, anos 1986 e 1989.
  • Premio Irmáns Gómez Román de Urbanismo e Arquitectura, 2000 e 2002-2003, do Concello de Vigo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]