Flórián Albert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flórián Albert
Flórián Albert cropped.jpg
Información persoal
Nome Flórián Albert
Nacemento 15 de setembro de 1941
Lugar de nacemento Hercegszántó
Falecemento 31 de outubro de 2011
Lugar de falecemento Budapest
Altura 186 centímetros
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual retirado
Na rede
FIFA: 174330 UEFA: 38392 Find a Grave: 210396837 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Flórián Albert, nado en Hercegszántó o 15 de setembro de 1941 e finado en Budapest o 31 de outubro de 2011[1], foi un futbolista húngaro que xogaba de dianteiro. Gañou o Balón de Ouro en 1967, galardón outorgado ao xogador europeo máis destacado do ano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Albert xogou ao longo de toda a súa carreira deportiva no mesmo club, o Ferencváros.

Selección[editar | editar a fonte]

Participou en 75 encontros coa selección húngara, anotando 32 goles. Foi, xunto con outros cinco xogadores, o máximo anotador do Mundial de 1962 con cinco goles.

Notas[editar | editar a fonte]