Carmelo Cedrún

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmelo Cedrún
Información persoal
Nome Carmelo Cedrún Ochandategui
Nacemento 6 de decembro de 1930 (93 anos)
Lugar de nacemento Amorebieta-Etxano
Altura 1,82 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
Amorebieta
Athletic Club
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1950–1964 Athletic Club 334 (0)
1964–1967 Español 82 (0)
1968 Baltimore Bays 23 (0)
Total 439 (0)
Selección nacional
1954–1964 España 15 (0)
Adestrador
1969 Durango
1969–1972 Baracaldo
1972 Logroñés
1973–1975 Leonesa
1975–1977 Celta de Vigo
1977–1979 Murcia
1979–1980 Celta de Vigo
1980–1981 Barakaldo
1982–1983 Jaén
1985–1988 Linense
1989 Linense
Na rede
FIFA: 57772 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Carmelo Cedrún Ochandategui, nado en Amorebieta-Etxano (Biscaia) o 6 de decembro de 1930, é un exfutbolista e adestrador de fútbol vasco. Xogaba de gardameta e foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Formouse no club da súa vila natal, o Amorebieta, antes de fichar polo Athletic de Bilbao en 1948. Debutou co primeiro equipo o 15 de abril de 1951, asentándose moi pronto como titular e suplindo a toda unha lenda como Raimundo Pérez Lezama. Militaría no club durante catorce tempadas, ata que o xove gardameta José Ángel Iribar o relegou a suplencia.

En 1964 fichou polo RCD Espanyol, onde xogou ata 1967. Finalmente retirouse xogando no Baltimore Bays da Liga de Estados Unidos.

Ao longo da súa carreira foi internacional en 15 ocasións, debutando ante Turquía en 1954 e disputando tres mundiais (Suíza 1954, Suecia 1958, Chile 1962) e dúas eurocopas (Francia 1960 e España 1964).

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Comezou adestrando ao CD Logroñés e ao Cultural Leonesa en Segunda División finalizando as dúas tempadas co descenso a Segunda División B dos equipos.

En 1975 ficha polo Celta de Vigo para suplir a Mariano Moreno Serrano. Levaría ao club a Primeira División despois de 19 encontros sen coñecer a derrota. Porén o equipo volvería descender ao ano seguinte polo que Carmelo Cedrún deixou o equipo para fichar polo Real Murcia.

En 1979 volve a Vigo para suplir ao ex xogador Pedrito, pero o ano remata co descenso Segunda División B.

Por último dirixe ao Barakaldo CF, consumando tamén o descenso a Segunda División B.

Persoal[editar | editar a fonte]

Pai do tamén gardameta Andoni Cedrún.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Título Ano Equipo
Copa Eva Duarte 1950-51 Athletic de Bilbao
Copa do Rei 1954-55 Athletic de Bilbao
Liga española de fútbol 1955-56 Athletic de Bilbao
Copa do Rei 1955-56 Athletic de Bilbao
Copa do Rei 1957-58 Athletic de Bilbao