Red Bull Bragantino II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Red Bull Bragantino II
NomeRed Bull Bragantino II
Fundación19 de novembro de 2007
EstadioNabi Abi Chedid
Inauguración1949
Capacidade17.724
PropietarioRed Bull GmbH
Presidente Diego Cerri
Adestrador Fábio Matias
LigaCampionato Paulista Serie A3
202310º
Na rede
http://www.redbullbrasil.com.br/
Titular
Alternativo

O Red Bull Bragantino II é un equipo de fútbol brasileiro con sede en Bragança Paulista, São Paulo, filial do Red Bull Bragantino. Milita no Campionato Paulista de Serie A3, a terceira categoría do fútbol paulista, e está composto por futbolistas de menos de 23 anos.[1]

Foi fundado o 19 de novembro de 2007 como Red Bull Brasil e competiu durante uns anos como club independente. En 2019, a compañía Red Bull convertese na propietaria do Bragantino e o Red Bull Brasil pasou a ser o seu filial.[2][3] En 2023 cambiou o seu nome a Red Bull Bragantino II.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado o 19 de novembro de 2007, co nome de Red Bull Brasil e disputaba os seus partidos no Estadio Moisés Lucarelli de Campinas. En 2009 gañou o Campionato Paulista Segunda División, a cuarta categoría do campionato fútbol do Estado de São Paulo e en 2010 conseguiu un segundo ascenso consecutivo, tras se proclamar campión do Campionato Paulista Serie A3. Ese mesmo ano acabou subcampión da Copa Paulista, na súa primeira participación, despois de non poder superar na final ao Paulista. O ataque do equipo estaba liderado polo máximo goleador histórico do club, Henan, que acabou o 2010 como o máximo anotador tanto na liga como na Copa.

En 2014 o Red Bull Brasil rematou segundo no Campionato Paulista Serie A2 e ascendeu á máxima categoría do fútbol do Estado.[4] En 2015 chegou aos cuartos de final, onde perdeu ante o São Paulo. Co seu 6º posto, o equipo clasificouse para o Campionato Brasileiro de Serie D, onde non conseguiu meterse nos playoffs.

En 2016, o equipo acadou de novo os cuartos de final do Paulista, caendo ante o Corinthians, e clasificouse para a Copa do Brasil, sendo eliminado na primeira rolda ante o América Mineiro.

O 26 de marzo de 2019, o presidente do Bragantino anunciou un acordo co Red Bull Brasil para que este se convertese en equipo filial do primeiro.[5][1] O 16 de xaneiro de 2023, o Red Bull Brasil cambiou o seu nome a Red Bull Bragantino II.[6]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Red Bull Brasil terá dois times no Paulista em 2020: Bragantino na elite e equipe sub-23 na A2" (en portugués). 21 de outubro de 2019. Consultado o 22 de setembro de 2023. 
  2. "Red Bull expands global football empire, takes over at Bragantino" (en inglés). 28 de marzo de 2019. Consultado o 22 de setembro de 2023. 
  3. "No comando do Bragantino, Red Bull opta por manter RB Brasil e vai disputar a Série A2 Paulista" (en portugués). 21 de outubro de 2019. Consultado o 22 de setembro de 2023. 
  4. "Paulista A2 2014". soccerway.com (en castelán). Consultado o 22 de setembro de 2023. 
  5. "Bragantino anuncia acordo com o RB Brasil para gestão do time na Série B" (en portugués). 26 de marzo de 2019. Consultado o 22 de setembro de 2023. 
  6. "FPF oficializa mudança de nome do RB Brasil para Red Bull Bragantino II" (en portugués). 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 22 de setembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]