Valerii Lobanovskyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valerii Lobanovskyi
Información persoal
Nome Valerii Vasylovych Lobanovskyi
Nacemento 6 de xaneiro de 1939
Lugar de nacemento Kíiv
Falecemento 13 de maio de 2002
Lugar de falecemento Zaporíjia
Altura 1,87 m.
Posición Dianteiro
Carreira xuvenil
1952–1955 Escola de Fútbol Nº 1 de Kíiv
1955–1956 Escola de Fútbol da Xuventude
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1957–1964 Dynamo de Kíiv 144 (42)
1965–1966 Chornomorets Odesa 59 (15)
1967–1968 Shakhtar Donetsk 50 (14)
Selección nacional
1960–1961 Unión Soviética 2 (0)
Adestrador
1969–1973 Dnipro Dnipropetrovsk
1973–1982 Dynamo de Kíiv
1975–1976 Unión Soviética
1979 RSS de Ucraína
1982–1983 Unión Soviética
1984–1990 Dynamo de Kíiv
1990–1993 Emiratos Árabes Unidos
1994–1996 Kuwait
1997–2002 Dynamo de Kíiv
2000–2001 Ucraína
Na rede
FIFA: 31236 WikiTree: Lobanovsky-1 Find a Grave: 6739671 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Valerii Vasylovych Lobanovskyi (en ucraíno: Вале́рій Васи́льович Лобано́вський; en ruso: Вале́рий Васи́льевич Лобано́вский), nado en Kíiv o 6 de xaneiro de 1939 e finado en Zaporozhia o 13 de maio de 2002, foi un futbolista e adestrador soviético. Considerado un dos mellores adestradores de fútbol da historia, é coñecido principalmente polo seu traballo á fronte do Dynamo de Kíiv e da selección soviética, conxuntos aos que adestrou en varias etapas.

Converteu o Dynamo no club máis dominante no fútbol soviético das décadas de 1970 e 1980, conquistando oito ligas soviéticas e seis Copas da Unión Soviética en 16 anos. En 1975 conquistou o primeiro título europeo dun equipo soviético ao vencer ao Ferencváros húngaro na final da Recopa de Europa. Durante o torneo, o Dynamo de Kíiv gañou oito dos nove partidos, unha porcentaxe gañadora do 88,88% que se mantivo como récord durante 45 anos en todas as grandes competicións europeas de clubs. Lobanovskyi e o seu equipo repetiron o seu triunfo na Recopa de 1986, superando ao Atlético de Madrid na final. Tanto en 1975 como en 1986 un dos seus xogadores gañou o Balón de Ouro (Oleg Blokhin e Igor Belanov respectivamente). Durante as súas dúas primeiras etapas no Dynamo, alcanzou tamén as semifinais da Copa de Europa en 1977 e 1987 e os cuartos de final en 1976, 1982 e 1983. Coa selección nacional da Unión Soviética, Lobanovskyi chegou á final da Eurocopa de 1988, perdendo o campionato ante os Países Baixos de Rinus Michels, e gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, despois de derrotar no partido polo terceiro posto á selección brasileira.

En 1997 comezou a súa terceira etapa no Dynamo, acadando de novo éxito en competición europea. Na primeira tempada completa desta etapa, o Dynamo chegou aos cuartos de final da Liga de Campións en 1998.[1][2] Na tempada seguinte, co dianteiro Andrii Shevchenko como máxima estrela, Lobanovskyi e o seu equipo chegaron ás semifinais, onde foron eliminados polo Bayern de Múnic.

Está amplamente considerado como un dos maiores adestradores de todos os tempos.[3][4][5] Ao longo da súa carreira como adestrador gañou 33 títulos oficiais, converténdose no segundo adestrador con máis títulos da historia (só por detrás de Alex Ferguson) e no adestrador de fútbol máis exitoso do século XX.[6][7][8] Tamén posúe varias marcas no fútbol soviético, incluíndo a de adestrador con maior número de títulos da liga soviética e da Copa Soviética (compartido esta última con Viktor Maslov) e a de maior número de títulos da Supercopa da URSS. Lobanovskyi é o único adestrador en gañar dúas veces unha competición europea cun club de Europa do Leste. É un dos catro adestradores que gañou a Recopa dúas veces, e un dos dous (xunto con Nereo Rocco) en lograr a fazaña co mesmo equipo. Ademais gañou cinco veces a liga de Ucraína en cinco participacións, un logro que non igualou ningún outro adestrador. Adestrou a tres gañadores do Balón de Ouro: Oleg Blokhin, Igor Belanov e Andrii Shevchenko.[9][10][11]

Foi recoñecido co título de Mestre de Deportes da URSS e Adestrador Distinguido da URSS, e foi galardoado coa Orde do Mérito da UEFA en Rubí e coa Orde do Mérito da FIFA, a máxima honra outorgada pola FIFA.[12][13] En 2002 foi condecorado a título póstumo como Heroe de Ucraína, o máximo recoñecemento do país, pola súa contribución ao fútbol ucraíno. En 2008 ocupou o sexto posto na lista dos 100 mellores ucraínos da canle de televisión Inter tras unha enquisa a nivel nacional na que participaron arredor de 2,5 millóns de persoas.[14][15][16][17]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Naceu o 6 de xaneiro de 1939 en Kíiv, capital, entón da República Socialista Soviética de Ucraína, pertencente á Unión Soviética. O seu pai era traballador dunha fábrica, mentres que a súa nai era ama de casa.[18] Estudou na escola de Kíiv nº 319, que hoxe leva o seu nome.[19] En 1956 uniuse ao Instituto Politécnico de Kíiv, pero máis tarde trasladouse ao Instituto Politécnico de Odesa, onde se graduou.[20] Máis tarde graduouse na Escola de Fútbol número 1 de Kíiv e na Escola de Fútbol da Xuventude de Kíiv (tendo como primeiro adestrador a Mykola Chayka).

Aos 18 anos foi invitado ao equipo B do Dynamo de Kíiv, o club de fútbol ucraíno máis destacado da súa época. O 29 de maio de 1959 debutou co primeiro equipo na Liga soviética, nun partido contra o CSK MO de Moscova.[21] Pronto se fixo famoso pola súa habilidade para colocar centros precisos e tirar faltas con efecto, e chegou a marcar varios goles directamente desde o córner. Estivera traballando regularmente nestes tiros durante as sesións de adestramento, utilizando o efecto Magnus e os seus propios cálculos. A prensa soviética comparouno co dianteiro brasileiro Didi que usou o efecto de forma similar na Copa do Mundo de 1958. Os seus compañeiros de equipo adoitaban eloxialo pola súa mentalidade pouco ortodoxa e a súa habilidade para canear, algo pouco usual para un futbolista tan alto (1,87 m).[22]

Formou parte do cadro de xogadores do primeiro equipo desde 1960. Xogaba principalmente no lateral esquerdo, onde formou un dúo con Valentyn Troyanovskyi.[23] Ese mesmo ano converteuse no máximo goleador do club con 13 goles. En 1961, o Dynamo de Kíiv converteuse no primeiro equipo de fútbol de fóra de Moscova en gañar o título da URSS, con Lobanovskyi marcando 10 goles. Foi convocado habitualmente para a selección nacional, pero debido á forte competencia (naquel momento había moitos zurdos de gran nivel na Unión Soviética como Mikheil Meskhi, Anatoli Ilyin e Galimzian Khusainov) só puido xogar dous partidos internacionais, contra Austria e Polonia.

En total pasou sete anos no Dynamo antes de marchar en 1964 por un conflito co adestrador Viktor Maslov. A continuació pasou polo Chornomorets Odessa e o Shakhtar Donetsk, antes de poñer fin á súa carreira de futbolista aos 29 anos, cun balance de 71 goles en 253 partidos da liga soviética.

Selección soviética[editar | editar a fonte]

Debutou coa selección soviética o 4 de setembro de 1960, nun partido contra Austria no Praterstadion de Viena ante 87.000 espectadores.[24] Xogou un segundo encontro internacional ao ano seguinte, contra Polonia no estadio Dziesięciolecia de Varsovia.[25]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Dnipro Dnipropetrovsk (1968–1973)[editar | editar a fonte]

Un ano despois de retirarse como xogador, Lobanovskyi foi nomeado adestrador do FC Dnipro Dnipropetrovsk o 16 de outubro de 1968. Ese ano o Dnipro quedou terceiro no seu grupo da segunda división soviética. Foi campión do seu grupo o ano seguinte e entrou na final da liga, quedando subcampión por detrás do FC Spartak de Vladikavkaz. En 1970, o sistema de liga foi reformado e o Dnipro entrou na nova "Clase A, grupo 1" (máis tarde rebautizado como Primeira Liga Soviética), que o equipo gañou ao ano seguinte, ascendendo á Liga Superior. Na súa primeira tempada na máxima categoría, o equipo de Dnipro quedou sexto, a un punto do segundo.

Dynamo de Kíiv (1973–1982) e selección soviética (1975–1976, 1982–1983)[editar | editar a fonte]

O seu bo traballo co Dnipro espertou o interese do seu antigo club, o Dynamo de Kíiv, que o fichou en outubro de 1973. En xaneiro de 1974 uniuse a el o seu antigo compañeiro de equipo, Oleh Bazylevych. Estes dous traballarían como dúo de adestradores ata outubro de 1976. Ambos tiñan iguais dereitos: Bazylevych era un teórico e Lobanovskyi estaba a cargo do proceso de formación. Durante a súa primeira tempada, a prensa soviética adoitaba criticalos polo racionalismo e a falta de vontade para xogar ao fútbol de ataque (o chamado modelo de visitante: o equipo planeaba de xeito defensivo os partidos como visitante para conseguir un empate). Esa tempada, o equipo gañou tanto a Liga como a Copa Soviética.

Tanto Lobanovskyi como Bazylevych entenderon a importancia do cálculo da carga física dos xogadores. Coa cooperación de Anatoly Zelentsov, un científico do departamento de teoría da educación física do Instituto Estatal de Educación Física de Kíiv, Lobanovskyi incorporou un sistema de cálculo do proceso de adestramento e modelaxe matemática da carga física. Posteriormente Zelentsov dirixiu o laboratorio científico do Dynamo de Kíiv, que era popularmente coñecido como Centro Zelentsov.[26][27] Considérase a Lobanovskyi o inventor dun estilo de xogo no que calquera xogador de campo pode asumir o papel de calquera outro, de xeito similar ao que practicaba Rinus Michels nos Países Baixos. Non obstante, a diferenza de Michels, Lobanovskyi estaba a desenvolver o seu estilo de xogo cientificamente, facendo gran énfase na presión.[28][3]

Lobanovskyi (esquerda) en Eindhoven en 1975 xunto co adestrador do PSV Ben van Gelder.

En 1975, o Dynamo de Kíiv gañou a Recopa de Europa e a entón moi apreciada Supercopa de Europa. Deste xeito, converteuse no primeiro club soviético en gañar un gran trofeo europeo. Nas tres primeiras xornadas da Recopa, o equipo derrotou ao CSKA Sofia, ao Eintracht Frankfurt e ao Bursaspor turco, gañando todos os partidos na casa e fóra. En semifinais, enfrontouse ao vencedor da Eredivisie de 1974–75, o PSV Eindhoven. O club neerlandés era considerado un dos máis poderosos de Europa, sendo patrocinado por Philips. O partido de ida disputado en Kíiv acabou 3-0 a favor do equipo de Lobanovskyi. Despois de perder 1–2 no partido de volta, o Dynamo pasou á final. O 14 de maio de 1975, o Dynamo de Kíiv gañou a Recopa por primeira vez, derrotando ao Ferencváros húngaro por 3-0 na final. Durante o torneo, o equipo gañou o 88,88% dos seus partidos (8 partidos de 9), unha porcentaxe que non foi superada en ningunha das principais competicións europeas de clubs ata a tempada 2019-20, cando o Bayern de Múnic gañou todos os seus partidos no seu camiño ao título da Liga de Campións.

No outono dese ano, o Dynamo enfrontouse ao Bayern Múnic, gañador da Copa de Europa 1974–75, estando en xogo a segunda Supercopa de Europa da historia. Ademais de gañar as dúas últimas Copas de Europa, o Bayern tamén era a base da selección alemá gañadora da Copa do Mundo de 1974. A preparación do partido tivo un trasfondo político, principalmente na URSS. O club soviético gañou os dous partidos, 1-0 en Múnic e 2-0 en Kíiv ante 100.000 afeccionados.[29][30][31] Todos os goles foron marcados por Oleg Blokhin, que se converteu no gañador do Balón de Ouro ese ano. O dúo Lobanovskyi-Bazylevych recibiu o premio da BBC ao Adestrador do Ano.[32]

Lobanovskyi e Bazylevych foron nomeados adestradores da selección soviética en 1975, despois de que o equipo perdese o seu primeiro partido no grupo de clasificación para a Eurocopa de 1976 ante Irlanda por 3-0. O Dynamo converteuse no club base da selección nacional. A pesar das demandas de Lobanovskyi de reorganizar a liga nacional ao formato outono-primavera, a Federación de Fútbol da URSS dividiu o 1976 en dúas tempadas (primavera e outono).

O club competiu na tempada de "primavera" na súa maioría co equipo B, xa que o primeiro equipo estaba concentrado preparando tanto a Copa de Europa como a clasificación para a Eurocopa e os Xogos Olímpicos. O Dynamo quedou eliminado da Copa de Europa no cuartos de final, ao perder ante o Saint-Étienne (2-0 en Kíiv e 0-3 en Francia). A selección nacional foi primeira no seu grupo de clasificación pero perdeu ante Checoslovaquia nos play-offs, sen conseguir así a clasificación para o campionato europeo. Nos Xogos Olímpicos de Montreal o equipo de Lobanovskyi quedou encadrado no Grupo D xunto con Corea do Norte e o Canadá. Gañou os dous encontros e clasificouse para os cuartos de final, onde eliminou a Irán por 2-1. Nas semifinais enfrontouse a Alemaña Oriental, perdendo por 2-1 no Estadio Olímpico de Montreal. Disputou entón o partido polo terceiro posto, vencendo ao Brasil por 2-0 e gañando así a medalla de bronce.[33] Tralo torneo olímpico, o dúo de adestradores abandonou a selección nacional.

No verán de 1976, tras un conflito entre os xogadores de Kíiv e os directivos, Oleh Bazylevych deixou o Dynamo. En 1977 o club gañou de novo o campionato da URSS, tras apañar só unha derrota en 30 partidos, e chegou ás semifinais da Copa de Europa. Despois de gañar todos os partidos no camiño dos cuartos de final, o equipo de Lobanovskyi enfrontouse por segunda vez nos últimos dous anos ao Bayern de Múnic, gañador das tres últimas Copas de Europa. Despois de perder 1-0 en Múnic, o equipo de Kíiv marcou dous goles nos últimos 10 minutos do partido de volta, pasando ás semifinais e poñendo fin ao dominio europeo do Bayern. En semifinais, con todo, o Dynamo de Kíiv foi derrotado por outro club alemán, o Borussia Mönchengladbach.

A finais da década de 1970 e principios dos 80, o Dynamo estaba pasando por un cambio xeracional. Despois de rematar segundo e terceiro nos dous anos seguintes, o equipo gañou dous títulos consecutivos da URSS en 1980 e 1981. Lobanovskyi levou o equipo aos cuartos de final da Copa de Europa en 1981 e 1982, caendo eliminado contra o Real Madrid de Vujadin Boškov e o Aston Villa de Tony Barton respectivamente. O equipo soviético gañou as edicións de 1981 e 1982 do prestixioso Trofeo Teresa Herrera da Coruña, derrotando nas respectivas finais en Riazor ao Atlético de Madrid e o FC Barcelona.[34][35]

Deixou o club a finais de 1982 para volver dirixir a selección soviética, sendo o encargado da clasificación para a Eurocopa de 1984. O equipo soviético lideraba o seu grupo despois das cinco primeiras xornadas, nas que sumou catro vitorias e un empate, incluída unha goleada por 5-0 sobre Portugal en Moscova. Con todo, no sexto e derradeiro partido, ante Portugal en Lisboa, o equipo luso levou a vitoria grazas a un solitario gol de Rui Jordão, anotado ao lanzar un penalti incorrectamente asinado (a falta ocorreu fóra da área). A URSS quedou así ás portas do torneo continental e Lobanovskyi foi despedido de novo.

Regreso ao Dynamo de Kíiv (1984–1986)[editar | editar a fonte]

Despois de ser despedido da selección soviética, Lobanovskyi regresou ao Dynamo de Kíiv tras só un ano de ausencia. O club, que fora dirixido por Yuriy Morozov en 1983, viña de acabar sétimo na liga, o seu resultado máis baixo desde a primavera de 1976, cando o club estaba representado na súa maioría pola escuadra B. O equipo atravesaba unha crise, con moitos xogadores clave lesionados, e terminou a tempada de 1984 no décimo lugar, sen lograr a clasificación para ningún torneo da UEFA por primeira vez en 14 anos.

Lobanovskyi viu os problemas e soubo resolvelos. O equipo comezou a tempada 1985 con forza e acabou gañando outra vez a liga e a Copa da URSS, derrotando ao seu maior rival, o Spartak de Moscova, dúas veces ao longo da tempada.

En 1986, o Dynamo de Kíiv gañou a súa segunda Recopa de Europa. O equipo perdeu o primeiro partido ante o Utrecht, pero despois tivo unha impresionante xeira de resultados, gañando seis partidos e empatando dous cunha diferenza de goles de 25-6. Durante todo o torneo, o equipo de Lobanovskyi gañou todos os partidos na casa (ademais da final) con polo menos tres goles de diferenza. No camiño cara á final, o equipo derrotou ao Rapid Wien, subcampión da anterior edición da Recopa, por un global de 9–2 en cuartos de final e ao Dukla Prague en semifinais. Na final, venceu ao Atlético de Madrid, dirixido por Luis Aragonés, por 3-0. O segundo gol, marcado por Oleg Blokhin, foi especialmente memorable, xa que foi marcado tras unha perfecta combinación de pases. A escuadra de Lobanovski foi amplamente eloxiada polos medios soviéticos e europeos.[36][37][38][39] Moitos observadores, fascinados pola calidade do fútbol que mostraba o Dynamo, chamaron ao seu estilo de xogo "fútbol do século XXI", e o equipo foi etiquetado como "equipo doutro planeta".[37][38][39][1][40]

Dynamo de Kíiv e terceira etapa na selección soviética (1986–1990)[editar | editar a fonte]

Sinatura de Lobanovskyi

Despois do éxito co Dynamo Kyiv na Recopa, Lobanovskyi foi nomeado adestrador da selección nacional por terceira vez, en vésperas do Mundial de 1986. O equipo principal estaba formado case exclusivamente por xogadores do Dynamo.[41][42] Na fase de grupos, os xogadores soviéticos arrasaron con Hungría, por seis goles a cero, e empataron ante a campioa de Europa, Francia, 1–1. O equipo confirmou o primeiro posto do grupo ao derrotar ao Canadá por 2-0 cun equipo de suplentes. Con estas actuacións, o equipo de Lobanovskii converteuse nun dos favoritos para gañar o torneo. No primeiro partido da fase eliminatoria, con todo, o equipo soviético perdeu ante Bélxica na prórroga, despois de que os belgas marcasen dous goles por erros do árbitro.[41][42][43]

Ao final da tempada 1986, o Dynamo de Kíiv gañou a liga soviética por 12ª vez. Foi 7ª liga de Lobanovskyi, que se converteu así no adestrador con máis títulos da historia, superando as seis ligas de Mikhail Yakushin e Boris Arkadev. Igor Belanov foi galardoado co Balón de Ouro, converténdose no segundo xogador de Kíiv en recibir o galardón, mentres que Oleksandr Zavarov acabou sexto. O propio Lobanovskyi foi elixido Adestrador Europeo da Tempada e Adestrador Europeo do Ano.

En 1987, tras derrotar dúas veces ao Beşiktaş nos cuartos de final da Copa de Europa (0-5 e 2-0), o Dynamo de Kíiv acadou os 14 partidos consecutivos sen perder en competición europea, a xeira máis longa de imbatibilidade naquel momento en calquera das grandes competicións europeas. Na liga o Dynamo terminou sexto pero gañou a Copa Soviética e os prestixiosos Xogos Dinamo da URSS.[44] Mentres tanto, a selección soviética acabou na primeira posición no seu grupo de clasificación para a Eurocopa de 1988, que estaba composto por Alemaña Oriental e Francia, vixente campioa.

A selección logrou un grande éxito na Eurocopa de 1988, acabando subcampioa. Acabou primeira no seu grupo, derrotando aos Países Baixos e Inglaterra e empatando con Irlanda. En semifinais, o equipo de Lobanovskyi derrotou a Italia, despois de que Hennadiy Lytovchenko e Oleg Protasov marcasen dous goles, por ningún dos italianos. Na final, os soviéticos enfrontáronse de novo aos neerlandeses, pero non puideron repetir a súa vitoria anterior da fase de grupos, perdendo 0–2. O gol de Van Basten, cunha volea co pé dereito sobre Rinat Dasaev dende o ángulo máis axustado da dereita da área, sería posteriormente descrito como un dos mellores goles da historia da Eurocopa.[45][46][47]

Despois da perestroika, moitos dos mellores xogadores de Lobanovskyi abandonaron a URSS para xogar en Europa Occidental. Para a Copa do Mundo de 1990 non puido convocar aos mellores xogadores soviéticos. Como resultado, a selección soviética rematou na parte baixa do seu grupo. Ese mesmo ano, o Dynamo de Eiev, que pasaba por un cambio xeracional, gañou o seu cuarto dobrete soviético. O equipo consolidou o primeiro posto na liga semanas antes do final, gañando o seu 13º título de liga e afirmándose como o club de fútbol soviético máis exitoso de todos os tempos. Na final da Copa, o equipo de Lobanovskyi goleou ao Lokomotiv Moscova por 6-1. En outono de 1990, Lobanovskyi abandonou a Unión Soviética para aceptar unha lucrativa oferta dos Emiratos Árabes Unidos.

Oriente Medio (1990–1996)[editar | editar a fonte]

En setembro de 1990, decidiu abandonar a Unión Soviética e aceptar unha lucrativa oferta na selección dos Emiratos Árabes Unidos. O seu exitoso paso por esta selección fixo que sexa recoñecido como un dos máis grandes adestradores da súa historia.[48] Durante os seus catro anos ao mando, o equipo quedou cuarto na Copa Asiática (perdendo o terceiro posto ante Corea do Sur nunha quenda de penaltis), o seu mellor resultado ata esa data. Deixou os Emiratos debido a un conflito coa federación de fútbol do país, e pasou os dous anos seguintes adestrando a selecciónde Kuwait. Con esta, gañou a medalla de bronce nos Xogos Asiáticos, antes de aceptar regresar ao Dynamo de Kíiv en novembro de 1996.[49]

Terceira etapa no Dynamo de Kíiv (1997–2002)[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 1997 volveu dirixir o Dynamo Kyiv por terceira vez. O club enfrontaba pouca oposición en Ucraína pero tiña pouco éxito nas competicións europeas, xa que só conseguira entrar na primeira rolda da Liga de Campións dúas veces nos últimos cinco anos. Durante a súa última campaña europea antes do regreso de Lobanovsky, o equipo non se clasificara para a fase de grupos da Liga de campións 1996/97 e fora derrotado polo Neuchâtel Xamax na primeira rolda da Copa da UEFA.

Valerii Lobanovskyi en 1997.

Un mes despois do regreso de Lobanovskyi, o equipo gañou a edición de 1997 da Copa da CEI, derrotando na final ao seu máiximo rival, o campión ruso Spartak Moscova. O equipo gañou a liga ucraína 1996-97 con 11 puntos de diferenza sobre o segundo clasificaco, o Shakhtar Donetsk. Ao comezo da tempada 1997–98, o Dynamo derrotou ao Brøndby na rolda de clasificación da Liga de Campións e entrou na fase de grupos. O equipo de Lobanovskyi conseguiu a primeira praza do grupo, no que estaban o FC Barcelona, o Newcastle United e o PSV Eindhoven.[50][51] Nos dous primeiros partidos, o equipo derrotou ao PSV por 1–3 en Eindhoven e empatou co Newcastle. Despois diso, derrotou ao Barcelona por 3-0 en Kíiv ante 100.000 afeccionados.[52][53] No partido de volta dúas semanas despois, o equipo español, que viña de gañar no Bernabéu ao Real Madrid e lideraba a liga española, perdeu na casa ante o Dynamo por 0–4, con Andrii Shevchenko marcando un hat-trick na primeira metade.[54][1][2][53] O equipo ucraíno rematou como primeiro de grupo tras empatar co PSV 1–1. En cuartos de final, enfrontouse á Juventus. O equipo de Lobanovskyi empatou o primeiro partido en Italia, pero foi superado por 1–4 en Ucraína. No fútbol doméstico, o equipo gañou a liga e a Copa de Ucraína.

Ao comezo da tempada 1998–99, o Dynamo venceu ao Barry Town cun marcador global de 9-1, e pasou á fase de grupos da Liga de Campións tras vencer ao Sparta Praga na quenda de penaltis. Foi encadrado no mesmo grupo que o Arsenal, o Racing Lens e o Panathinaikos. Perdeu o primeiro partido ante o equipo grego en Atenas e a continuación empatou co Lens na casa 1–1. No terceiro encontro, o equipo de Lobanovskyi enfrontouse ao Arsenal no estadio de Wembley. Na segunda metade, Andrii Shevchenko marcou un gol que foi anulado por fóra de xogo. A repetición, con todo, demostrou que o gol era válido.[55][56] Dennis Bergkamp adiantou ao equipo inglés no minuto 72, pero no 88, o Dynamo empatou tras un disparo de Serhiy Rebrov á escuadra esquerda da portería, rematando o encontro cun empate 1-1.[55] No partido de volta contra o Arsenal dúas semanas despois, o equipo de Lobanovskyi gañou por 3-1 con goles de Rebrov, Oleksandr Holovko e Shevchenko. O Dynamo derrotou logo ao Panathinaikos en Kíiv grazas a un autogol de Angelos Basinas. Antes do partido final, o Dynamo, o Panathinaikos e o Racing Lens tiñan 8 puntos, mentres que o Arsenal estaba con 6. O Panathinaikos perdeu o partido na casa ante o Arsenal mentres que o equipo ucraíno logrou unha vitoria por 3-1 ante o Lens en Francia, pasando aos cuartos de final como primeiro de grupo.

Nos cuartos de final o seu rival foi o vixente campión, o Real Madrid, adestrado por John Benjamin Toshack. O primeiro partido no Santiago Bernabéu rematou cun empate 1-1, mentres que na volta en Kíiv, o Dynamo gañou 2-0. Todos os goles ucraínos foron marcados por Shevchenko. A día de hoxe, o Dynamo segue sendo o único equipo que non pertence ás 5 grandes ligas,[57][58] a Portugal ou aos Países Baixos en acceder ás semifinais da Liga de Campións dende que a competición deixou de ser só para campións de liga. En semifinais, o equipo enfrontouse ao Bayern de Múnic de Ottmar Hitzfeld. No primeiro partido en Ucraína, o Dynamo ía gañando 3-1 despois de cincuenta minutos de xogo e fallou polo menos dúas boas oportunidades para marcar o cuarto gol.[59][60] Con todo, na parte final do partido Stefan Effenberg reduciu a vantaxe e Carsten Jancker empatou no minuto 88. O Bayern gañou o partido de volta por 1-0 e pasou á final.

No verán de 1999, Shevchenko foi vendido ao Milan, mentres que o capitán do equipo, Oleh Luzhnyi, foi traspasado ao Arsenal. O Dynamo gañou a liga e a Copa de Ucraína por terceiro ano consecutivo e finalizou a súa campaña de Champions na segunda fase de grupos. O equipo conseguiu quedar segundo na primeira fase de grupos, onde estaba acompañado por Lazio, Bayer Leverkusen e Maribor, pero na segunda fase de grupos quedou terceiro por detrás do Bayern de Múnic e do Real Madrid.

A continuación, o segundo dianteiro do Dynamo, Serhiy Rebrov, foi vendido ao Tottenham e Kakha Kaladze foi comprado polo Milan. Con moitos xogadores clave vendidos, o Dynamo non puido pasar da primeira fase de grupos nas dúas seguintes tempadas. Lobanovskyi gañou o seu último título en xaneiro de 2002, cando o equipo gañou a súa cuarta Copa da CEI. O equipo gañou todos os partidos da competición, derrotando na final ao Spartak Moscova por 4-3.

Lobanovskyi foi nomeado adestrador da selección de Ucraína en marzo de 2000. Unha vez máis compaxinou o seu traballo no Dynamo de Kíiv e na selección nacional. Deixou a selección despois de que o equipo non se clasificara para o Mundial de 2002, perdendo ante Alemaña na repesca.

Morte[editar | editar a fonte]

Lobanovskyi tivo que facer fronte a problemas de saúde desde 1988, cando sufriu o seu primeiro ataque cardíaco. No outono de 2001 sufriu un segundo infarto, que requiriu unha intervención cirúrxica. En 2001, perdeu todos os partidos como visitante do Dynamo de Kíiv na Liga de Campións debido á hipertensión e a que lle prohibiron viaxar en avión.

O 7 de maio de 2002 durante o partido do Dynamo de Kíiv contra o FC Metalurh Zaporizhzhya, desmaiouse e foi hospitalizado cun derramamento cerebral, pasando por unha cirurxía cerebral.[61] O seu corazón detívose o 13 de maio ás 20:35. Na final da Liga de Campións en Glasgow dous días despois, a UEFA gardou un minuto de silencio na súa honra.

Ao seu funeral o 14 de maio de 2002 asistiron ducias de milleiros de persoas, entre elas políticos como o presidente de Ucraína Leonid Kuchma ou o primeiro ministro Anatoliy Kinakh, e futbolistas como Andriii Shevchenko, Oleg Blokhin, Igor Belanov, Oleksandr Zavaro etc.

Foi enterrado no cemiterio de Baikove de Kíiv. A lápida está adornada cunha columnata coa inscrición en ruso Estamos vivos mentres se nos recorde (en ruso: Мы живы до тех пор, пока нас помнят).

Estilo e influencia[editar | editar a fonte]

Xunto con Rinus Michels, Lobanovskyi está considerado o inventor do estilo de xogo de fútbol coñecido como "fútbol total" na década de 1970.[62] Segundo el, o "proceso revolucionario" no fútbol rematou en 1974 co descubrimento do fútbol total, e, no fútbol moderno, todos os xogadores deben poder xogar en ataque e defensa con igual eficacia. Por Lobanovskyi, "Agora estamos a falar da chamada universalización "intelixente". Que quero dicir? Ben, por exemplo, non queremos que Andriy Shevchenko, o dianteiro, xogase ao defensor dereito . Pero se entra nesta zona, debe poder actuar alí. E no futuro, o fútbol pasará gradualmente da universalización "intelixente" á universalización total".[63]

Lobanovskyi vía o fútbol como un sistema de 22 elementos, dividido en dous subsistemas formados por 11 elementos: se os dous subsistemas son iguais, o xogo remata en empate. O matiz que Lobanovsky considerou o máis interesante e importante foi que a eficiencia do subsistema sempre será superior á suma das eficiencias dos seus elementos individuais.[64] Lobanovskyi insistiu en que se debe modelar o proceso de formación e practicar fragmentos de accións futuras sobre o terreo. Segundo Lobanovskyi, a coordinación do equipo era un concepto obsoleto: cada xogador sae e fai o que fai falta neste momento, e como fai isto depende da súa habilidade, adestramento e capacidade de expresarse. Pero a estrutura do xogo, as tácticas non deben sufrir de quen actúa como intérprete nese momento en particular.[65]

Foi un impulsor do enfoque científico e analítico e do énfase na aptitude física e a dieta para o xogo.[66] É a miúdo recoñecido como o primeiro en introducir a ciencia no fútbol, nunha época na que a maioría dos adestradores utilizaban atributos básicos no seu proceso de adestramento. Os medios adoitan referirse a Lobanovskyi como un "adiantado ao seu tempo".[67][3] Coa cooperación de Anatoly Zelentsov, un científico do departamento de teoría da educación física do Instituto Estatal de Educación Física de Kíiv, Lobanovskyi trouxo un sistema preciso de cálculo do proceso de adestramento e modelaxe matemática da carga física para os xogadores.[68][66][69][70] Zelentsov, considerado moi minucioso nas súas análises, insistía en que o equipo non perdería o partido se o número de momentos clave nos que o equipo comete erros, non superase o 18%. Moitos observadores, xogadores e adestradores loubaron os equipos de Lobanovskyi polas súas boas condicións físicas e por seren capaces de cumprir ideas tácticas e realizar certas operacións case ao nivel de automatismo. O seu fútbol foi descrito en ocasións como "fútbol do futuro".[37][38][39][40][71]

Tamén foi descrito en numerosas ocasións como un gran psicólogo.[72][73][74] Foi eloxiado pola súa capacidade para seguir mellorando e evolucionando. O "manterse en contacto" coas tendencias modernas foi descrito como unha das razóns polas que puido construír tres grandes equipos de fútbol nun período de tres décadas diferentes: os anos 70, 80 e 90.[75][76][77][1]

Tácticas[editar | editar a fonte]

Lobanovskyi facía fincapé no colectivo ou "o sistema".[78] Todo era minuciosamente planificado, estando a preparación do equipo dividida en tres niveis. Os xogadores debían ter un adestramento técnico individual para equipalos mellor para cumprir as tarefas que Lobanovskyi lles encomendara durante un partido; elaborábanse tácticas e tarefas específicas para cada xogador en función dos adversarios; e por último desenvolvíase unha estratexia para unha competición no seu conxunto, situando cada partido no seu contexto e recoñecendo que é imposible que un equipo manteña o máximo nivel durante un período prolongado.[79] Para Lobanovskyi e Zelentsov era importante tomar novas traxectorias que non permitisen ao rival adaptarse ao seu estilo de xogo. Se un opoñente se axustaba ao estilo de xogo de Lobanovskyi e atopaba un contra-xogo, entón este precisaba buscar unha nova estratexia.[79]

Durante os cuartos de final da Copa de Europa 1975/76 contra o Saint-Étienne, Lobanovskyi non introduciu ningún dianteiro no centro. Os dianteiros Blokhin e Onyshchenko xogaron constantemente nos flancos, mentres que os centrocampistas Leonid Buryak, Viktor Kolotov e Volodymyr Veremeyev explotaban o espazo central como se fosen segundos dianteiros, anticipando a posición de falso nove.

A formación preferida de Lobanovskyi era o 4–1–3–2. Todos os seus equipos utilizaban o talento de dous dianteiros: en 1975 Oleg Blokhin e Volodymyr Onyshchenko, en 1986 Blokhin ou Oleh Protasov e Igor Belanov, e en 1999 Andrii Shevchenko e Serhiy Rebrov. Os dianteiros de Lobanovskyi eran moi versátiles, sendo capaces de desprazarse aos laterais, organizar ataques como creadores de xogo, unirse ao medio campo en formacións defensivas e incluso retroceder para axudar aos laterais durante períodos de presión do rival.[80][81] Esta versatilidade dos dianteiros foi clave para desorganizar as defensas rivais e crear espazos para os xogadores que atacaban dende atrás.

A presión foi sempre un elemento fundamental dos equipos de Lobanovskyi. O principal obxectivo desta era crear situacións de superioridade numérica onde estaba o balón, e negarlle espazo e tempo aos contrarios para as decisións acertadas, obrigando así a xogar o partido sempre ao ritmo do Dynamo. Os contraataques característicos do Dynamo comezaban cun xogador roubando no medio campo, e inmediatamente xogando un balón longo rápido aos dianteiros ou aos laterais que avanzan, para atrapar ao rival desorganizado. Lobanovskyi sempre salientou a importancia dos primeiros segundos dun ataque tras gañar o balón, xa que é nestes segundos nos que o rival está menos preparado para defender de forma organizada. A presión era un esforzo colectivo, e cada vez que un xogador subía ao terreo de xogo, un compañeiro cubría a súa posición. Deste xeito o Dynamo minimizou a ameaza de ter que afrontar un contragolpe do rival no caso de perder o balón.

Lobanovskyi puxo unha esmerada atención nos balóns parados tanto en ataque como en defensa. En defensa, o Dynamo adoitaba utilizar a falta táctica para evitar que os opoñentes tiveran boas ocasións de tirar a portería, e concedían frecuentemente faltas xusto na bordo da área. O motivo era que consideraba máis fácil para o porteiro deter os tiros libres que os tiros en xogo aberto. Tamén utliizaban a miúdo a falta táctica para evitar contraataques: ao facer falta na liña media o medio campo do Dynamo podía poñerse detrás do balón para defender. En ataque, os equipos de Lobanovskyi tamén souberon sacar proveito das faltas. Durante a década de 1990, a maioría dos equipos sacaban as faltas habitualmente en longo, para poder avanzar no campo o máis rápido posible. O Dynamo asumía que os adversarios se prepararían para iso e se retirarían en consecuencia. Polo tanto, xogaban habitualmente en curto, e durante un tempo non se lle aplicaba presión ao xogador que levaba o balón, permitindo que se producisen carreiras. Os dous primeiros goles do Dynamo na vitoria por 3-0 ante o Barcelona en 1997 proviñan destas situacións. O alto grao de resposta e as rápidas velocidades de reacción foron características dos equipos de Lobanovskyi, xa que con frecuencia buscaban aumentar o ritmo e aproveitarse dos equipos que tentaban tranquilizar o xogo.[81] Cando o Dynamo conseguía unha falta preto da área rival, o centrocampista máis alto (habitualmente Andriy Husin) adoitaba colocarse dentro da área para recibir o balón e facer un pase de cabeza a un dos dianteiros. Deste xeito o Dynamo marcou o 2-0 ante o Bayern de Múnic no 2000, cando Ramiz Mamedov mandou un balón directo á cabeza de Husin, e este o enviou de cabeza a Giorgi Demetradze, que marcou dende o punto de penalti.[82]

Na formación de "rombo estirado", que se diferenza dun rombo típico en que un xogador opera nunha posición moito máis ampla que os outros, Lobanovskyi puido aproveitar ao máximo o talento do polivalente centrocampista Vitalii Kosovskyi, que xogaba tanto como centrocampista esquerdo no 4–1–3–2 "estándar", como de extremo esquerdo xunto a Shevchenko e Rebrov cando se despregaban os ataques, o que practicamente convertía a formación nun 4–3–3. Na defensa, a velocidade de Kosovskyi fíxoo útil tamén como lateral esquerdo, o que permitiu ao lateral esquerdo Kakha Kaladze caer cara a dentro como terceiro defensa central, convertendo a formación nun 5–3–2. Ante a ausencia de Kosovskyi debido a unha lesión durante a segunda metade da tempada 1999-2000, Lobanovskyi utilizou a Giorgi Demetradze como dianteiro de banda. Ante o Real Madrid no Bernabéu, Demetradze recibiu instrucións para explotar o espazo da defensa madridista que deixaba libre o lateral Roberto Carlos cando atacaba. Neste partido, Demetradze conseguiu un penalti (que Rebrov fallou),[83] un córner para o empate do Dynamo,[84] e finalmente centrou para o segundo gol do Dynamo que fixo o 1–2.

Retrato de Lobanovskyi nun partido do Dynamo Kyiv, o 2 de marzo de 2008

A defensa do Dynamo adoitaba organizarse como un sistema mixto de marcación zonal e persoal. Os xogadores adoitaban defender zonalmente, aínda que o mellor xogador do outro equipo era case sempre marcado por un home do Dynamo que o perseguía por todo o terreo de xogo. Quizais a aplicación máis significativa de marcaxe persoal foi contra o Real Madrid nos cuartos de final da Liga de Campións 1998/99 no Santiago Bernabéu. O papel de Aleksandr Khatskevich foi defender a banda dereita e tamén a parte central cando Predrag Mijatović se desprazase cara a dentro.[85] Tamén puxo a Oleksii Mykhailychenko a marcar a Ruud Gullit na final da Eurocopa de 1988.[86]

Lobanovskyi era tácticamente versátil e adoitaba facer cambios arriscados durante os partidos para alterar o curso do xogo. En decembro de 1998, o Dynamo xogaba fóra contra o RC Lens, necesitando como mínimo un empate para clasificarse como primeiro do seu grupo da Liga de Campións. Lobanovskyi escolleu un plan defensivo, con Rebrov na banda esquerda e o mediocampo formado por xogadores de corte defensivo, sendo na práctica un 4–5–1 con Shevchenko como único dianteiro. Non obstante, despois de que o capitán de Lens Frédéric Déhu fose expulsado co marcador 0-0, o adestrador ucraíno realizou rapidamente dous cambios ofensivos, metendo a Vitalii Kosovskyi polo defensa Yurii Dmytrulin e a Valentin Belkevich por Vasyl Kardash e emparellando a Rebrov con Shevchenko na dianteira, cambiando así o sistema a un 3–2–3–2. O Dynamo gañou o partido por 3-1, clasificándose así pasar aos cuartos de final como líder do grupo.[87]

Insistía en que un xogador debería poder xogar en máis dunha posición. Converteu ao dianteiro Aleksei Gerasimenko, que viña de marcar 46 goles en 71 partidos co Kuban Krasnodar, en centrocampista dereito,[88] lateral dereito,[89] e ata líbero.[90] Así mesmo, o defensa central Oleksandr Holovko tamén realizou un bo papel no centro do campo,[80] e Kakha Kaladze foi igualmente hábil como lateral esquerdo, mediocentro defensivo e central.

A énfase de Lobanovskyi no sistema máis que no individuo facía que os seus equipos seguisen obtendo bos resultados aínda que faltasen os seus mellores xogadores, ben por fichaxes, lesións ou amoestacións. Na tempada 1997–98, os dous centrocampistas máis importantes do Dynamo eran Yurii Kalitvintsev e Yurii Maksymov, que deixaron o equipo a finais de ano. Lobanovskyi xa atopara os seus substitutos en Aleksandr Khatskevich e Valentin Belkevich, e o equipo fixo unha campaña aínda máis espectacular na seguinte tempada. Na segunda metade da tempada 1999-2000, o equipo sufriu as lesións dalgúns dos seus principais xogadores como Vladyslav Vashchuk, Yurii Dmytrulin e Vitalii Kosovskyi, e viuse obrigado a xogar importantes partidos da Liga de Campións contra o Real Madrid, o Bayern de Múnic e o Rosenborg BK cunha liña defensiva formada polos mozos Andrii Nesmachniy e Serhiy Fedorov e con Gerasimenko xogando como líbero, fóra da súa posición natural. A pesar de todo isto, o Dynamo conseguiu sumar 10 puntos neses 4 partidos, vencendo dúas veces ao Rosenborg, unha ao Bayern e empatando 2-2 co Real no estadio Santiago Bernabéu .

Legado[editar | editar a fonte]

Despois da súa morte, Lobanovskyi foi condecorado postumamente como Heroe de Ucraína, a máis alta honra do país, e recibiu tamén a Orde do Mérito da UEFA en Rubí.[91] O estadio do Dynamo de Kíiv pasou a chamarse Estadio Lobanovsky na súa honra. En 2003, recibiu a Orde do Mérito da FIFA, a máxima honra concedida pola FIFA.[12][13] O 11 de maio de 2003, antes do primeiro aniversario da súa morte, inaugurouse un monumento na súa memoria preto do estadio Lobanobsky.[92]

Lobanovskyi nun selo ucraíno de 2019

Despois da súa morte, o AC Milan gañou a Liga de Campións 2002/03 con Andrii Shevchenko no equipo. Trala vitoria, Shevchenko voou a Kíiv para poñer a súa medalla na tumba do seu antigo adestrador.[93] En 2003 fundouse o Torneo Memorial Valerii Lobanovskyi.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Era fillo de Vasyl Mykhailovych Lobko-Lobanovsky e Oleksandra Maksymivna Boichenko. Casou con Ada Lobanovska,[94] coa que tivo unha filla chamada Svitlana. É filóloga da lingua rusa e posúe un restaurante en Kíiv chamado "U metrá". "Metr" (en ucraíno: Метр ) foi un dos moitos alcumes de Lobanovskyi).

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Dynamo de Kíiv

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Dnipro Dnipropetrovsk

Dynamo de Kíiv

Unión Soviética

RSS de Ucraína

Kuwait

Individual[editar | editar a fonte]

  • Futbolista Ucraíno do Ano (3): 1962, 1963, 1964.
  • Adestrador Ucraíno da Tempada (5): 1996–97, 1997–98, 1998–99, 1999–00, 2001–02 (póstumo).
  • Adestrador Europeo do Ano: (3): 1986, 1988, 1999.
  • Adestrador Europeo da Tempada (1): 1985–86.
  • Rubinkugel ao Adestrador do Ano en Europa Central e Oriental (7): 1975, 1985, 1986, 1987, 1988, 1997, 1999.
  • World Sports Manager of the Year (1): 1975.
  • Adestrador da década segundo Berlin-Britz (1): década de 1980.[95]

Condecoracións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Три ВЕЛИКИХ ДИНАМО Лобановского. 1975 / 1986 / 1999". YouTube (en ruso). 13 de maio de 2020. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Динамо – Барселона – 3:0. 15 лет великой победы!" (en ruso). 22 de outubro de 2012. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Marcotti, Gabriele. "Greatest Managers, No. 8: Lobanovsky". ESPN (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  4. VV. AA. (19 de marzo de 2019). "Top 50 des coaches de l'histoire". France Football (en francés) (3800). 
  5. "The Greatest manager of all time" (en inglés). 4 de xullo de 2013. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  6. "Рівно 81 рік тому народився легендарний тренер київського Динамо – Валерій Васильович Лобановський" (en ucraíno). 6 de xaneiro de 2020. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  7. "The 100 greatest football managers of all time". FourFourTwo (en inglés). 26 de maio de 2020. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  8. "Луческу проти Лобановського: УПЛ підрахувала виграні трофеї" (en ucraíno). 22 de marzo de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  9. "Памяти Валерия Васильевича Лобановского" (en ruso). 13 de maio de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  10. "Досье тренера: Валерий Лобановский". UEFA (en ruso). 13 de maio de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  11. "Экс-тренера "Шахтера" поставили на место после скандальных слов о Лобановском" (en ruso). 20 de marzo de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  12. 12,0 12,1 "Condecorados coa Orde do Mérito da FIFA" (PDF). FIFA (en inglés). Consultado o 5 de xaneiro de 2022. 
  13. 13,0 13,1 "МЕМОРИАЛ ЛОБАНОВСКОГО: СУПЕРКУБОК РОССИИ В КИЕВЕ?" (en ucraíno). 12 de abril de 2003. Consultado o 5 de xaneiro de 2022. 
  14. "Великі Українці - сто великих українців від 19 до 1". YouTube (en ucraíno). Consultado o 5 de xaneiro de 2022. 
  15. "У проекті «Великі Українці» на телеканалі «Інтер» переміг князь Ярослав Мудрий" (en ucraíno). 17 de maio de 2008. Consultado o 5 de xaneiro de 2022. 
  16. "Ярослав Мудрий, Микола Амосов, Степан Бандера - ВЕЛИКІ УКРАЇНЦІ" (en ucraíno). 17 de maio de 2008. Consultado o 5 de xaneiro de 2022. 
  17. "«Великі Українці»: Ярослав Мудрий обійшов Бандеру" (en ucraíno). 17 de maio de 2008. Consultado o 5 de xaneiro de 2022. 
  18. "Валерий ЛОБАНОВСКИЙ". rusteam.permian.ru (en ruso). Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  19. "Именем Лобановского назвали школу" (en ruso). 7 de setembro de 2007. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  20. "69 лет назад родился Валерий Лобановский" (en ruso). 6 de xaneiro de 2008. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  21. "Олег БАЗИЛЕВИЧ: "Лобановский жил футболом и футбол жил в нем!"" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2022. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  22. "50 лучших. Динамо (часть первая)". football.ua (en ruso). 30 de marzo de 2010. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  23. "Лобановский Валерий Васильевич". junik.lv (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2005. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  24. "Austria - URSS 1960". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  25. "Polinia - URSS 1961". 11v11.com (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  26. "Помер Анатолій Зеленцов". gpu.ua (en ucraíno). 15 de setembro de 2006. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  27. "«Динамо называли чемпионом мира по ТТД». Откровения аналитика сборной" (en ruso). 10 de outubro de 2017. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  28. "«Футбол пошел по пути Рыжего». Лобановский попал в цветы". sportsdaily.ru. 24 de marzo de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  29. "«Бавария» - «Динамо» Киев. Реванш по-мюнхенски (1975, 1977, 1994, 1999, 2000)" (en ruso). 18 de novembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  30. "43 года назад Динамо обыграло Баварию и завоевало Суперкубок УЕФА" (en ruso). 6 de outubro de 2018. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  31. "Ретро дня. Как "Динамо" выиграло Суперкубок Европы в 1975 году" (en ruso). 6 de outubro de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  32. "Лобановський". Український футбол (en ucraíno). 27 de decembro de 2016. 
  33. "Olympic Football Tournament Montreal 1976". FIFA (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2022. 
  34. Lestón, José (11 de agosto de 1981). "Dinamo de Kiev, justo vencedor". La Voz de Galicia (en castelán). p. 30. 
  35. "El Teresa Herrera de oro marchó para Rusia". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de agosto de 1982. p. 21. 
  36. "Ретро. Динамовская одиссея-1986. Финал" (en ruso). 2 de maio de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  37. 37,0 37,1 37,2 "Они сделали это. «Динамо» (Киев) Валерия Лобановского. Сезон-1986" (en ruso). 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  38. 38,0 38,1 38,2 "Що наше життя? Гра... Рудий соняшник" (en ucraíno). 6 de xaneiro de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  39. 39,0 39,1 39,2 "Грозное ДИНАМО конца 90-х. Как это было... [ФУТБОЛЬНЫЕ ИСТОРИИ]" (en ruso). 9 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 2 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  40. 40,0 40,1 "Как киевское «Динамо» ставило на уши всю Европу. 1986. Кубок обладателей кубков. Триумф на фоне Чернобыля" (en ruso). 5 de outubro de 2016. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  41. 41,0 41,1 "СБОРНАЯ СССР' 1986". rusteam.permian.ru (en ruso). 6 de xaneiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2020. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  42. 42,0 42,1 "1986. Последний чемпионат мира романтического футбола. Часть 5. Сногсшибательный старт сборной СССР". sports.ru (en ruso). 25 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  43. "Строки из истории: ЧМ-1986 и -1990. Сборная, которую боялись даже гранды…". sport-weekend.com (en ruso). 25 de xuño de 2014. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  44. 44,0 44,1 "Sir Alex Ferguson to Pep Guardiola - Who are the five most accomplished managers in club football?". goal.com (en inglés). 22 March 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  45. Humphrey, Jake (2 de xuño de 2008). "Which is the best Euro goal ever?". BBC (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  46. Spencer, Jamie (8 de xuño de 2021). "The best goals in European Championship history - ranked". Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  47. "USSR v Netherlands Live Commentary, 25/06/1988". goal.com (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  48. "Лобановский сумел изменить игру команды ОАЭ"" (en ruso). 4 de agosto de 2010. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  49. "Эксклюзив из Эмиратов. «Лобановского и сейчас помнят в ОАЭ»" (en ruso). 25 de marzo de 2018. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  50. ""Динамо" Киев в Лиге чемпионов: история побед и поражений". news.liga.net (en ruso). 13 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  51. "Команды, которые мы не забудем. Киевское «Динамо» 1997-1999". sports.ru (en ruso). 7 de maio de 2013. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  52. "Dynamo - Barcelona 1997". news.sportbox.ru (en ruso). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  53. 53,0 53,1 "«Барселона» - «Динамо» - 0:7: и никакой фантастики!" (en ruso). 6 de novembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  54. ""Игроки Барселоны – марионетки в руках Лобановского": испанская пресса о 0:4 от легендарного Динамо на Камп Ноу" (en ruso). 5 de novembro de 2019. Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  55. 55,0 55,1 "Еврокубки Лига Чемпионов 1998-1999 21 октября 1998 Арсенал (Англия) - Динамо Киев (Украина) 1:1 Гр. E 3 т.". fc-dynamo.ru (en ruso). Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  56. "Арсенал - Динамо Киев. ЛЧ-1998/99 (1-1)". YouTube (en ruso). Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  57. Stone, Simon (10 de setembro de 2019). "European Clubs' Association: Europe's big five leagues warned about dominance". BBC (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  58. "Revenue of the biggest (Big Five) European soccer leagues from 1996/97 to 2021/22". statista.com (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  59. ""Динамо могло вигравати у Баварії 4:0 або 5:0". Олег Лужний – про драматичну нічию 3:3 у півфіналі ЛЧ 1998/99". football24.ua (en ruso). Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  60. "20 лет историческому матчу «Динамо» – «Бавария»" (en ucraíno). Consultado o 6 de xaneiro de 2022. 
  61. Шаинский, Ефим. "Навеки мой Лобановский" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2022. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  62. "«Футбол пошел по пути Рыжего». Лобановский попал в цветы" (en ruso). 19 de marzo de 2019. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  63. Шаинский, Ефим (1997). "Вале́рий Лобано́вский". Спорт-Экспресс (en ruso) (2): 62. 
  64. Wilson, Jonathan (12 de maio de 2011). "How Valeriy Lobanovskyi's appliance of science won hearts and trophies". The Guardian (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  65. Е. Шаинский. Возвращение. «Спорт-Экспресс журнал», № 2 за 1997 р., стр.61
  66. 66,0 66,1 Spedding, Jack (17 de xullo de 2019). "Valeriy Lobanovskyi: The Scientist Who Dominated Football in the Soviet Union" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  67. "The Iron Curtained Billy Beane: Valeriy Lobanovskyi" (en inglés). 22 de xuño de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  68. "Помер Анатолій Зеленцов" (en ucraíno). 15 de setembro de 2006. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  69. Linnyk, Igor (31 de xullo de 2016). "In profile: Valeriy Lobanovskiy". UEFA (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  70. Spedding, Jack (17 de xullo de 2019). "Valeriy Lobanovskyi: The Soviet Scientist's All-Time Best XI" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2019. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  71. Gadzhiev, Gadzhi (2019). Простая сложная игра глазами профессионала. Gadzhi Gadzhiev. 3 December 2019. ISBN 9785042145964. Retrieved 18 May 2020. (en ruso). Litres. ISBN 9785042145964. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  72. "Шацких: Лобановский был сильным психологом и стратегом". YouTube (en ruso). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  73. Rabiner, Igor; Frankov, Artem (2020). Украинский футбол: легенды, герои, скандалы в спорах "хохла" и "москаля" (en ruso). Litres. ISBN 9785457193895. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  74. "Стефан РЕШКО: «Лобановский был нереальным психологом»". sport.ua (en ruso). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  75. "Сергей Ребров: «Лобановский всегда шагал в ногу со временем, а иногда его даже опережал»" (en ruso). 26 de abril de 2020. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  76. "Ребров: "Лобановский всегда шагал в ногу со временем, а иногда его даже опережал"" (en ruso). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  77. "Сергій КОВАЛЕЦЬ: «За Лобановського механізм Динамо працював чітко»" (en ucraíno). 23 de abril de 2020. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  78. "In profile: Valeriy Lobanovskiy". UEFA (en inglés). 31 de xullo de 2016. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  79. 79,0 79,1 Wilson, Jonathan (2008). Inverting the Pyramid: The History of Football Tactics (en inglés). Orion. ISBN 9780752889955. 
  80. 80,0 80,1 Walid, Ahmed (3 de maio de 2020). "From The Vault: Lobanovskyi’s last Dynamo" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  81. 81,0 81,1 "1997/98 CL Group C: Lobanovskiy’s Dynamo trounce van Gaal’s Barcelona" (en inglés). 22 de decembro de 2017. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  82. "Grupo C da Liga de Campións 1999/00". soccer-europe.com (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  83. http://soccer-europe.com/Archives/UCL/UCL9900/Reports/P2Groupc.html
  84. "Dynamo united this country at Santiago Bernabeu" (en inglés). 21 de marzo de 2000. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  85. Walid, Ahmed (28 de abril de 2020). "From The Vault: Lobanovskyi’s first step towards the 1999 semi-final" (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  86. "Lobanovsky's Russian revolution goes full circle through the hands of Hiddink" (en inglés). 26 de xuño de 2008. Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  87. "RC Lens - Dynamo Kiev 1998". football-lineups.com (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  88. "Dynamo-Bayer 1999". kicker.de (en alemán). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  89. "Dynamo-Juventus 1998". football-lineups.com (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  90. "Rosenborg-Dynamo 2000". kicker.de (en alemán). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  91. 91,0 91,1 91,2 91,3 Shishkin, Dmitry (15 de maio de 2003). "Lobanovsky remembered". BBC (en inglés). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  92. "Памятник В. В. Лобановскому (Киев)". otdihinfo.ru (en ruso). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  93. "Персоны. Валерий Лобановский" (en ucraíno). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  94. "Сегодня Валерию Лобановскому исполнилось бы 70" (en ucraíno). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  95. Banyas, Volodymyr (25 de outubro de 2013 ( "" (№ ). newspaper .). "Berlin-Britz Greatest XI by Decade". Ukrainskyi Futbol (88). 
  96. "Про нагородження відзнакою Президента України - орденом "За заслуги"". rada.gov.ua (en ucraíno). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 
  97. "Про відзначення працівників фізичної культури і спорту". rada.gov.ua (en ucraíno). Consultado o 7 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]