FC Spartak Trnava
Spartak Trnava | |||
---|---|---|---|
Nome | FC Spartak Trnava | ||
Fundación | 30 de maio de 1923 (99 anos) | ||
Estadio | Anton Malatinský | ||
Inauguración | 2015 | ||
Capacidade | 19.200 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Superliga | ||
2021/22 | 3º | ||
Na rede | |||
https://www.fcspartaktrnava.com/ | |||
![]() ![]() | |||
| |||
O FC Spartak Trnava é un club de fútbol eslovaco con sede en Trnava. Historicamente é un dos clubs de máis éxito do país, xa que gañou cinco veces a Primeira Liga de Checoslovaquia e catro veces a Copa de Checoslovaquia, ademais de acadar unha vez as semifinais da Copa de Europa e dúas veces os cuartos de final.[1][2] Trala disolución de Checoslovaquia, o club gañou unha liga eslovaca en 2018 e tres Copas de Eslovaquia en 1998, 2019 e 2022.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Superliga de Eslovaquia (1): 2017/18.
- Copa de Eslovaquia (3): 1997/98, 2018/19, 2021/22.
- Primeira Liga de Checoslovaquia (5): 1967/68, 1968/69, 1970/71, 1971/72, 1972/73.
- Copa de Checoslovaquia (4): 1967, 1971, 1975, 1986.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Czechoslovakia - List of Champions". rsssf.org (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2022.
- ↑ "ALL-TIME RECORDS 1955-2022" (PDF). UEFA (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2022.