Antonio García Ameijenda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
García Ameijenda
García Ameijenda (San Lorenzo) - El Gráfico 2745.jpg
Información persoal
Nome Antonio García Ameijenda
Nacemento 11 de febreiro de 1948
Lugar de nacemento Neaño, Cesullas, Cabana de Bergantiños
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
1964–1966 San Lorenzo de Almagro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1967–1974 San Lorenzo de Almagro 101 (17)
1972–1973 Red Star FC 32 (6)
1974–1975 San Lorenzo de Almagro 28 (5)
1975 Estudiantes de La Plata 28 (7)
1975–1978 Salamanca 62 (7)
1978 Huracán 6 (0)
1979 Gimnasia y Esgrima 14 (0)
1980 Armenio 17 (3)
1981 Club Almagro 17 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Antonio García Ameijenda, nado en Neaño (Cesullas, Cabana de Bergantiños) o 10 de febreiro de 1948,[1] é un ex futbolista galego-arxentino.

Xogaba de centrocampista e destacou principalmente no San Lorenzo de Almagro, co que xogou durante unha década logrando catro campionatos arxentinos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Aínda que naceu en Cabana de Bergantiños, aos sete meses de idade marchou para Buenos Aires coa súa familia, que buscaba en terras arxentinas un futuro mellor.[1][2] Xogou ao fútbol dende pequeno e aos 16 anos recibiu a chamada do San Lorenzo de Almagro, que o incorporou ao club.[3]

Debutou co primeiro equipo da man do adestrador brasileiro Tim o 19 de novembro de 1967 contra River Plate no estadio Monumental. Disputou máis de 100 partidos coa camiseta do San Lorenzo, marcando 24 goles e acadando o Campionato Metropolitano de 1968 e o bicampeonato de 1972 (campión do Metropolitano e do Nacional), este baixo a dirección técnica do "Toto" Lorenzo, que lle deu unha personalidade especial ao equipo, coñecido nese período como o "equipo computadora".[4]

En 1970 volveu a Galicia para disputar co seu equipo a 25ª edición do Trofeo Teresa Herrera, onde caeron nos penaltis fronte ao Ferencvárosi de Flórián Albert.[2][5] Entre 1972 e 1973 xogou no Red Star FC de París, volvendo logo ao San Lorenzo, co que gañou o campionato de 1974, converténdose nun dos únicos cinco xogadores de San Lorenzo con catro títulos, xunto a Roberto Telch, Sergio Villar, Victorio Cocco, e Agustín Irusta.[6]

En 1975 pasou brevemente por Estudiantes de La Plata, antes de recalar en España, para xogar tres anos no Salamanca, en Primeira División. Marcou 8 goles en 72 partidos na mellor época do club salmantino, que conseguiu boas clasificacións na liga e chegou a unhas semifinais de Copa do Rei.

Volveu en 1978 á Arxentina, onde xogou no Club Atlético Huracán, no Gimnasia y Esgrima La Plata, no Club Deportivo Armenio e finalmente no Club Almagro.

Como axudante de Veira[editar | editar a fonte]

Despois da súa retirada converteuse en axudante do adestrador Héctor Veira en en clubs como San Lorenzo de Almagro e Boca Juniors.[7]

Palmarés[editar | editar a fonte]

San Lorenzo de Almagro[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Treinta y siete jugadores gallegos". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 30 de agosto de 1978. p. 31. 
  2. 2,0 2,1 "Ameijenda, un coruñés en el San Lorenzo". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de agosto de 1970. p. 18. 
  3. "El gallego que soñó hacerse futbolista en La Bombonera y triunfó en San Lorenzo de Almagro" (en castelán). 16 de decembro de 2014. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  4. La nación
  5. "El Teresa Herrera para el Ferencvaros por el sistema de penaltys". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto de 1970. p. 12. 
  6. "A 40 años del retiro de un crack: la "Oveja" Roberto Telch" (en castelán). 5 de novembro de 2020. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  7. "Veira se salió con la suya". La Nación (en castelán). 24 de decembro de 1997. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]