Joan Babot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Babot
Información persoal
Nome Joan Babot i Xaus
Nacemento 19 de setembro de 1918
Lugar de nacemento Sant Joan Despí
Falecemento 16 de marzo de 1997
Lugar de falecemento Barcelona
Posición defensa
Carreira xuvenil
CF Sant Joan
1932–1936 FC Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1936–1940 FC Barcelona 19 (0)
1941–1942 Ferroviaria 13 (0)
1942–1948 Gimnàstic 105 (6)
1948–1951 Valladolid 77 (1)
1950 Atlético de Madrid 0 (0)
1951–1953 Espanyol 3 (1)
1952–1953 Sant Andreu 20 (0)
1953–1954 Reus 3 (0)
Selección nacional
1948 Cataluña 1 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Joan Babot i Xaus, nado en Sant Joan Despí o 19 de setembro de 1918 e finado en Barcelona o 16 de marzo de 1997,[1] foi un futbolista español, que xogaba como defensa central.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Sant Joan, da súa localidade natal, Sant Joan Despí, antes de ingresar en 1932 na canteira do FC Barcelona. Xogou co primeiro equipo durante a Guerra Civil e foi un dos xogadores que realizou a xira por América do Norte en 1937, durante a cal disputou 14 partidos en México e nos Estados Unidos.[2] Ao remate da xira, foi un dos poucos futbolistas que regresou a Cataluña.[3] Durante estes anos gañou a Liga Mediterránea, a Liga Catalana e o Campionato de Cataluña. Na campaña 1941/42 xogou no AD Ferroviaria de Madrid, na Segunda División.

En 1942 volveu a Cataluña para xogar no Gimnàstic de Tarragona, onde en seis tempadas pasou de militar na cuarta categoría do fútbol español á Primeira División, chegando a ser capitán do equipo.[3][4] Na tempada 1947/48 debutou no Nàstic na máxima categoría, disputando un total de 25 partidos nos que marcou un gol.[5] En xaneiro de 1948 venceron ao Real Madrid no Novo Chamartín por 1-3, na que foi a primeira derrota do conxunto branco no seu novo estadio.

A continuación xogou no Real Valladolid durante un total de 3 tempadas, nas que disputou 77 partidos de Primeira.[3][5] En xuño de 1950 reforzou o Atlético de Madrid para a disputa da quinta edición do Trofeo Teresa Herrera, que o equipo madrileño perdeu ante a Lazio, e tamén para as semifinais da Copa Latina ante o Girondins de Bordeos, partido no que marcou un gol en propia meta.[6]

En 1951, con case 33 anos, fichou polo Espanyol, onde non dispuxo apenas de minutos, disputando só 3 partidos de liga, nos que marcou un gol.[3][5] Antes de rematar a tempada saíu cedido ao Sant Andreu, onde coincidiu con outros espanyolistas como Antoni Cruellas e David Casamitjana.[5] Retirouse definitivamente en 1953.[3][5][7]

En Sant Joan Despí dispútase un torneo de fútbol que leva o seu nome.[8]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

Xogou un partido coa selección catalá en 1948.[9] En febreiro de 1951 foi convocado pola selección española pero non chegou a debutar.[3]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Barcelona
Gimnástic

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Closa, Toni; Pablo, Josep; Salas, José Alberto; Mas, Jordi (2015). Gran diccionari de jugadors del Barça (en catalán). Editorial Base. ISBN 978-84-16166-62-6. 
  2. Poquí, Joan (19 de xullo de 2017). "12.900 dólares providenciales en tiempos de guerra". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Babot". colchonero.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  4. "Los que bregan por el Gimnástico". Mundo Deportivo (en castelán). 28 de marzo de 1946. p. 4. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 "Joan BABOT Xaus". periquito.cat (en catalán). Consultado o 6 de abril de 2022. 
  6. "El torneo de la Copa Latina". El Progreso (en castelán) (13317). 8 de xuño de 1950. p. 4. Consultado o 6 de maio de 2022. 
  7. "Babot, el excelente defensa central, ha finalizado su compromiso con el Español". Mundo Deportivo (en castelán). 1 de agosto de 1953. p. 4. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  8. "Torneo de fútbol Joan Babot". sjdespi.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 6 de abril de 2022. 
  9. "En Las Corts". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de marzo de 1948. p. 4. Consultado o 6 de abril de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]