Xan Bouzada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xan Bouzada Fernández, nado en Lugo en 1951 e falecido o 5 de maio de 2008 en Vigo, foi un sociólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Socioloxía pola Universidade de Toulouse - Le Mirail e Doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, era profesor titular de socioloxía na Universidade de Vigo, estaba considerado un dos meirandes expertos en Socioloxía da cultura en Galicia. Entre as súas investigacións destacan as realizadas sobre o tema da emigración, a sociolingüística ou a política cultural dos concellos.

Foi tamén director do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura Galega, da revista Cooperativismo e Economía Social e membro do consello de redacción da revista Grial.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Mapa cultural de Galicia: A situación socio-cultural dos concellos galegos (1991, Xunta de Galicia).
  • Familia e comunidade: a familia como actor nos procesos de desevolvemento local (2001, Galaxia).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Escola, cultura e vida comunitaria nun concello galego: Moaña (1988, Concello de Moaña). Con Manuel Pérez Rúa.
  • As necesidades no desenvolvemento social de Galicia (1994, Unipro).
  • Redes sociais e conxuntos de acción (1996, Galaxia).
  • O futuro da lingua. Elementos sociolingüísticos para un achegamento prospectivo da lingua galega (1997, Consello da Cultura Galega).
  • O desenvolvemento comunitario local (1999, Galaxia).
  • Animación teatral, teorías, experiencias, materiais (2000, Consello da Cultura Galega).
  • Cultura e concellos. As estratexias de promoción cultural no ámbito local (2000, Consello da Cultura Galega).
  • Cultura e desenvolvemento local (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Elaboración e difusión da lingua (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador, con Henrique Monteagudo.
  • O proceso de normalización do idioma galego 1980-2000. Volume I. Política lingüística: análise e perspectivas (2002, Consello da Cultura Galega). Coordinador con Henrique Monteagudo.
  • Cultura e participación (2004, Consello da Cultura Galega).
  • Cultura e novas tecnoloxías (2006, Consello da Cultura Galega).
  • Informe sobre a xuventude no Espacio Atlántico. Relatório sobre a juventude no Espaço Atlântico (2006, Eixo Atlántico).

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Políticas culturales y sociedad democrática (1999, Asociación Española de Sociología de la Cultura y de las Artes, AESCA).

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Escritos de sociología de la cultura y de las artes. I. II (1997, AESCA, Vigo).
  • Las encrucijadas del cambio social. Homenaje al profesor José Luis Sequeiros Tizón (2002, Universidade de Vigo).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]