Ferdinand Daučík

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daučík
Información persoal
Nome Ferdinand Daučík
Nacemento 30 de maio de 1910
Lugar de nacemento Šahy
Falecemento 14 de novembro de 1986
Lugar de falecemento Alcalá de Henares
Altura 179 centímetros
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
KFC Komárno
1928–1933 1. ČsŠK Bratislava
1935–1941 Slavia Praga
Selección nacional
1931–1938 Checoslovaquia 15 (0)
1942 Eslovaquia 1 (0)
Adestrador
1942–1946 ŠK Bratislava
1942–1944 Eslovaquia
1948 Checoslovaquia
1948 ŠK Bratislava
1949 Sokol Prievidza
1949–1950 Hungaria
1950–1954 Barcelona
1954–1957 Athletic
1957–1959 Atlético de Madrid
1959–1960 Porto
1960–1962 Betis
1963–1964 Murcia
1963–1964 Sevilla
1965–1966 Indautxu
1966–1967 Zaragoza
1967–1968 Toronto Falcons
1968 Elche
1968–1969 Betis
1970 Sant Andreu
1970–1971 Espanyol
1971 Cádiz
1973–1974 Sant Andreu
1974–1975 Levante
1975 Levante
1976–1977 Sant Andreu
1979–1980 Moscardó
1981 Moscardó
Na rede
FIFA: 48249 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
editar datos en Wikidata ]

Ferdinand Daučík, nado en Ipolyság, Imperio Austrohúngaro, o 30 de maio de 1910 e finado en Alcalá de Henares o 14 de novembro de 1986, foi un futbolista e adestrador eslovaco. Xogaba como defensa e destacou no Slovan Bratislava e no Slavia de Praga, gañando varias ligas checoslovacas. Foi internacional coa selección checoslovaca, coa que disputou dous Mundiais, os de 1934 e 1938.

A súa carreira como adestrador transcorreu maioritariamente en España, onde adestrou a numerosos equipos, entre eles o Barcelona, o Athletic de Bilbao, o Atlético de Madrid e o Real Zaragoza. Dirixiu 488 partidos da Primeira División e gañou tres títulos de liga e seis Copas do Xeneralísimo. Foi pai dos tamén futbolistas Yanko, Ignacio e Javier Daučík.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en 1910 en Ipolyság (en eslovaco Šahy), pertencente naquel entón ao Imperio Austrohúngaro e hoxe parte de Eslovaquia.

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como futbolista no KFC Komárno, pasando logo ao 1. ČsŠK Bratislava, onde militou durante cinco anos, destacando como un dos mellores defensas do país.

En 1935 fichou polo Slavia Praga, no que xogou ata a súa retirada en 1941.[1] Foi capitán do equipo, no que xogaba entre outros Josef Bican, gañou dúas veces a liga checoslovaca e levantou en 1938 a Copa Mitropa, despois de derrotar na final ao Ferencvárosi. Continuou no club durante a ocupación nazi, gañando dous novos títulos de liga, e acadou os 231 partidos coa camiseta do club.

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Foi internacional en 15 ocasións coa selección de Checoslovaquia, coa que disputou as Copa do Mundo de 1934 e 1938. Na primeira delas non chegou a xogar ningún encontro, pero si o fixo na segunda, onde foi titular en todos os encontros do seu equipo, incluída a chamada Batalla de Burdeos contra o Brasil,[2] así como o partido de desempate, onde se impuxo o equipo liderado por Leônidas.[3]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Inicios no seu país[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como adestrador no ŠK Bratislava, coa Segunda guerra mundial aínda en marcha. Dirixiu o equipo de Bratislava entre 1942 e 1946, gañando a liga eslovaca na tempada 1943/44. Durante o transcurso da guerra dirixiu á selección eslovaca, e trala fin do conflito estivo á fronte da selección de Checoslovaquia durante dous partidos. Despois de regresar brevemente ao Bratislava e de pasar polo Sokol Prievidza e o Hungaria, chegou en 1950 a España, país no que traballaría de xeito case ininterrompido durante as seguintes tres décadas.

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

O seu primeiro club en España foi o FC Barcelona, ao que chegou despois de xogar varios amigables co Hungaria en territorio español. O seu cuñado László Kubala, xogador do equipo, foi observado por Josep Samitier e fichado para as filas do club catalán, que incorporou tamén a Daučík como adestrador.[4]

Adestrou ao Barcelona durante un dos períodos de máis éxito do club, que contaba, ademais de con Kubala, con xogadores como Szegedi, Velasco, Ramallets e Joan Segarra. Na súa primeira tempada gañou a Copa do Xeneralísimo, mentres que nas dúas seguintes fíxose tanto coa liga como coa Copa. A eses títulos sumou tamén dúas Copas Eva Duarte e unha Copa Latina. O seu contrato rematou en 1954 e tras ter problemas con algúns xogadores, deixou o club.[5]

Athletic de Bilbao[editar | editar a fonte]

A continuación fichou polo Athletic de Bilbao, onde de novo gañou a Copa do Xeneralísimo no seu primeiro ano. Na súa segunda tempada, igual que fixera no Barcelona, conquistou a liga e a Copa, cun conxunto no que xogaban entre outros Carmelo Cedrún, Agustín Gaínza, Armando Merodio ou Jesús Garay. En 1957 levou o equipo vasco ata os cuartos de final da Copa de Europa, despois de eliminar o Porto e o Honvéd. Finalmente caeu eliminado por un global de 6–5 ante o Manchester United de Matt Busby.

Atlético de Madrid[editar | editar a fonte]

Na tempada 1957/58, fíxose cargo do Atlético de Madrid e levouno ao subcampionato de liga. Isto serviulle para clasificar o equipo á Copa de Europa da tempada 1958/59. Liderado no campo por por Vavá e Enrique Collar, o Atlético chegou ás semifinais tras eliminar o Drumcondra FC, o CSKA Sofia e o Schalke 04. Nas semifinais enfrontouse ao Real Madrid, que gañou o partido de ida por 2-1 no Santiago Bernabéu mentres que o Atlético gañou 1-0 no Metropolitano. Disputouse entón un partido de desempate en Zaragoza, onde a vitoria foi para o Real Madrid.[6]

Anos posteriores[editar | editar a fonte]

Despois de deixar o Atlético de Madrid en 1959, dirixiu o Porto durante a tempada 1959-60 e pasou logo polo Betis entre 1960 e 1962. Durante a súa etapa no club sevillano, debutou co equipo o seu fillo Yanko Daučík. Máis tarde adestrou o Murcia, o Sevilla e o Indautxu, antes de facerse cargo do Zaragoza en 1966. Levou o equipo aragonés a gañar a Copa do Xeneralísimo dese mesmo ano, derrotando na final ao Athletic de Bilbao por 2-0, e acadou tamén a final da Copa de Feiras, onde perdeu contra o FC Barcelona por un resultado global de 4-3.

En 1967 trasladouse ao Canadá para adestrar aos Toronto Falcons, equipo ao que se uniron tamén o seu fillo Yanko, o seu cuñado László Kubala e o seu neto Branko Kubala. Pouco despois regresou a España, e pasou polos bancos do Elche, do Betis, do Sant Andreu (en varias etapas), do Espanyol, do Cádiz, do Levante e do Moscardó.[7]

No momento da súa retirada era o adestrador con máis partidos dirixidos na historia da Primeira División española, ata que foi superado por Miguel Muñoz.[8]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai dos futbolistas Yanko, Ignacio e Javier Daučík. Súa irmá Anna Viola Daučík casou co tamén futbolista László Kubala.[9]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Slavia Praga

Como adestrador[editar | editar a fonte]

ŠK Bratislava
FC Barcelona
Athletic Club
Zaragoza

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Slavní hráči". slavia.cz (en checo). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  2. "Brasil - Checoslovaquia 1938". UEFA (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  3. "Brasil - Checoslovaquia 1938 (desempate)". UEFA (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  4. Poquí, Joan (15 de xuño de 2020). "Setenta años del fichaje de Kubala". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  5. "Ferdinand Daucik (1950-1954)". Fútbol Club Barcelona (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  6. Relaño, Alfredo (2 de febreiro de 2014). "Madrid y Atlético desempatan en Zaragoza". El País (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  7. Relaño, Alfredo (28 de febreiro de 1980). "El fútbol olvida con facilidad a sus viejos ídolos". El País (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  8. "Adestradores con máis partidos na Primeira División". BDFutbol (en castelán). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  9. Poquí, Joan (11 de decembro de 2016). "El milagro de Kubala". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 2 de maio de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]