Henrique Monteagudo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de novembro de 1959 (64 anos) A Insuela, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Antón Santamarina |
Actividade | |
Ocupación | escritor, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela (1982–) |
Membro de | |
Xénero artístico | ensaio |
Participou en | |
11 de xuño de 2018 | manifesto «Anovar o pacto constitucional» |
Familia | |
Cónxuxe | Dolores Vilavedra |
Fillos | dúas |
Pai | José María Monteagudo Romaní |
Irmáns | Inés Monteagudo Romero |
Premios | |
Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado na Insuela (Esteiro, Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na Universidade de Santiago de Compostela desde 1982 e Catedrático de Filoloxía Galega desde 2018[1], membro numerario e vicesecretario da Real Academia Galega.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Henrique Monteagudo licenciouse en filoloxía hispánica (galego-portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) e foi profesor na mesma e investigador do Instituto da Lingua Galega desde 1982. En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese Ideas e debates sobre a lingua: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a tradición galeguista, dirixida por Antón Santamarina[3]. Desde ese momento foi profesor titular de Filoloxía Galega en Santiago. Tamén foi profesor nas universidades de Birmingham (como 'Assistant Lectores'), na City University of New York (1996) e na de Lisboa (1998). Actualmente é coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. Monteagudo é co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG desde 1998. [4]
Foi un dos fundadores da revista Dorna. Expresión poética galega (1982). Forma parte do consello de redacción de Grial. Revista Galega de Cultura desde 1988, e é o seu co-director desde 2003. Tamén é membro do consello de redacción da revista científica Estudos de Lingüística Galega (ILG/USC) e mais do Boletín da Real Academia Galega, e do comité editorial das publicacións Treballs de Sociolingüística Catalana, Gragoatá e LaborHistórico. Desde xaneiro de 2019 é catedrático de universidade.[4]
O 30 de abril de 2010 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega[5], para ocupar así a vacante de Antonio Gil Merino. De 2013 a 2021 foi o Secretario da RAG e desde 2021 o seu Subsecretario.
Foi membro do partido político Compromiso por Galicia.
No eido persoal é irmán da alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo Romero do PPdeG.
Publicacións destacadas
[editar | editar a fonte]Ten publicado traballos sobre literatura galega medieval, historia externa da lingua, planificación lingüística e gramática e lexicografía galegas e, entre as súas publicacións destacan:
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Ideas e debates sobre a lingua: Alfonso D. Rodríguez Castelao e a tradición galeguista (1995). Vigo: Galaxia. Tese de doutoramento.
- O son das ondas: Mendiño, Martín Codax, Johán de Cangas, xograres da beiramar (1998). Vigo: Galaxia.
- Historia social da lingua galega (1999). Vigo: Galaxia. 576 páxs. ISBN 978-84-9151-048-2.
- Castelao: Defensa e ilustración do idioma galego (2000). Vigo: Galaxia. 280 páxs. ISBN 978-84-8288-390-8.
- O son das ondas. Mendiño, Martín Códax, Johán de Cangas (2001). Vigo: Galaxia. 128 páxs. ISBN 978-84-8288-172-0. Introdución básica, aínda que completa e sistemática, ó complexo fenómeno da lírica galego-portuguesa medieval.
- Letras primeiras. O foral de Caldelas, a emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca (2008). A Coruña: Fundación Barrié. 740 páxs. ISBN 978-84-95892-73-7.
- Alfonso R. Castelao (2008). Xunta de Galicia. ISBN 978-8445326701.
- As razóns do galego. Apelo á cidadanía (2009). Vigo: Galaxia. 230 páxs. ISBN 978-84-9865-227-7.
- A nobreza miñota e a lírica trobadoresca na Galicia da primeira metade do século XIII (2014). Noia: Editorial Toxosoutos. ISBN 9788494222498.
- Carlos Casares, un contador de historias. Vida e obra (2017). Vigo: Galaxia. 180 páxs. ISBN 978-84-9151-039-0.
- Alfonso R. Castelao. A forxa dun mito (2021). Vigo: Galaxia. 204 páxs. ISBN 978-84-9151-741-2.
- O idioma galego baixo o Franquismo. Da resistencia á normalización (2021). Vigo: Galaxia. 746 páxs. ISBN 978-84-9151-771-9.[6][7]
- Galiza mater, raíz anterga. Manuel Rodrigues Lapa na linga e na cultura galegas (2024). Vigo: Galaxia. 158 páxs. ISBN 978-84-1176-202-1.
- Erudición e ilustración. Estudos sobre Martín Sarmiento (2024). Santiago: Consello da Cultura Galega. 374 páxs. ISBN 978-84-17802-64-6.
Edicións
[editar | editar a fonte]- Cancionero de Payo Gómez Chariño, de Armando Cotarelo Valledor (1984). Xunta de Galicia.
- A romaría de Xelmírez, de Ramón Otero Pedrayo (1991). Vigo: Galaxia.
- Antoloxía da prosa literaria galega medieval (1994). Tórculo Ed..
- De viva voz Castelao: conferencias e discursos (1996). Fundación Castelao.
- Os dous de sempre, de Castelao (2001). Vigo: Galaxia.
- Catálogo de algunos libros curiosos y selectos, para la librería de algún particular, de Frei Martín Sarmiento (2002). Noia: Toxosoutos.
- Cantigas de Santa María, de Afonso X o Sabio (2003). Santiago: Consello da Cultura Galega.
- De historia natural y de todo género de erudición: obra de 660 pliegos, de Martín Sarmiento (2008). Santiago: Consello da Cultura Galega.
- O espertar da conciencia galega. Galeguismo, cultura e identidade: ensaios e artigos dispersos (1950-1990), de Ramón Piñeiro (2009). Vigo: Galaxia.
- “En cadea sen prijon”. Cancioneiro de Afonso Paez (2013). Xunta de Galicia
- "Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro", xunto con María Xesús Lama (2014). Ed. Real Academia Galega.[8]
- Irmandades da Fala: oratoria e prosa non ficcional. Antoloxía (2016). Real Academia Galega.
- Rosalía de Castro. Autógrafos poéticos (2017). RAG e Fundación Barrié. ISBN 978-84-9752-154-3.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Lingua galega: 1 BUP (1984, Xerais).
- Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (1986, Xunta de Galicia).
- Gramática galega (1986, Galaxia). Con Rosario Álvarez Blanco e Xosé Luís Regueira. Premio Antón Losada Diéguez.
- A poesía lírica galego-portuguesa, de Giuseppe Tavani (1986, Galaxia). Co-tradutor con Rosario Álvarez.
- Diccionario galego-castelán (1988, Galaxia).
- Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
- Escritores galegos contemporáneos. Participantes no encontro de escritores galegos e portugueses en Compostela, (setembro 1991) (1991, Xunta de Galicia).[9]
- A vida e o tempo de Diego Xelmírez, de R. A. Fletcher (1992, Galaxia). Tradución con María Xesús Lama.
- Follas novas, de Rosalía de Castro (1993, Galaxia). Editor, con Dolores Vilavedra.
- Nivel soleira: versión provisional (1993, Xunta de Galicia).
- Diccionario da literatura galega. I. Autores, 1995, Galaxia.
- Estudios de sociolingüística galega (1995, Galaxia).
- Día das Letras Galegas 1996: Xesús Ferro Couselo (1996, Universidade de Santiago de Compostela).
- Xesús Ferro Couselo. 1906-1975: unha fotobiografía (1996, Xerais). Con Marcos Valcárcel, Xesús Alonso Montero e Ramón Villares.
- Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas (1997, Galaxia).
- Galego, 2 BUP (1998, Xerais).
- A lagarada. O desengano do prioiro, de Ramón Otero Pedrayo (1998, Galaxia).
- Tres poetas medievais da Ría de Vigo: Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas (1998, Galaxia).
- Lingua COU (1999, Xerais).
- Novas voces da poesía galega: recital (2000, Consello da Cultura Galega).
- Para ler a Castelao. I. II (2000, Galaxia).
- Galicia: unha luz no Atlántico (2001, Xerais).
- Elaboración e difusión da lingua (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador, con Xan Bouzada.
- A normalización lingüística a debate (2002, Xerais).
- O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I, II, III (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador con Xan Bouzada.
- Sobre a lingua galega: antoloxía, de Martín Sarmiento (2002, Galaxia).
- Homenaxe a don Paco del Riego, fillo adoptivo de Nigrán, 2003, Edicións do Cumio.
- Actas do I Congreso Internacional "Curros Enríquez e o seu tempo" (Celanova, 2001) (2004, Consello da Cultura Galega).
- Norma lingüística e variación: unha perspectiva desde o idioma galego (2005, ILG/Consello da Cultura Galega).
- A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003) (2005, Consello da Cultura Galega).[10]
- A edición da Poesía Trobadoresca en Galiza (2008, Baía Edicións).
- De verbo a verbo: documentos en galego anteriores a 1260 (2009, Universidade de Santiago de Compostela). Con Ana Boullón.
- Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade (2009, Consello da Cultura Galega).
- Fermín Penzol. Unha obra para un país (2010, Galaxia).
- "A invención dos Séculos Escuros" en Historia das historias de Galicia (2016, Xerais).
Ademais, ten editado textos de Rosalía de Castro, Castelao e Ramón Otero Pedrayo e os seus traballos publícanse en revistas especializadas como Grial, Verba, Coloquio/Letras (de Lisboa), Signo y Seña (de Buenos Aires), Portuguese Studies (de Cambridge), entre outras.
Premios e recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1º Premio de "Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalana", da Universidade Nacional de Educación a Distancia (Madrid), 1998.
- Premio Antón Losada Diéguez de investigación (2000).
- Premio da Crítica Galicia, na sección de Investigación, en 2009, pola obra Letras primeiras. O Foral de Caldelas. A emerxencia da escrita en galego e os primordios da lírica trobadoresca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (outubro-novembro-decembro 2018). "Henrique Monteagudo, catedrático de Filoloxía Galega". Grial LVI (220): 10.
- ↑ "Henrique Monteagudo". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2021. Consultado o 2021-12-23.
- ↑ "Ideas e debates sobre a lingua. Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e a tradición galeguista". Dialnet.
- ↑ 4,0 4,1 "Membro". Real Academia Galega. Consultado o 2021-12-23.
- ↑ "Henrique Monteagudo ingresará na Real Academia Galega", Xornal de Galicia, 1 de maio de 2010.
- ↑ "O idioma Galego baixo o franquismo". Editorial Galaxia. Consultado o 2021-12-23.
- ↑ Silva Valdivia, Bieito (abril, maio, xuño 2022). "A resistencia épica do galego baixo o franquismo: o reto dun legado que nos interpela". Grial LX (234): 93–94. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Manuscritos poéticos inéditos de Rosalía de Castro" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 03 de marzo de 2016.
- ↑ Coordinación con Pilar Vázquez Cuesta e Fernando Dacosta.
- ↑ A sociedade galega e o idioma. Evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003), obra de varios autores dirixida por Henrique Monteagudo e Anxo Lorenzo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Henrique Monteagudo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Monteagudo Romero, Xosé Henrique". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, Francisco (1992). Diccionario de escritores en lingua galega. Sada: Ediciós do Castro. p. 282.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xosé Henrique Monteagudo Romero na páxina web da RAG.
Predecesor: Xosé Luís Axeitos |
Secretario da Real Academia Galega 2013-2021 |
Sucesor: Margarita Ledo Andión |
Predecesor: Andrés Torres Queiruga |
Vicesecretario da Real Academia Galega 2021- |
Sucesor: — |