Maneca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maneca
Información persoal
Nome Manuel Marinho Alves
Nacemento 28 de xaneiro de 1926
Lugar de nacemento Salvador
Falecemento 28 de xuño de 1961
Lugar de falecemento Río de Xaneiro
Altura 168 centímetros
Posición dianteiro
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1943–1945 Galícia
1945–1946 Vitória
1946–1955 Vasco da Gama
1956 Vitória
1956 Bangu
1956 Bahia
1957 Fluminense de Feira
1957 Galícia
Selección nacional
1950 Brasil 6 (2)
Na rede
FIFA: 63849 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Manuel Marinho Alves, coñecido como Maneca, nado en Salvador o 28 de xaneiro de 1926 e finado no Río de Xaneiro o 14 de xullo de 1961, foi un futbolista brasileiro. Tras comezar no Galícia, desenvolveu a maior parte da súa carreira no Vasco da Gama, club co que marcou 137 goles. Foi internacional coa selección brasileira no Mundial de 1950.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como futbolista no Galícia da súa cidade natal, co que gañou o Campionato Baiano de 1943.

Pasou logo polo Vitória e en 1946 fichou polo Vasco da Gama, no que militou durante 9 anos. Gañou con este club catro Campionatos Cariocas e o Campionato Suramericano de Clubs de 1948, considerado o antecesor da Copa Libertadores. Ocupa o 12º lugar na táboa de máximos goleadores da historia do Vasco da Gama, con 137 tantos.

Posteriormente xogou no Bangu, no Bahia, no Fluminense de Feira e pechou a súa carreira no mesmo club no que empezara, o Galícia, en 1957.

Selección brasileira[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección brasileira, coa que participou no Mundial de 1950. Disputou catro partidos durante o torneo e marcou un tanto na goleada por 7-1 sobre Suecia.[1] Quedou no banco no partido final, no que o seu equipo caeu ante o Uruguai no chamado Maracanazo.

Morte[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 1961 tentou suicidarse inxerindo cianuro de mercurio. Faleceu no Hospital Miguel Couto 16 días despois.[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Galícia
Vasco da Gama
Bahia

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Brasil 7-1 Suecia". FIFA (en inglés). Consultado o 4 de maio de 2022. 
  2. "Morreu Maneca". O Globo (en portugués). 14 de xullo de 1961. p. 16. Consultado o 4 de maio de 2022. 
  3. "Todos os brasileiros". folha.uol.com (en portugués). Consultado o 4 de maio de 2022.