Christian Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christian Santos
Información persoal
Nome Christian Robert Santos Freire
Nacemento 24 de marzo de 1988 (35 anos)
Lugar de nacemento Puerto Ordaz
Altura 1,84 m.
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Unionistas
Carreira xuvenil
SV Lippstadt 08
2003–2007 Arminia Bielefeld
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2011 Arminia Bielefeld II 78 (28)
2011–2013 Eupen 58 (25)
2013–2014 Waasland-Beveren 0 (0)
2014–2016 NEC Nijmegen 71 (43)
2016–2018 Alavés 31 (5)
2018–2020 Deportivo da Coruña 48 (9)
2020–2021 VfL Osnabrück 29 (8)
2021–2022 Colo-Colo 13 (1)
2022–2023 Juve Stabia 14 (2)
2023– Unionistas 0 (0)
Selección nacional
2015– Venezuela 13 (1)
Na rede
Twitter: C_Santos11_ Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 29 de xaneiro de 2023.
Selección: actualizado a 14 de setembro de 2018.editar datos en Wikidata ]

Christian Robert Santos Freire, nado o 24 de marzo de 1988 en Ciudad Guayana, é un futbolista internacional venezolano. Xoga de dianteiro para o Unionistas de Salamanca CF da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ciudad Guayana, Venezuela, fillo dun emigrante galego de Ourense, e unha venezolana,[1] e comezou a xogar ao fútbol na Hermandad Gallega de Puerto Ordaz. Con seis anos trasladouse coa súa familia a Alemaña, instalándose en Lippstadt. Alí seguiu xogando ao fútbol, nas categorías inferiores do SV Lippstadt 08 e posteriormente cos equipos xuvenís do Arminia Bielefeld.

Na tempada 2011/12 marchou a Bélxica para xogar no K.A.S. Eupen, de Segunda División. No club belga xogou dúas temporadas, nas que marcou 26 goles. En 2013 deu o salto á Primeira División de Bélxica, fichando polo KV Red Star Waasland-Beveren, pero xa ao inicio da tempada sufriu unha grave lesión de xeonllo que afastou dos terreos de xogo para todo o curso.

O 28 de xuño de 2018, fíxose oficial a fichaxe de Santos polo Deportivo da Coruña.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]