Víctor Ledo Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ledo
Información persoal
Nome completo Víctor Ledo Estévez
Nacemento 25 de xullo de 1937
Lugar Ferrol, Galicia
Falecemento 14 de febreiro de 2010 (72 anos)
Lugar Ferrol, Galicia
Altura 1,68 m.
Posición Centrocampista
Carreira xuvenil
Berton
Cervás
Eumesa
1956-1958 Arsenal
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1958–1959 Lugo
1959–1961 Racing de Ferrol
1961–1962 Deportivo da Coruña 10 (2)
1962–1964 Constancia de Inca 48 (15)
1964–1965 Elche
1965–1974 Racing de Ferrol
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Víctor Ledo Estévez, nado no barrio de Caranza (Ferrol) o 25 de xullo de 1937 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 2010, foi un futbolista galego. Xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Bertón de Caranza, equipo do seu barrio. Despois pasou por diversos equipos, Cervás SD Eumesa e Arsenal. Despois fichou polon CD Lugo onde só xogaría unha tempada antes de fichar polo Racing de Ferrol, onde xogou dúas tempadas. Despois fichou polo Deportivo da Coruña pero tralo ascenso do club a Primeira División foi traspasado ao CE Constància d'Inca en 1962 e despois ao Elche CF en 1964.

No ano 1965 volve ao Racing de Ferrol, onde permaneceu ata o remate da tempada 1973/74. Entre as dúas etapas militou no equipo de Ferrol trece tempadas, sendo o máximo goleador do equipo moita delas.

Retirouse do fútbol en activo nun encontro amigábel de homenaxe, entre o Racing de Ferrol e un equipo de antigos xogadores, coma Pedro Amado, Juan Fernández, Santiago Castro ou Fernández Amado. Coma recoñecemento tamén recibiu a Insignia de ouro do club no ano 2001[1].

Faleceu no ano 2010 con 72 anos, sendo o Vicepresidente da Asociación de veteráns do Racing e Arsenal[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 06 de xullo de 2014. 
  2. http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/02/15/0003_8296029.htm

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]