Saltar ao contido

Quique Setién

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaQuique Setién

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Enrique Setién Solar Editar o valor em Wikidata
27 de setembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Santander, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura185 cm Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol , xadrecista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol
xadrez Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.055 (2017)<
Identificador FIDE2217627 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1977-1985 Racing de Santander 204(43)
1986-1988 Atlético de Madrid 73(7)
1988-1992 Club Deportivo Logroñés valor descoñecido(20)
1992-1996 Racing de Santander 124(25)
1996-1996 Levante UD 3(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1978-1982   Selección de fútbol sub-21 de España 2(0)
1985-1986   España 3(0) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
2001-2002 Racing de Santander 36
2003-2003 Club Polideportivo Ejido 13
2006-2006   Selección de fútbol de Guinea Ecuatorial 1
2007-2008 Club Deportivo Logroñés 20
2009-2015 Club Deportivo Lugo 258
2015-2017 Unión Deportiva Las Palmas 78
2017-2019 Real Betis Balompié 94
2020-2020   Futbol Club Barcelona 25
2022-2023 Villarreal Club de Fútbol Editar o valor em Wikidata
Participou en
1986Mundial de Fútbol México 1986 (7º) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm4281574 Twitter: QSetien FIFA: 181140 Editar o valor em Wikidata

Enrique "Quique" Setién Solar, nado en Santander o 27 de setembro de 1958, é un exfutbolista e actual adestrador profesional de fútbol español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española. Dende outubro de 2022 adestra o Villarreal, na Primeira División.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en Santander en 1958, debutou co equipo da súa cidade, o Racing de Santander, en Primeira División en 1977 con tan só 19 anos. No club cántabro xogou oito tempadas consecutivas, nas que pasou de ser un xogador non indiscutible até ser o capitán do equipo co número 10 nas costas. Porén, durante as súas primeiras tempadas no Racing, perdeuse por completo a tempada 1982-1983 por mor dunha grave lesión. A súa gran tempada 1984-85, onde conseguiría sete goles, chama a atención do Atlético de Madrid, onde xa no seu primeiro ano no club colchoneiro sería un dos xogadores importante do club, chegando ser internacional absoluto con España.

Coa selección debutaría o 20 de novembro de 1985 no estadio de La Romareda, en Zaragoza, como titular ante Austria (0-0). Posteriormente xogaría no Luis Casanova de Valencia o 18 de decembro de 1985 ante Bulgaria (2-0), formando parte do once inicial, e o 22 de xaneiro de 1986 no Estadio Insular das Palmas de Gran Canaria contra a desaparecida Unión Soviética (2-0). Formaría parte tamén do combinado español no Mundial de México de 1986, aínda que non chegou xogar. Anteriormente fora tamén internacional sub-21 e olímpico, así como despois da súa retirada do fútbol profesional do combinado de fútbol praia entre 1996 e 2003.

No seu terceiro ano no Atlético de Madrid, o seu problema co daquela presidente do club madrileño Jesús Gil y Gil, levárono ao banco, xogando tan só 11 partidos nos que anotou un gol. En total no aTlético xogaría 73 partidos marcando 7 goles. Tras ese mal ano recalaría no CD Logroñés tamén da Primeira División, onde tras un mal inicio acabaría converténdose nun dos piares do equipo durante catro tempadas, nas que xogou 114 partidos anotando 20 goles. Nos seus últimos anos como xogador profesional volvería ao club da súa terra, o Rácing de Santander, onde xogaría catro tempadas máis a un alto nivel. Despois da súa retirada, fichou polo Levante como reforzo de luxo para xogar a fase de ascenso á Segunda División, obxectivo que se cumpriu.

Adestrador[editar | editar a fonte]

Como adestrador ascendeu ao Racing de Santander á Primeira División en 2002 e ao Club Deportivo Lugo á Segunda División en 2012, equipo ao que adestrou dende 2009 ata 2015. É o adestrador con máis partidos dirixidos na historia do club lucense.

O 19 de outubro de 2015 firmou polo UD Las Palmas, en substitución de Paco Herrera, cun contrato até xuño de 2016 prorrogable por un ano máis.[1]

Equipos[editar | editar a fonte]

Xogador[editar | editar a fonte]

Ano Club División Partidos Goles
1977-1978 Racing de Santander Primeira 21 2
1978-1979 Racing de Santander Primeira 24 3
1979-1980 Racing de Santander Segunda 33 5
1980-1981 Racing de Santander Segunda 35 10
1981-1982 Racing de Santander Primeira 22 5
1982-1983 Racing de Santander Primeira 0 0
1983-1984 Racing de Santander Segunda 36 11
1984-1985 Racing de Santander Primeira 33 7
1985-1986 Atlético de Madrid Primeira 30 5
1986-1987 Atlético de Madrid Primeira 32 1
1987-1988 Atlético de Madrid Primeira 11 1
1988-1989 Logroñés Primeira 13 2
1989-1990 Logroñés Primeira 32 9
1990-1991 Logroñés Primeira 36 7
1991-1992 Logroñés Primeira 33 2
1992-1993 Racing de Santander Segunda 37 11
1993-1994 Racing de Santander Primeira 38 8
1994-1995 Racing de Santander Primeira 37 6
1995-1996 Racing de Santander Primeira 12 0
1996 Levante Segunda B 4

Adestrador[editar | editar a fonte]

A columna de posto refírese á posición que ocupaba o equipo no momento en que Quique Setién abandona o club. Se está en cursiva quere dicir que deixou de traballar nese club antes de chegar á fin da tempada.

Ano Club División Part. Posto
2001-2002 Racing de Santander Segunda 35
2003 Poli Ejido Segunda 12 19º
2006 Guinea Ecuatorial Internacional 1
2007-2008 CD Logroñés Segunda B 20 18º
2009-2010 CD Lugo Segunda B 38
2010-2011 CD Lugo Segunda B 44
2011-2012 CD Lugo Segunda B 44
2012-2013 CD Lugo Segunda 42 11º
2013-2014 CD Lugo Segunda 42 12º
2014-2015 CD Lugo Segunda 42 15º

Palmarés[editar | editar a fonte]

Atlético de Madrid

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Quique Setién, nuevo entrenador de la Unión Deportiva". udlaspalmas.net. 19 de outubro de 2015.  (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]