André Hess

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
André Hess
Información persoal
Nome André Clement Xavier Hess
Nacemento 5 de marzo de 1933
Lugar de nacemento Montigny-lès-Metz
Falecemento 3 de abril de 2004
Lugar de falecemento Metz
Altura 1,75 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1952–1959 Metz 176 (41)
1959–1963 Monaco 111 (27)
1963–1964 Stade de Reims 13 (3)
1964–1965 Boulogne 29 (14)
1965–1967 Metz 33 (9)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

André Clement Xavier Hess, nado en Montigny-lès-Metz, Mosela, o 5 de marzo de 1933 e finado en Metz o 3 de abril de 2004, foi un futbolista francés, que xogaba como centrocampista.[1]

Desenvolveu a maior parte da súa carreira no Metz e disputou un total de 264 partidos na Division 1, nos que marcou 69 goles.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou na Division Nationale francesa en 1952, nas filas do Metz, no que xogou durante os seguintes sete anos. En 1959 fichou polo Monaco, no que xogou durante tres tempadas, gañando dúas ligas e dúas Copas de Francia. Na tempada 1961/62 debutou na Copa de Europa, xogando ante o Rangers e marcando un gol na ida e dous na volta, aínda que o seu equipo quedou eliminado na primeira rolda.[2][3]

A continuación xogou no Stade de Reims e no Boulogne, antes de regresar ao Metz, onde puxo fin á súa carreira en 1967.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Monaco

Notas[editar | editar a fonte]

  1. État civil sur le fichier des personnes décédées en France depuis 1970
  2. "Monaco-Rangers 1961". UEFA (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2022. 
  3. "Rangers-Monaco 1961". UEFA (en inglés). Consultado o 25 de agosto de 2022.