José Alonso Lara
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 7 de marzo de 2000 (26 anos) Sevilla | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,61 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
José Alonso Lara, nado en Sevilla o 7 de marzo de 2000, é un futbolista español. Xoga de centrocampista no Orihuela, da Segunda Federación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do Sevilla FC e asinou o seu primeiro contrato profesional a finais do 2016 alternando o equipo xuvenil co Sevilla Atlético Club, co que debutou con 17 anos en Segunda División nun partido contra o CD Lugo.[1][2] Na tempada 2017/18 seguiu alternando os xuvenís co 2º equipo do Sevilla FC. Na última xornada da Primeira División debutou co primeiro equipo, saíndo desde o banco nun partido contra o Deportivo Alavés.[3]
Na seguinte tempada sufriu unha lesión de longa duración que o mantivo afastado dos terreos de xogo.[4] Na tempada 2019/20 foi convocado co primeiro equipo para varios partidos da UEFA Europa League, que acabou gañando o equipo hispalense.[5]
O 11 de setembro de 2020 anunciouse a súa cesión por unha tempada ao Deportivo da Coruña, en Segunda División B.[6] Disputou 24 encontros co club galego e marcou dous goles, contra o Coruxo e contra o Guijuelo.
Ao rematar a súa cesión rescindiu o seu contrato co Sevilla e asinou co Betis Deportivo, filial do Real Betis, na nova Primeira División RFEF.[7] Militou dúas campañas no conxunto bético, a segunda delas na Segunda División RFEF, despois de descender na súa primeira tempada. Disputou un total de 57 partidos, anotando 2 goles.
Para a tempada 2023/24 asinou como novo xogador do Alcoyano, da Primeira Federación.[8] Na súa primeira tempada en Alcoi disputou 33 encontros, 24 deles como titular, e asinou 5 goles, pero a súa participación caeu de xeito notable na seguinte campaña, na que contou con só 9 titularidades e acabou descendendo á Segunda Federación.
En 2025 fichou polo Orihuela, tamén de Segunda Federación.[9]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Selección española sub-17
- Eurocopa sub-17 (1): 2017.
- Selección española sub-18
- Medalla de ouro dos Xogos Mediterráneos (1): 2018.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El juvenil Lara firma contrato profesional". eldesmarque.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ "El Viejo Nervión sigue sin ver ganar al filial hispalense". Marca (en castelán). 3 de decembro de 2017. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ "Lara y un debut con desparpajo" (en castelán). 19 de maio de 2018. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ "Lara se rompe el ligamento cruzado posterior" (en castelán). 6 de decembro de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ "Sevilla-Inter 2020". www.uefa.com (en inglés). Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ "Lara, novo xogador do Dépor 20·21". 11 de setembro de 2020. Consultado o 11 de setembro de 2020.
- ↑ "Lara ficha por el Betis Deportivo, una decisión “pensada y valiente por ambas partes”" (en castelán). 12 de xullo de 2021. Consultado o 12 de xullo de 2021.
- ↑ Manteca, Óscar (24 de agosto de 2023). "El Alcoyano ficha al delantero José Lara" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2023.
- ↑ "José Lara ficha por el Orihuela C.F para la 25/26" (en castelán). 5 de agosto de 2025. Consultado o 22 de xuño de 2026.
- ↑ "Abel Ruiz da el oro a España". AS.com (en castelán). 30 de xuño de 2018. Consultado o 11 de setembro de 2020.