Tomás Alberto Hervás Girón
Tomás Hervás | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Tomás Alberto Hervás Girón | ||
Nacemento | 25 de novembro de 1970 (52 anos) | ||
Lugar de nacemento | Ponferrada | ||
Altura | 1,87 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Sporting de Gijón | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1991–1998 | Sporting de Gijón | 161 | (13) |
1998-2001 | Celta de Vigo | 100 | (8) |
2001–2003 | Sevilla FC | 24 | (2) |
2003–2005 | UD Las Palmas | 72 | (2) |
2005–2007 | AD Universidad de Oviedo | ||
Total | 357 | (25) | |
Selección nacional | |||
1991 | Selección española sub-21 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Tomás Alberto Hervás Girón, nado o 25 de novembro de 1970 en Ponferrada é un exfutbolista que xogaba na demarcación de centrocampista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse nas categorías inferiores do Sporting de Gijón, debutando co primeiro equipo na tempada 1991/92. Tralo descenso do Sporting no 1998 fichou polo Celta de Vigo, que aquela tempada xogaría a Copa da UEFA. Dende o principio contou coa confianza do adestrador, Víctor Fernández, xogando 35 encontros no seu primeiro ano en Vigo. Co tempo foi perdendo peso no equipo, deixando o equipo ao final da terceira tempada no Celta. Fichou entón polo Sevilla FC, onde militaría dúas tempadas antes de fichar polo UD Las Palmas de Segunda División.
Pese a facer un moi bo segundo ano na Palmas, disputou 33 encontros, o equipo descendeu a Segunda División B, categoría na que xogou un ano antes de volver a Asturias, está vez ao AD Universidad de Oviedo. Co equipo ovetense comezou na Terceira División e acadou o ascenso a Segunda B. Xogaría un ano máis antes de colgar as botas.
Unha vez retirado sacou o título de adestrador e entrou a formar parte do equipo técnico do Sporting de Gijón
- Nados en Ponferrada
- Nados en 1970
- Centrocampistas de fútbol
- Futbolistas de Castela e León
- Xogadores do Sporting de Gijón B
- Xogadores do Sporting de Gijón
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Sevilla FC
- Xogadores da UD Las Palmas
- Xogadores do AD Universidad de Oviedo
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21