Gustavo Munúa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gustavo Munúa
Gustavo Munua 2017.jpg
Munúa como adestrador do LDU Quito
Información persoal
Nome Gustavo Adolfo Munúa Vera
Nacemento 27 de xaneiro de 1978 (45 anos)
Lugar de nacemento Montevideo
Altura 1,89 m.
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Cartagena (adestrador)
Carreira xuvenil
Nacional
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–2003 Nacional 102 (3)
2003–2009 Deportivo da Coruña 27 (0)
2009–2010 Málaga 38 (0)
2010–2013 Levante 86 (0)
2013–2014 Fiorentina 0 (0)
2014–2015 Nacional 41 (0)
Total 294 (3)
Selección nacional
1998–2004 Uruguai 21 (0)
Adestrador
2015–2016 Nacional
2017 LDU Quito
2017–2018 Deportivo Fabril
2018– Cartagena
Na rede
FIFA: 179286 UEFA: 64550 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Gustavo Adolfo Munúa Vera, nado en Montevideo o 27 de xaneiro de 1978, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol uruguaio. Xogaba de porteiro e foi internacional coa selección uruguaia. Actualmente adestra o FC Cartagena.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira no ano 1997 en Nacional, club no que gañou a Primeira División do Uruguai de 1998, 2000, 2001 e 2002. Ademais, Munúa é o meta que posúe o récord de portería invicta en Nacional: 963 minutos.

En agosto de 2003 fichou polo Deportivo da Coruña cun contrato de seis anos,[1] onde loitou por gañar a titularidade: primeiro entre 2003 e 2006 foi o suplente do internacional español José Francisco Molina. Posteriormente, entre 2006 e 2008, enfrontouse á dura competencia de Dudu Aouate. O 11 de xaneiro de 2008 os dous gardametas do Deportivo protagonizaron un lamentable incidente: para sorpresa de Aouate, Munúa golpeouno cun puñazo no ollo ao finalizar un adestramento.[2] A instancia dunha denuncia realizada polo fiscal, o Xuíz de Betanzos condenouno a seis meses de cárcere por agresión, conmutables por unha multa de 3.650 euros.[3] Estes feitos supuxeron o afastamento dos dous metas do primeiro equipo por parte do adestrador, Miguel Ángel Lotina. En febreiro, debido á inexperiencia do porteiro do equipo filial Fabri, ambos xogadores foron reintegrados no equipo, e o israelí recuperou o posto de titular.

En xuño de 2009 firmou por un ano co Málaga CF[4], club ao que chegou coa carta de liberdade ao non renovar co Deportivo.

O 6 de agosto de 2010 confirmouse a súa fichaxe polo Levante UD para a tempada 2010–11.

Adestrador[editar | editar a fonte]

O 7 de novembro de 2017 anunciouse a súa contratación polo Deportivo Fabril, até o remate da tempada 2017–18, en substitución de Cristóbal Parralo (e a interinidade de Rubén Coméndez).[5] O 28 de maio de 2018 o club anunciou que o adestrador uruguaio non continuaría á fronte do filial.[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Nacional
Deportivo

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]