Gennaro Gattuso
Gennaro Gattuso | |||
---|---|---|---|
![]() Gattuso no Milan en 2008. | |||
Información persoal | |||
Nome | Gennaro Ivan Gattuso | ||
Nacemento | 9 de xaneiro de 1978 (45 anos) | ||
Lugar de nacemento | Corigliano Calabro | ||
Altura | 1,77 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Milan (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
1990–1995 | Perugia | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1995–1997 | Perugia | 10 | (0) |
1997–1998 | Rangers | 34 | (3) |
1998–1999 | Salernitana | 25 | (0) |
1999–2012 | Milan | 387 | (10) |
2012–2013 | Sion | 27 | (1) |
Total | 483 | (14) | |
Selección nacional | |||
1995–1996 | Italia sub-18 | 14 | (3) |
1998–2000 | Italia sub-21 | 21 | (1) |
2000–2012 | Italia | 73 | (1) |
Adestrador | |||
2013 | Sion (xogador-adestrador) | ||
2013–2014 | Palermo | ||
2014–2015 | Creta | ||
2015–2017 | Pisa | ||
2017 | Milan Primavera | ||
2017–2019 | Milan | ||
2019–2021 | Napoli | ||
2022–2023 | Valencia | ||
Na rede | |||
http://gennarogattuso.sport.tiscali.it | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Gennaro "Rino" Ivan Gattuso, nado en Corigliano Calabro (Cosenza) o 9 de xaneiro de 1978, é un ex-futbolista e actual adestrador de fútbol italiano. Xogou de centrocampista defensivo e foi internacional coa selección italiana.
Clubs[editar | editar a fonte]
Gattuso comezou a súa carreira na escuadra italiana do Perugia, pero foi transferido en 1997 ao Glasgow Rangers F.C. cando tan tó contaba con 19 anos. Da súa etapa en Escocia destaca a grande influencia que tivo un dos adestradores do equipo, Walter Smith, ao que se refire coma 'un segundo pai'.
O sucesor de Smith, Dick Advocaat, non contaba moito con el así que foi transferido á Salernitana en outubro de 1998 por 3 millóns de Libras.
O A.C. Milan pagou 8 millóns de libras en 1999 polo seu traspaso. O seu estilo de xogo permitía liberar ao mediocampista Andrea Pirlo de bastantes tarefas defensivas a dedicarse a participar na creación do xogo. Gattuso, que ás veces xoga de interior dereito, non facía o típico traballo de subi-la banda e centrar cara a área rival, senón que se deixaba caer ó medio para participar nos traballos de defensa.
Xogou o seu encontro 300 co Milan o 26 de setembro de 2006 nun empate a 0 contra o Lille, na Liga de Campións.
A Selección[editar | editar a fonte]
Gattuso foi unha peza clave no mediocampo da selección italiana xunto con Andrea Pirlo compañeiro seu tamén no A.C. Milan.
Participou en dous mundiais, no 2002 e no Mundial de Fútbol Alemaña 2006, onde fixo unha grandísima actuación, e contribuíu de xeito decisivo á vitoria italiana no torneo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Gattuso's profile and stats - FootballDatabase.com (en inglés)
- Eccezzziunale... veramente 2 - The Internet Movie Database (en inglés)
- Nados en 1978
- Nados na provincia de Cosenza
- Futbolistas olímpicos de Italia
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do AC Perugia
- Xogadores do Rangers FC
- Xogadores do AC Milan
- Xogadores do FC Sion
- Xogadores da selección de fútbol de Italia
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Adestradores de fútbol de Italia
- Adestradores do US Palermo
- Adestradores do AC Milan
- Adestradores do SSC Napoli
- Adestradores do Valencia CF
- Futbolistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Futbolistas gañadores do Mundial