Ponferrada
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Coordenadas: 42°33′N 6°35′O / 42.550, -6.583
Ponferrada | |
---|---|
![]() Castelo de Ponferrada. | |
situación | |
Xentilicio[1] | ponferradino/a |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de León |
Comarca | Comarca do Bierzo |
Poboación | 63.052 hab. (2022)[2] |
Área | 283,17 km² |
Densidade | 222,66 hab./km² |
Entidades de poboación | 38 |
Capital do concello | Ponferrada |
Política (2013) | |
Alcalde | Olegario Ramón Fernández (PSOE) |
Concelleiros | PP: 6 PSOE: 9 Outros: 10 Coalición por El Bierzo: 2, Ciudadanos: 2, USE Bierzo: 2, Partido Regionalista de El Bierzo: 2, Unidas Podemos: 2) |
2019 | |
Uso do galego[3] () | |
Galegofalantes | % |
Na rede | |
ponferrada.org | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ponferrada (do latín pontem ferratam 'ponte de ferro, na que se utilizou ese material') é un concello e cidade de Castela e León, capital da comarca do Bierzo, na provincia de León. Está situada na confluencia dos ríos Sil e Boeza, e cos seus 64.509 habitantes,[4] é o segundo municipio máis poboado da provincia, por detrás de León.
Atópase a 543 m de altitude nunha cunca mineira, ocupa unha superficie de 283 km² e ten unha poboación duns 65.000 habitantes. A súa fundación, no 1086, coincide coa construción dunha ponte de ferro (que deu nome á cidade, para cruzar o río Sil, ordenado levantar catro anos antes, no 1082, polo bispo Osmundo. Dende o ano 1178 ata o 1312 a cidade estivo en mans dos Templarios que construíron un castelo (século XIII) que hoxe en día é o monumento principal da cidade.
A vila de San Pedro de Devesas é de fala galega autóctona, e Fontesnovas foi de fala galega ata 1960. Ademais na vila de Ponferrada por efecto da emigración berciana hai numerosos galegofalantes, e aquí teñen a súa sede asociacións como Fala Ceibe ou a Asociación Berciana da Lingua Xarmenta.
Historia[editar | editar a fonte]
En tempos preromanos a rexión estaba poboada polos Ástures, un pobo Galaico, que foi conquistado polo emperador Augusto nas Guerras cántabras (29 - 19 aC) e a área converteuse rapidamente no maior centro mineiro do Imperio durante o período romano, onde se extraeron ouro e outros metais e minerais. Numerosos sitios mineiros romanos aínda son visibles na zona, un dos máis espectaculares é As Médulas, un Patrimonio da Humanidade desde 1997.[5] Os romanos tamén importaron vides, e a produción de viño prosperou na rexión ata a propagación de filoxera ao final do século XIX, que destruíu a maior parte da viñedos. Pero segundo os últimos cálculos a fundación sitúase no século XI, en 1086 cando temos constancia documental. É ao final dese século cando o bispo Osmundo de Astorga ordena a construción dunha ponte, no ano 1082, para os peregrinos do Camiño de Santiago, debido ás dificultades que supoñía o paso do río Sil no anterior paso, á altura do actual barrio de Compostilla. Reforzouse con ferro, e isto deulle o nome, posteriormente, á poboación creceu nos seus arredores, ás beiras do río Sil. Outra teoría sobre o nome de Ponferrada provén igualmente de Pons Ferrata pero coa tradución de ponte fortificada.
Ao pouco fundouse a Igrexa de San Pedro, no ano 1086 e ao seu ao redor xurdiu "A Poboa de San Pedro" que é como se chamou primeiramente a Ponferrada, para pasar a denominarse pouco despois Ponte Ferrato.[6] Pasou por diversas mans, primeiro foi propiedade dos Templarios, que se encargaban precisamente da defensa do camiño.
No ano 1180 o rei leonés Fernando II concede á vila os primeiros foros. Durante os séculos XIII e XIV, xa amurallada, comeza a crecer e desenvolverse, aparecen tanto intramuros como nos arredores, campesiños, comerciantes e artesáns, á sombra do camiño, que orixinou un crecemento rápido e sostido. A muralla construída conta con catro portas de entrada: El cristo, Paraisín, Las nieves e Las eras. Nos arredores da vila aséntase unha comunidade xudía.
Ao desaparecer a orde en 1312, pasou polas familias de Osorio, ou do Conde de Lemos entre outros, ata que os Reis Católicos reclamárona como propia, a raíz dunha disputa entre o Conde de Lemos e o seu fillo, no século XVI, que levou a diversas batallas no castelo, e a toma e recuperación sucesiva da praza por cada un deles. Finalmente os Reis Católicos decidiron que o castelo e a vila eran da súa propiedade, acto que puxo fin ás refregas. Desde entón e ata o fin do Antigo Réxime, procederon a nomear corrixidor na vila; o primeiro deles foi Juan de Torres.
O ferrocarril chegou a Ponferrada en 1881, e durante a primeira guerra mundial os depósitos locais de tungsteno explotáronse para abastecer á industria armamentística. En 1918, creouse a Minero Siderúrgica de Ponferrada (MSP) para explotar os depósitos de carbón da rexión, e creceu ata converterse na maior corporación mineira de carbón de España. A Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (Endesa) foi fundada en 1944 e en 1949 abriu a primeira central eléctrica de carbón como combustible de España en Ponferrada, Compostilla I. En 1960, inaugurouse o Pantano de Bárcena e na segunda metade do século XX a economía da cidade baseábase principalmente na minaría e na produción de electricidade, tanto hidroeléctrica como de combustibles fósiles.
A partir de finais de 1980 a maioría das minas pecharon, e despois do colapso da industria mineira, Ponferrada entrou durante un tempo en crise. Con todo, a finais de 1990 a cidade sufriu unha gran transformación co establecemento na cidade de varias empresas industriais e de servizos, a reintrodución da produción comercial de viño, a apertura de facultades da Universidade de León que ofrecen varios graos, e unha mellora radical xeral da infraestrutura da cidade. A economía está baseada principalmente no turismo, a agricultura (froitas e viño), xeración de enerxía eólica e minaría da lousa, cun aumento da poboación leve, pero constante.
Un factor importante que contribuíu á recente auxe da industria do turismo é a popularidade do Camiño de Santiago (unha ruta de peregrinación que vai desde Francia a Santiago, Galicia), a designación en 1997 das Medulas como Patrimonio da Humanidade e o desenvolvemento de aloxamentos de turismo rural e bodegas na zona. En 2006 estableceuse en Ponferrada a Fundación Ciudad de la Energía, o Museo Nacional da Enerxía, así como o patrocinio de varias outras iniciativas deberían aumentar aínda máis o turismo e a economía da cidade e a súa rexión.[5][7]
No ano 2008 celebrouse o centenario da concesión do título de cidade a Ponferrada coincidindo co centenario da coroación da Virxe da Encina como patroa da comarca.
Administración[editar | editar a fonte]
Alcaldía[editar | editar a fonte]
Demografía[editar | editar a fonte]
Evolución da poboación do municipio de Ponferrada:

1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1990 | 2000 | 2008 | 2009 | 2010 | 2021 | 2022 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
7.188 | 9.829 | 13.008 | 23.773 | 37.053 | 45.257 | 52.499 | 60.401 | 62.642 | 67.969 | 69.187 | 69.057 | 63.747 | 63.052 |
Obsérvase a espectacular evolución poboacional entre 1940 e 1970, período no que Ponferrada triplica a súa poboación, principalmente debido ao crecemento industrial do municipio e converterse no centro administrativo da comarca, que vivía un auxe mineiro sen precedentes. Isto deu lugar a numerosos problemas na súa ordenación urbana debido ao crecemento desproporcionado e moitas veces caótico das distintas barriadas da cidade, problema arrastrado ata ben entrada a década de 1990.
Asemade, Ponferrada é o centro da súa área metropolitana, formada por ela mesma máis os concellos lindeiros, cunha poboación de preto de 90.000 habitantes.
Economía[editar | editar a fonte]
No seu municipio prodúcense viños de gran calidade (Denominación de Orixe O Bierzo), exportados a diversos sitios como Alemaña ou Estados Unidos. No municipio ten a súa sede a Cooperativa Vitivinícola Cepas do Bierzo a de maior produción en tonelaxe de uvas do Bierzo; froitas, hortalizas e castañas entre outros. A gandería, aínda que sufriu un retroceso no municipio debido ao crecemento da cidade, segue tendo unha certa importancia tanto a nivel de explotacións familiares nas vilas do municipio, como na cría de distintas especies para sacrificio.
Conta coa maior planta de produción de pas (LM Glasfiber) e fustes (Grupo Comonor) para aeroxeradores eléctricos de Europa que emprega a uns 1.500 traballadores encadrándose xa que logo dentro da grande industria.[Cómpre referencia] Unha empresa de siderurxia, Aceros Roldan S.A., unha planta de transformación do vidro, Vitro Cristalglass, a Mineiro Siderúrxica de Ponferrada ou Endesa son outras das empresas presentes no concello.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
- Castelo de Ponferrada
- Basílica da Aciñeira
- Igrexa de Santiago de Peñalba
- Mosteiro de San Pedro de Montes
- Igrexa de Santo Tomás de las Ollas
- Igrexa de Santa María de Vizbayo
- El Morredero
- Torre do Reloxo
- Casa Consistorial
- Museo do Bierzo
- Museo del Ferrocarril de Ponferrada
- Museo de la Radio de Ponferrada
- Museo das Confrarías
- Museo de la Energía
Transporte[editar | editar a fonte]
A cidade atópase plenamente integrada na rede de alta capacidade mediante a autovía A-6, que é a principal entrada a Galicia. Ademais dela, a cidade comunica con Monforte e Ourense mediante a N-120 e con Villablino a través da CL-631.
Tamén ten servizo ferroviario, coa súa estación xestionada por Adif, que mantén liñas con varias cidades como Vigo, A Coruña, Madrid ou Barcelona.
O Aeroporto de León, que entrou en servizo no ano 1999, é o aeroporto máis próximo, atopándose a 102 quilómetros de Ponferrada.
Lugares do concello de Ponferrada[editar | editar a fonte]
Está integrado por, ademais da cidade de Ponferrada, Entidades Locais menores constituídas en Xuntas Veciñais, e Entidades Singulares.
Entidades locais menores |
---|
Bouzas · Columbrianos · Fontesnovas · Montes de Valdueza · Otero · Peñalba de Santiago · Rimor · San Andrés de Montejos · San Clemente de Valdueza · San Cristóbal de Valdueza · San Esteban de Valdueza · San Lorenzo · San Pedro de Devesas (Dehesas) · Santo Tomás de las Ollas · Toural de Meraio (Toral de Merayo) · Valdefrancos · Villanueva de Valdueza |
Entidades singulares |
Bárcena del Bierzo · Campo · Carracedo de Compludo · Compludo · Compostilla · Cuatrovientos · Espinoso · Flores del Sil · Lombillo de los Barrios · Manzanedo de Valdueza · La Placa · Ponferrada · Salas de los Barrios · Valdecañada · Villar de los Barrios |
Lugares abandonados ou semiabandonados |
Agadán · Ferradillo · Palacios de Compludo · San Adrián de Valdueza · San Cosme · Santa Lucía de Valdueza |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ INE (2020). INE, ed. "poboación". ine.es/index.htm. Consultado o 16 de setembro de2022.
- ↑ 5,0 5,1 http://www.espaciolasmedulas.es/
- ↑ Nos primeiros documentos figura en masculino, posteriormente evoluciona cara ao feminino como Ponte Ferrata. No Codex Callixtinus de 1131 figura como Ponsferratus. Jesús García y García: "Pueblos y Ríos Bercianos. Significado e Historia de sus nombres" 1994
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 12 de marzo de 2016.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponferrada ![]() |