Ana Gandón
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1950 (74 anos) Aldán, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Ana María Gandón Menduiña, nada en Aldán (Cangas) o 28 de xullo de 1950[1] é unha política galega do Bloque Nacionalista Galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militou no PSG-EG e foi candidata por esta formación nas eleccións xerais de 1986[2] e nas eleccións xerais de 1989. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1993 foi de terceira na lista da Coalición Unidade Galega-Esquerda Unida da Provincia de Pontevedra, encabezada por Camilo Nogueira.[3] Posteriormente integrouse no BNG e foi nas listas desa organización nas eleccións xerais de España de 1996.[4] Nas municipais de 1999 foi no segundo posto da lista do BNG de Vigo, que encabezaba Lois Pérez Castrillo. Foi elixida concelleira e nomeada concelleira de Muller e Educación (1999-2003). Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2005 foi na lista do BNG pola Provincia de Pontevedra.[5] Nas municipais de 2011 e municipais de 2015 foi na lista do BNG do concello de Oia.[6]
En 2018 recibiu o Premio de Igualdade Ernestina Otero outorgado polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "«Eu tamén comería con Fraga, aínda que se me ocurren mil compañías mellores»". La Voz de Galicia. 26 de xaneiro de 2002.