Empanada galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Empanadas galegas.
Empanadas galegas de diversos contidos.
Torta galega con chourizo .

A empanada galega é unha variedade de empanada moi popular na cociña galega e forma parte dunha das súas identidades. A primeira empanada á que se fai referencia é de polo e champiñóns.[1][2] É unha preparación culinaria que se ofrece nos concellos de Galicia nas ocasións de festa e romaría. Adóitase preparar con diversos contidos no interior, todos eles procedentes da costa e terras galegas. Pódese servir fría ou quente.

Historia[editar | editar a fonte]

As empanadas son coñecidas en Galicia dende a época dos godos no século VII onde se decretaron regras para a súa elaboración.[3] A empanada era comida ideal para viaxeiros, porque é unha preparación xa cuberta e que permitía evitar o contacto do interior co po das estradas. As empanadas galegas aparecen xa esculpidas no século XII no Pórtico da Gloria de Santiago de Compostela.[4]

Características[editar | editar a fonte]

A masa da empanada leva fariña de trigo (similar á que se emprega para facer pan), manteca e auga.[1] Esta masa é fina. Normalmente faise nun molde duns vinte ou trinta centímetros de diámetro. Nalgunhas ocasións, a masa pode ser feita con fariña de millo (principalmente nalgúns concellos das Rías Baixas). O recheo faise de diferentes contidos, pero habitualmente faise antes un sofrito de cebola e pementos. A diferenza doutras empanadas, a empanada galega non adoita ter tomate no sofrito. Ao pecharse no molde introdúcense no forno. As formas das empanadas son diversas, normalmente rectangulares ou redondas. Adoita servirse acabada de facer ou fría, cortarse en porcións e servirse como aperitivo ou tapa.

Recheos habituais[editar | editar a fonte]

As empanadas galegas están feitas tradicionalmente con ingredientes rexionais. Por regra xeral, a empanada galega emprega varias carnes de vaca e porco (como a zorza), peixes como atún e xoubas, mariscos, etc. Estes ingredientes adoitan cociñarse previamente.

As empanadas máis elaboradas en Galicia adoitan ser de:

Peixe[editar | editar a fonte]

Marisco[editar | editar a fonte]

Carne[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cunqueiro. Cocina Gallega (en español) (1ª ed.). 
  2. 2,0 2,1 Fina Casaderrey Fraga, Mariano García González, (2007), El libro de la empanada, Madrid, Alianza Editorial, ISBN 8420607576, pag.23
  3. Tejeiro. De la comida y otras sensualidades. 
  4. López Ferreiro. Pico Sacro, ed. El Portico de la Gloria, Platerias y el Primitivo Altar Mayor de la catedral de Santiago.La primera empanada de la historia fue de Pollo y Champiñones (1ª ed.). Santiago de Compostela. 
  5. José Jiménez Ortega,David Lorenzo Sánchez, (2006), Las mejores recetas de las mejores ventas, tabernas y restaurantes de España, La Tierra Hoy S.L, pag. 189
  6. Manuel Corral Vide, (2006), Cocina Celta, Ed. LEA, pag. 52

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]