Didi
Didi | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Valdir Pereira | ||
Nacido | 8 de outubro de 1928 | ||
Lugar | Campos dos Goytacazes | ||
Falecido | 12 de maio de 2001 | ||
Lugar | Río de Xaneiro | ||
Altura | 174 centímetros | ||
Posición | Mediocentro, Mediocentro defensivo | ||
Información de club | |||
Club actual | Falecido | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Valdir Pereira, Didi ou O Príncipe Etíope (así era chamado) é un futbolista, bicampión mundial pola Brasil nas copas do mundo de 1958 e 1962. Foi un dos medios máis técnicos da historia do Fútbol, e un dos "culpables" de que ao fútbol brasileiro se lle comezara a chamar "fútbol-samba". Canto aos clubs, foi un dos líderes do Clube Botafogo de Futebol e Regatas.
De entre o seu legado queda a "Folla seca", que consiste nun golpeo ao balón facendo que baixe de súpeto. Isto enganaba os porteiros, xa que daba a impresión de que os seus disparos ían por riba do longueiro, cando en vez diso caían facendo un estraño que remataba no fondo das mallas. Tamén foi o inventor da "paradiña" nos lanzamentos de penalti, xesto que Pelé remataría de perfeccionar.