Sahagún, León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSahagún, León
Sahagún (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°22′16″N 5°01′59″O / 42.3711, -5.0331Coordenadas: 42°22′16″N 5°01′59″O / 42.3711, -5.0331
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor em Wikidata
CapitalSahagún (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.456 (2023) Editar o valor em Wikidata (19,86 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie123,64 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude813 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataEmilio Redondo Callado (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24320 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE24139 Editar o valor em Wikidata

Sitio webaytosahagun.es Editar o valor em Wikidata
Panorámica de Sahagún.

Sahagún é unha vila e municipio, situada no sueste da provincia de León, na comunidade autónoma de Castela e León. En 2008 tiña 2858 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Xorde a poboación á beira dun mosteiro, consagrado ós Santos Facundo e Primitivo. Este mosteiro foi destruído e reconstruído varias veces, e adquiriu grande importancia no reinado de Afonso III "O Magno", chegando ó seu maior esplendor no reinado de Afonso VI, quen concede, o 25 de novembro de 1085, un vantaxoso foro con leis e exencións a cantos quixesen vir poboar a nova vila de San Facundo. É o coñecido como Foro de Sahagún, concedido ao abade e á vila; este feito conduciu a un extraordinario crecemento en tódolos sentidos do mosteiro e da vila. A importancia da congregación monástica foi tal que foi denominado o "Cluny español", e á sombra do mosteiro naceu un dos burgos máis importantes da Baixa Idade Media Hispana. A vila converteuse nun dos focos culturais máis importantes da historia de España e entre os seus muros conviviron homes das máis distintas razas e culturas, desde comerciantes francos e doutras nacionalidades ata mudéxares, xudeus, e doutras diversas etnias.

Nalgún momento a tensión entre os burgueses comerciantes, artesáns... deu lugar a situacións conflitivas. Neste sentido, as revoltas burguesas facundinas contra o abusivo poder abacial, son paradigma en toda a Coroa de Castela Medieval tanto pola súa importancia como polo coñecemento que diso se ten (destacan tamén as de Santiago de Compostela).

O século XII foi sen dúbida a época dourada da vila e o mosteiro. Un documento excepcional que certifica algúns dos máis importantes feitos son as chamadas Crónicas Anónimas. Constatouse a existencia de dous períodos: o primeiro comprende desde a fundación do mosteiro ata o ano 1117; a segunda crónica relata as rebelións burguesas sucedidas entre 1237 e 1255.

Así, a Abadía converteuse na máis importante do Camiño de Santiago, chegando a estender o seu poder con xurisdición sobre case un centenar de mosteiros, conventos e igrexas, desde o Cantábrico ata a provincia de Segovia. A importancia da Abadía no contexto hispano foi tal que chegou a posuír a súa propia Universidade, privilexio concedido por Clemente VI en 1347; con Bieito XIII, en 1403 podíanse cursar xa os estudos de Teoloxía, Dereito Canónico e Artes Liberais. A institución alcanzou tal apoxeo que chegou a intercambiar honras coa Universidade de Salamanca e proveu de catedráticos á de Alcalá de Henares, sendo matriz da orde de San Bieito en España ata o século XVI.

O número inicial dos seus habitantes non baixou de 8.000. Díxose vila e non cidade por ser señorío non episcopal, aínda que soamente a 50 anos da súa carta de poboación tiña xa 12.000 habitantes.

O correr dos séculos trouxo a progresiva decadencia da vila e da súa Abadía, proceso acentuado coa desamortización de Mendizábal, que acabou case definitivamente coa intensa vida relixiosa da vila desde tempos de Afonso VI.