Manuel Pessanha
Lelé | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Manuel Pessanha | ||
Nacemento | 23 de marzo de 1918 | ||
Lugar de nacemento | Barra Mansa | ||
Falecemento | 16 de agosto de 2003 | ||
Lugar de falecemento | Río de Xaneiro | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Americano | |||
–1943 | Madureira | ||
1943–1948 | Vasco da Gama | ||
1948–1950 | São Paulo | ||
1950–1952 | Ponte Preta | ||
Selección nacional | |||
1944–1945 | Brasil | 4 | (1) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Manuel Pessanha, máis coñecido como Lelé, nado en Campos dos Goytacazes o 23 de febreiro de 1918 e finado en Campinas o 16 de agosto de 2003, foi un futbolista brasileiro. Xogaba de dianteiro e é un dos máximos goleadores da historia do Vasco da Gama, club no que militou na década de 1940.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nacido en Campos dos Goytacazes, comezou a súa carreira no Americano da súa cidade natal, pasando logo ao Madureira.[1] No equipo carioca, formou xunto con Isaias e Jair Rosa Pinto un trío atacante que foi alcumado Os Tres Patetas, en referencia a un trío cómico famoso nos cines brasileiros. Durante esta época, participou no partido de inauguración do estadio Aniceto Moscoso, onde o Madureira derrotou por 4-2 ao Fluminense, e tamén nunha goleada por 5-1 sobre o Vasco da Gama.[1]
En 1943 os tres foron contratados polo Vasco da Gama, a petición do adestrador Ondino Viera, que comezaba a reformar o cadro de xogadores do club. O equipo daquela época, liderado no ataque por Ademir de Menezes, pasou a ser coñecido co alcume de Expresso da Vitória, e en 1945 gañou o Campionato Carioca, con Lelé como máximo goleador do torneo, con 15 goles.[1][2] Proclamouse campión tamén en 1947,[3] e sumou varios títulos máis en diferentes competicións, como o Campionato Suramericano de Campións de 1948, considerado o precursor da Copa Libertadores.[1][4] Ese mesmo ano deixou o club do Río de Xaneiro, sendo naquel momento o segundo máximo goleador da súa historia, con 147 tantos, e ocupando na actualidade o noveno posto.
Fichou entón polo São Paulo,[5] co que gañou o Campionato Paulista de 1949,[1] e posteriormente xogou no Ponte Preta, ata 1952. Trala súa retirada traballou nas aduanas do Aeroporto de Viracopos.[1] Faleceu en Campinas o 16 de agosto de 2003, aos 85 anos de idade.
Selección brasileira[editar | editar a fonte]
Foi catro veces internacional coa selección brasileira,[6] a primeira delas nun partido da Copa Roca contra a Arxentina en 1940. En 1944 xogou dous amigables contra o Uruguai,[7][8] para finalmente disputar o seu último encontro internacional en 1945, ante a Arxentina na Copa Roca.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Vasco da Gama
- Campionato Carioca (2): 1945, 1947.
- Campionato Suramericano de Campións (1): 1948.
- São Paulo
- Campionato Paulista (1): 1949.
- Individual
- Máximo goleador do Campionato Carioca (1): 1945 (13 goles).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Lelé… os “Três Patetas” do Madureira" (en portugués). 13 de maio de 2017. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "Campionato Carioca de 1945". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "Conheça Lelé, mais um componente da Fábrica de Artilheiros do Vasco" (en portugués). 13 de setembro de 2011. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "La máxima fiesta del fútbol continental". conmebol.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2013. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "Vasco celebra o centenário do nascimento do craque Lelé" (en portugués). 23 de marzo de 2018. Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "Seleção Brasileira (Brazilian National Team) 1939-1946". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "Brasil - Uruguai 14/05/1944". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ "Brasil - Uruguai 18/05/1944". Asociación Uruguaia de Fútbol (en castelán). Consultado o 5 de maio de 2022.