Maurício Cardoso da Silva
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de agosto de 1971 (53 anos) Limeira, Brasil (pt) |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Dianteiro |
Maurício Cardoso da Silva, coñecido como Mauricinho, nado en Limeira, São Paulo, o 25 de agosto de 1971, é un exfutbolista brasileiro, que xogaba como dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do futbolista de Limeira Toninho Matão,[1] naceu nesa mesma cidade paulista o 25 de agosto de 1971, xunto ao seu irmán xemelgo Marcelo.[2] Comezou a xogar ao fútbol no EC Estudantes da súa cidade natal e militou en varios equipos brasileiros como o Rio Branco, o Santo André, o Náutico, o XV de Jaú ou o União São João ou o Sãocarlense. Con todo, o club máis importante polo que pasou foi o São Paulo, co que conquistou en 1992 a Copa Intercontinental, baixo as ordes de Telê Santana.[1]
Casado e con dous fillos, trala súa retirada pasou a exercer como pastor da Igrexa Baptista en Limeira.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Toninho Matão, agil e veloz ponteiro" (en portugués). Consultado o 11 de novembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 "Maurício, limeirense campeão mundial em 1992" (en portugués). Consultado o 11 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en zerozero.pt (en portugués).