László Kubala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
László Kubala
Kubala.jpg
Kubala co Barcelona en 1953.
Información persoal
Nome completoLászló Kubala Stecz
Nacemento10 de xuño de 1927
LugarBudapest, Hungría
Falecemento17 de maio de 2002 (74 anos)
LugarBarcelona, España
Altura1,76 m.
PosiciónSegundo dianteiro
Carreira xuvenil
1939–1943Ganz TE
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1944Ganz TE9(2)
1945–1946Ferencváros49(27)
1946–1948Slovan Bratislava33(14)
1948–1949Vasas20(10)
1949–1950Pro Patria?(?)
1950Hungária?(?)
1951–1961Barcelona186(131)
1963–1965Espanyol29(7)
1966–1967Zürich?(?)
Selección nacional
1946–1947Checoslovaquia6(4)
1948Hungría3(0)
1953–1961España19(11)
1953Europa XI1(2)
1954–1963Cataluña4(4)
1965Europa XI1(1)
Adestrador
1961–1963Barcelona
1963–1966Espanyol
1966–1967Zürich
1968Toronto Falcons
1968–1969Córdoba
1969–1980España
1982–1986Al-Hilal
1986Murcia
1987–1988Málaga
1988–1989Elche
1992España olímpica
1995Paraguai
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

László Kubala Stecz (coñecido popularmente en España como Ladislao Kubala), nado en Budapest o 10 de xuño de 1927 e finado en Barcelona o 17 de maio de 2002, foi un xogador e adestrador de fútbol húngaro, de orixe eslovaca, que nos anos 50 obtivo a nacionalidade española. O mais salientable da súa carreira son os 11 anos que xogou no FC Barcelona (1950-1961), e os 11 anos que adestrou á selección española (1969-1980).

Equipos como xogador[editar | editar a fonte]

Tralo seu paso por varios equipos de Europa central, Kubala fuxía dos réximes comunistas e estivo a piques de asinar co gran Torino Football Club en 1949, semanas antes da Traxedia de Superga na que morreron 18 xogadores e directivos do equipo nun accidente de avión, pero finalmente recalou no FC Barcelona, equipo co cal gañou 4 Ligas, 2 Copas de Ferias, 1 Copa Latina, 5 Copas do Xeneralísimo, 2 Copas Eva Duarte e 1 Pequena Copa do Mundo, ademais de ser subcampión de Europa en 1961.

Equipo Tempadas Encontros Goles Media
Hungría Ganz TE 1944 9 2 0.22
Hungría Ferencváros TC 1945-1946 49 33 0.67
Checoslovaquia ŠK Slovan Bratislava 1946-1948 36 15 0.42
Hungría Vasas SC 1948-1949 20 10 0.50
Hungría Hungaria 1949-1950
España FC Barcelona 1950-1961 256 194 0.75
España Espanyol 1961-1965 29 7 0.24
Suíza FC Zürich 1965-1967 1 0 0.00
Flag of Canada.svg Toronto Falcons 1967 19 5 0.26
TOTAL 1944-1967 419 266 0.63

Kubala xogou para 3 seleccións nacionais, feito inigualado por ningún outro xogador na historia do fútbol.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Kubala é o 3º máximo goleador histórico do FC Barcelona, por detrás de Paulino Alcántara e Josep Samitier; e tamén o 3º máximo goleador histórico do FC Barcelona en encontros oficiais, por detrás de César Rodríguez e Lionel Messi. En 2004 foi incluído na lista dos 50 mellores xogadores do século XX, que fixo a IFFHS para a FIFA.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Kubala adestrou ó FC Barcelona en dúas etapas (tempadas 1962-1963 e 1980-1981), sen acadar éxitos salientables. Adestrou tamén ó RCD Espanyol, Elche CF, Real Murcia, Córdoba, Málaga, FC Zürich, Toronto City e Toronto Falcons.

Foi seleccionador español durante 11 tempadas (entre 1969 e 1980), o que supón o récord de permanencia no cargo. Tamén foi seleccionador de Paraguai e de Arabia Saudí.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]