Bibliofilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
O rato de biblioteca, de Carl Spitzweg, 1850.

A bibliofilia é o amor polos libros; un bibliófilo é un amante ou afeccionado ás edicións orixinais e máis correctas dos libros, así como un estudoso e entendido sobre os seus libros ou o tema sobre o que se basea a súa colección.[1]

A bibliofilia, no sentido específico que hoxe se atribúe á palabra, de amor ao libro como obxecto de colección, xorde propiamente co Renacemento, nos séculos XIV e XV, época en que os humanistas, reis, príncipes e grandes señores dedicáronse directamente ou por medio de axentes especiais, a percorrer países de Europa en busca de manuscritos, cartas, autógrafos, incunábeis, e outros tipos de libros raros.

O bibliófilo clásico, exemplificado por Samuel Pepys, é un individuo que ama a lectura, así como admirar e coleccionar libros, que frecuentemente crea unha gran e especializada colección. Sabe, ademais, distinguilas e identificalas xa sexa pola pureza do seu texto, a súa tipografía, a calidade do papel e a encadernación. Os bibliófilos non necesariamente buscan o posuír o libro que aman; como alternativa teñen admiralos en antigas bibliotecas. Con todo o bibliófilo é frecuentemente un ávido coleccionista de libros, algunhas veces buscando erudición académica sobre a colección, e outras veces pondo a forma sobre o contido cunha énfase en libros caros, antigos ou raros, primeiras edicións, edicións príncipe, libros con encadernación infrecuente ou especial, ilustres procedencias e copias autografadas.

Aínda que de cando en cando están presentes na historia da bibliofilia, tamén existiron mulleres coleccionistas de libros. Dado que se trata dunha paixón que implica así mesmo unha alta dispoñibilidade económica, son case sempre mulleres das elites, raíñas e aristócratas, que chegaron a reunir importantes coleccións, por exemplo a raíña Isabel I de Castela, Margarita de Austria, Isabel de Farnesio[2] ou Bárbara de Bragança.[3] Entre as nobres pódese destacar a Mencía de Mendoza, a Condesa de Oñate, a Duquesa de Aveiro ou a Condesa de Montijo[4][5]

Os bibliófilos agrúpanse con frecuencia en Sociedades como a prestixiosa «Association Internationale de Bibliophilie», auténtica Academia Internacional na que anualmente se reúnen os máis sabios investigadores e os máis adiñeirados coleccionistas, e outras de carácter máis local como a Sociedade de Bibliófilos Chilenos fundada en 1945. Existen bibliófilos que tiveron un papel relevante na cultura dos seus países como Antonio Cánovas del Castillo, político e historiador español da segunda metade do século xix ou Carlos Manuel de Trelles que foi un cubano que amou os libros e creou tradición no seu país [Cómpre referencia].[6][7][8]

Por outra banda, nos nosos días o coleccionismo de libros antigos, como no caso da arte e doutras antigüidades, é un instrumento alternativo de investimento cun mercado internacional que, a pesar da súa discreción, ocupa o terceiro posto na cifra de negocio das grandes casas de poxas internacionais tras a pintura e a escultura.

Bibliofilia e bibliomanía[editar | editar a fonte]

O termo bibliófilo pode aplicarse algunhas veces a unha persoa que ten unha predilección obsesiva polos libros, talvez alcanzando un grao de bibliomanía.[9] Isto obsérvase con frecuencia en acaparadores compulsivos, que se identifican polo feito de que posúen un número sempre crecente de libros que non leron, considerando o número dos que posúen e que si leron.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Buonocuore 1976
  2. Constitución de un universo: Isabel de Farnesio y los libros,. Patrimonio Nacional. 
  3. "Lecturas de mujeres, lecturas re inas. La biblioteca de Bárbara de Braganza". Universidad de Granada. ISBN 978-84-338-5446-9. 
  4. Mencía de Mendoza (1508-1554). Ediciones del Orto. ISBN 84-7923-332-X. 
  5. ""De la libreria, contemplando al Cielo": imagens e cultura visual em livros de ciências e técnicas da Biblioteca de D. Maria Guadalupe de Lencastre (1630-1715), Duquesa de Aveiro" (14. 1). ISSN 0874-5498. 
  6. "Asociaciones bibliotecarias internacionales". 
  7. "SOCIEDAD DE BIBLIÓFILOS CHILENOS, fundada en 1945". 
  8. "Diplomáticos y hombres de Estado de los siglos XVI al XVIII". 
  9. "Bibliofilia vs. Bibliomanía". dBiblbiofilia. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Arias de Saavedra alías, Inmaculada e Gloria A. Franco Rubio, "Lecturas de mujeres, lecturas de reinas: la biblioteca de Bárbara de Braganza". En Arias de Saavedra alías, Inmaculada (ed.), Vida cotidiana en la España de la Ilustración, Granada, Ediciones Universidad de Granada, 2012, pp. 505–550 ISBN 978-84-338-5446-9
  • Buonocuore, Domingo (1976). Diccionario de bibliotecología: términos relativos a la bibliología, bibliografía, bibliofilia, biblioteconomía, archivología, documentología, tipografía y materias afines (2º aumentada ed.). Buenos Aires: Marymar. ISBN 9789500030526. OCLC 758147045. 
  • Devaux, Yves (1988). L'univers de la bibliophilie. París: Pygmalion. ISBN 978-2857042730. 
  • Duxeus Mallol, Mercedes (2001). "Las instituciones públicas ante la oferta de libros y documentos de interés histórico". II Simposium Archivos familiares: valoración y tasación (Santander: Asociación para la defensa del Patrimonio Bibliográfico y Documental de Cantabria). 
  • Mendoza Díaz-Maroto, Francisco (2002). La pasión por los libros: un acercamiento a la Bibliofilia. Madrid: Espasa. ISBN 9788467021219. 
  • Pedraza Gracia, Manuel José, ed. (2002). Tasación, valoración y comercio del libro antiguo (textos y materiales): Jaca, 2-6 de septiembre de 2002. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. ISBN 978-8477336013. 
  • Pedraza Gracia, Manuel José, ed. (2003). Comercio y tasación del libro antiguo: análisis, identificación y descripción (textos y materiales): Jaca, 1-5 de septiembre de 2003. Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. ISBN 9788477336426. 
  • —; Clementes San Román, Yolanda; de los Reyes Gómez, Fermín (2003). El libro antiguo. Biblioteconomía y documentación. Síntesis. ISBN 84-9756-153-8. 
  • Pérez Pastor, Cristóbal (2014). Memorias de la Real Academia Espanola. II. Noticias y documentos relativos a la literatura esapñola. Madrid.  Inclúe inventarios de la emperatriz María de Hungría e Juana de Austria, irmá e filla de Carlos I respectivamente
  • Sánchez Mariana, Manuel (1993). Bibliófilos espanoles: desde los orígenes hasta los albores del siglo XX. Madrid: Biblioteca Nacional. ISBN 978-8478950201. 
  • Quentin Bauchart, Ernest, Les Femmes bibliophiles de France (XVIe, XVIIe & XVIIIe siècles), París: Damascène Morgand, 1886.
  • Cabello Martín, Mercedes, "Mujeres en la Biblioteca Histórica: lectoras, coleccionistas de libros, bibliófilas"

Outros artigos[editar | editar a fonte]