Michele Padovano
Padovano | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Michele Padovano | ||
Nacemento | 28 de agosto de 1966 | ||
Lugar de nacemento | Turín | ||
Altura | 1,78 m. | ||
Posición | dianteiro, dianteira | ||
Carreira xuvenil | |||
1979–1982 | Barcanova | ||
1982–1985 | Asti TSC | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1985–1986 | Asti TSC | 24 | (6) |
1986–1990 | Cosenza | 103 | (22) |
1990–1991 | Pisa | 30 | (11) |
1991–1992 | Napoli | 27 | (7) |
1992–1993 | Genoa | 27 | (9) |
1993–1994 | Reggiana | 29 | (10) |
1994 | Genoa | 2 | (0) |
1994–1995 | Reggiana | 19 | (7) |
1995–1997 | Juventus | 41 | (12) |
1997–1999 | Crystal Palace | 12 | (1) |
1999–2000 | Metz | 9 | (4) |
2000–2001 | Como | 12 | (2) |
Selección nacional | |||
1997 | Italia | 1 | (0) |
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Michele Padovano, nado en Turín o 28 de agosto de 1966, é un exfutbolista italiano que xogaba como dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira futbolística no Asti TSC da Serie C2, antes de pasar polo Cosenza, Pisa, Napoli e Genoa. Entre 1993 e 1994 xogou no Reggiana, onde as súas actuacións chamaron a atención do adestrador da Juventus Marcello Lippi, que o fichou no verán de 1995.[1] Coa Juventus gañou a Liga de Campións en 1996, marcando un gol en cuartos de final ante o Real Madrid, así como un dos lanzamentos durante a quenda de penaltis da final ante o Ajax.[2]
Na súa época na Juve, o seleccionador Cesare Maldini convocouno para a selección italiana, coa que xogou un único encontro, unha vitoria por 3-0 ante Moldavia, o 29 de marzo de 1997. Entrou no minuto 68, substituíndo ao tamén debutante Christian Vieri.[3]
Unha grave lesión nun xeonllo relegouno ao filial do club, e finalmente foi vendido ao Crystal Palace en novembro de 1997.[4] Xogou só 12 partidos na Premier League, marcando un gol contra o Leicester City.[5] Posteriormente pasou polo Metz e polo Como, onde tampouco conseguir triunfar. A continuación regresou a Londres a reclamarlle ao Palace unha débeda dun millón de libras.[6]
Non volveu xogar ningún encontro máis, poñendo fin á súa carreira no 2001.[4]
Prisión[editar | editar a fonte]
En maio de 2006 foi detido pola policía italiana en Turín debido á súa implicación nunha trama de tráfico de haxix.[7] En 2011 foi finalmente condenado a oito anos e oito meses de cárcere.[8]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Cosenza
- Serie C1 (1): 1987/88.
Juventus
- Serie A (1): 1996/97.
- Supercoppa Italiana (1): 1995, 1997.
- Liga de Campións (1): 1995/96.
- Supercopa de Europa (1): 1996.
- Copa Intercontinental (1): 1996.
Como
- Serie C1 (1): 2000/01.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Gli eroi in bianconero: Michele PADOVANO" (en italiano). 28 de agosto de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ Villalobos, Fran (11 de abril de 2017). "Padovano, el traficante del gol". Marca (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ "Italia - Moldavia 1997". Transfermarkt (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Álvarez, Sergio (3 de xuño de 2017). "La estrella de la Juventus que se consumió en la cárcel por tráfico de hachís" (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ "Football: Izzet's late leveller rewards Leicester's fighting spirit" (en inglés). 6 de decembro de 1997. Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ Hills, David (7 de novembro de 2003). "The 10 worst foreign signings of all time" (en inglés). Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ González, Enric (12 de maio de 2006). "Colapso en el fútbol italiano". El País (en castelán). Consultado o 19 de marzo de 2022.
- ↑ "Droga, condannato l'ex calciatore Padovano". Corriere della Sera (en italiano). 12 de decembro de 2011. Consultado o 19 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en tuttocalciatori.net (en italiano).
- Datos do xogador en BDFutbol (en italiano).
- Nados en 1966
- Nados en Turín
- Futbolistas de Italia
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do AC Pisa 1909
- Xogadores do SSC Napoli
- Xogadores do Genoa CFC
- Xogadores do AC Reggiana 1919
- Xogadores do Juventus FC
- Xogadores do Crystal Palace FC
- Xogadores do FC Metz
- Xogadores do Calcio Como 1907
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Xogadores da selección de fútbol de Italia