Club Atlético Peñarol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Peñarol
Escudo del Club Atlético Peñarol.svg
NomeClub Atlético Peñarol
Alcume(s)Manyas, Aurinegros, Carboneros, Mirasoles, Campeón del Siglo
Fundación28 de setembro de 1891 (como CURCC)
EstadioCampéon del Siglo,
Montevideo, Uruguai
Capacidade12.000 / 65.000
PresidenteUruguai Juan Pedro Damiani
AdestradorUruguai Jorge da Silva
LigaPrimeira División
2015–16 Ap
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

O Club Atlético Peñarol é un club de fútbol uruguaio da cidade de Montevideo, fundado o 28 de setembro de 1891 co nome Central Uruguay Railway Cricket Club (ou CURCC), que compite na Primeira División de Uruguai. Dende os primeiros anos do club, as súas cores identificativas son o negro e o amarelo.

Seccións[editar | editar a fonte]

Trofeo da IFFHS ó mellor club suramericano do século XX.

No Peñarol existen diversas seccións deportivas, e ó marxe da de fútbol, tamén cabe salientar as seccións de ciclismo, fútbol sala e baloncesto. A sección de baloncesto gañou varios torneos nacionais, e en 1983 proclamouse campión de Suramérica. Non obstante, a sección desapareceu en 1997 por razóns económicas. Pola súa parte, a sección de fútbol sala ten acadado tamén varios títulos de liga, chegando a gañar o Campionato Mundial Interclubes en 1987.

No que atinxe á sección de fútbol, esta é a máis laureada e popular do club, facendo do Peñarol o equipo con mais campionatos profesionais en Uruguai (37 títulos). Sumando os títulos profesionais e os títulos da época non profesional, o total de títulos nacionais de liga do Peñarol acada a cifra de 48. A nivel internacional, é o 3º club con mais títulos da Copa Libertadores (5), e en 1982 converteuse no primeiro club do mundo en conquistar 3 veces a Copa Intercontinental.

A IFFHS proclamou ó Peñarol como mellor club do século XX en Suramérica, por diante do Club Atlético Independiente arxentino e do seu máximo rival, o Club Nacional de Football, 2º e 3º.

Estadio[editar | editar a fonte]

O Peñarol ten un estadio da súa propiedade, chamado José Pedro Damiani en memoria dun dos antigos presidentes do club. Este estadio ten capacidade para acoller a 12.000 seareiros, unha capacidade inferior ó que precisa o club, xa que a súa masa social e moito maior. Por iso o Peñarol leva varias décadas xogando os seus encontros como local no Estadio Centenario, de titularidade consistorial, e cuxa capacidade é de 65.236 persoas.

Seareiros do Peñarol no Estadio Centenario.

Palmarés[editar | editar a fonte]

O Peñarol é o club uruguaio con mais títulos de liga, con 48. En competicións continentais o Peñarol ten disputado 10 finais da Copa Libertadores, récord absoluto, gañando 5 e perdendo nas outras 5. Na tempada 2011 caeu fronte ó Santos na súa última final.

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

  • Primeira División de Uruguai (47) = 1900, 1901, 1905, 1907, 1911, 1918, 1921, 1928, 1929, 1932, 1935, 1936, 1937, 1938, 1944, 1945, 1949, 1951, 1953, 1954, 1958, 1959, 1960, 1961, 1962, 1964, 1965, 1967, 1968, 1973, 1974, 1975, 1978, 1979, 1981, 1982, 1985, 1986, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997, 1999, 2003, 2009-10, 2012-13

Torneos continentais[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Alberto Spencer en 1966.

Entre os centos de xogadores que teñen defendido as cores do Peñarol, algúns deles son especialmente salientables. É o caso de Alberto Spencer (máximo goleador da historia da Copa Libertadores); Obdulio Varela, Alcides Ghiggia e Juan Schiaffino (capitán e goleadores de Uruguai no Maracanazo); Fernando Morena (máximo goleador histórico do club); etc.

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Estoyanoff.
Posto País Xogador
1 POR Flag of Argentina.svg Danilo Lerdi
2 DEF Uruguai Juan Álvez
3 MED Uruguai Marcel Novick
4 DEF Uruguai Alejandro González
5 MED Uruguai Nicolás Freitas
6 DEF Uruguai Marcelo Silva
7 MED Uruguai Bruno Montelongo
8 DEF Uruguai Emilio MacEachen
9 MED Uruguai Facundo Gichón
10 DIA Flag of Argentina.svg Maximiliano Pérez
11 DIA Uruguai Fabián Estoyanoff
12 POR Uruguai Fabián Carini
13 DIA Uruguai Santiago Silva
Posto País Xogador
14 MED Uruguai Luis Aguiar
15 MED Flag of Brazil.svg João Pedro
16 MED Uruguai Jorge Zambrana
17 DIA Uruguai Marcelo Zalayeta
18 MED Uruguai Sebastián Rosano
19 MED Uruguai Nicolás Amodio
20 DIA Uruguai Rodrigo Mora
21 POR Uruguai Leandro Gelpi
22 DEF Uruguai Darío Rodríguez (Cap.)
23 DEF Uruguai Carlos Valdez
24 MED Uruguai Emiliano Albín
25 MED Uruguai Sebastián Cristóforo

Actualizado 4 de maio de 2012

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]