Saltar ao contido

Henning Jensen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenning Jensen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1949 Editar o valor en Wikidata
Nørresundby Editar o valor en Wikidata
Morte4 de decembro de 2017 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Aalborg Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata - 1984 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaDinamarca Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaFußball-Bundesliga, Eredivisie, Primeira División Española, Danish 1st Division (en) Traducir e Danmarksserien Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1965–1972 Nørresundby FB
1972–1976 Borussia Mönchengladbach 125(44)
1976–1979   Real Madrid CF 81(16)
1979–1981 AFC Ajax 56(7)
1981–1983 Aarhus Gymnastikforening 53(17)
  Selección nacional Número de eventos xogados
1972–1980   Dinamarca 21(9)

UEFA: 36122 Editar o valor en Wikidata

Henning Jensen, nado en Nørresundby o 17 de agosto de 1949 e finado en Aalborg o 4 de decembro de 2017, foi un futbolista dinamarqués, que xogaba como dianteiro. Militou entre outros clubs no Borussia Mönchengladbach, no Real Madrid e no Ajax, gañando os respectivos campionatos nacionais de liga cos tres equipos. Foi 21 veces internacional coa selección de Dinamarca, coa que marcou 9 goles.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido en Nørresundby, comezou a xogar ao fútbol no Nørresundby BK na cuarta división do fútbol dinamarqués. Xogando na banda dereita do ataque, debutou coa selección de Dinamarca en maio de 1972 e marcou o seu primeiro gol nun partido de clasificación para os Xogos Olímpicos de 1972 contra Romanía. Ese mesmo ano, e sen ter xogado nunca na primeira división danesa, foi fichado polo Borussia Mönchengladbach alemán.[1]

Militou catro anos no Mönchengladbach, compartindo dianteira co seu compatriota Allan Simonsen. Gañou dous campionatos da Bundesliga, unha DFB-Pokal e a Copa da UEFA na tempada 1974/75. Disputou un total de 177 partidos oficiais co club alemán, marcando 58 goles.

En 1976 fichou polo Real Madrid, converténdose no primeiro futbolista dinamarqués da historia do club, e xogou nel durante os seguintes tres anos, gañando os campionatos de liga nas tempadas 1977/78 e 1978/79. Disputou 102 partidos oficiais coa camiseta do club branco, nos que marcou 19 goles, 4 deles contra o FC Barcelona.[2]

En 1979 mudouse aos Países Baixos para xogar no Ajax. Alí coincidiu con outros futbolistas daneses como Frank Arnesen, Søren Lerby e Jesper Olsen. Na tempada 1979/80 gañou a Eredivisie e alcanzou as semifinais da Copa de Europa, onde o equipo neerlandés foi eliminado polo Nottingham Forest.[3]

Regresou a Dinamarca en xullo de 1981, para xogar no AGF Aarhus, antes de volver ao Nørresundby e xogar os seus últimos partidos co Nørresundby BK.

En 2006, foi nomeado pola Unión Danesa de Fútbol entre os candidatos ao premio ao mellor futbolista dinamarqués de tódolos tempos, xunto a Preben Elkjær, Brian Laudrup, Michael Laudrup, Morten Olsen, Peter Schmeichel, Allan Simonsen e Jon Dahl Tomasson.

Faleceu o 4 de decembro de 2017 a causa dun cancro.[4]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Borussia Mönchengladbach
Real Madrid
Ajax
  1. "Muere Henning Jensen, primer danés que jugó en el Real Madrid". El País (en castelán). 6 de decembro de 2017. Consultado o 19 de outubro de 2022.
  2. "Goles con Historia: Jensen". Real Madrid Club de Fútbol (en castelán). 28 de febreiro de 2020. Consultado o 19 de outubro de 2022.
  3. "Ajax - Nottm Forest". UEFA (en inglés). Consultado o 19 de outubro de 2022.
  4. "Gladbach trauert um Henning Jensen" (en alemán). 6 de decembro de 2017. Consultado o 19 de outubro de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]