Diego Armando Maradona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiego Armando Maradona

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1960 Editar o valor em Wikidata
Lanús, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte25 de novembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (60 anos)
Dique Luján, Arxentina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaJardín Bella Vista (en) Traducir (2020–) 34°35′49″S 58°43′04″O / -34.597025, -58.717754 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesDios Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Altura165 cm Editar o valor em Wikidata
Peso70 kg Editar o valor em Wikidata
Lateralidademanicho Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFútbol, sports training (en) Traducir e Gestão do Esporte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol , actor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista e dianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1976-1981 Asociación Atlética Argentinos Juniors (pt) Traducir 166(116)
1981-1982 Club Atlético Boca Juniors 40(28)
1982-1984 Futbol Club Barcelona 36(22)
1984-1991 SSC Napoli 188(81)
1992-1993 Sevilla Fútbol Club 26(5)
1993-1994 Club Atlético Newell's Old Boys 5(0)
1995-1997 Club Atlético Boca Juniors 30(7) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1977-1979   Arxentina sub-20 24(13)
1977-1994   Arxentina 91(34) Editar o valor em Wikidata
  Adestrador enllaç= enllaç=
1994-1994 Deportivo Mandiyú (en) Traducir
1995-1995 Racing Club
2008-2010   Arxentina
2011-2012 Al Wasl FC (pt) Traducir
2017-2018 Fujairah SC (pt) Traducir
2018-2019 Club Social y Deportivo Dorados de Sinaloa (pt) Traducir
2019-2020 Club de Gimnasia y Esgrima La Plata Editar o valor em Wikidata
Participou en
1994Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994
1990Mundial de Fútbol Italia 1990
1986Mundial de Fútbol México 1986
1982Mundial de Fútbol España 1982
1979Campeonato Mundial de Futebol Sub-20 de 1979 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
CónxuxeClaudia Villafañe (en) Traducir (1989–2003) Editar o valor em Wikidata
FillosDalma Maradona (pt) Traducir, Gianinna Maradona, Diego Sinagra Editar o valor em Wikidata
IrmánsRaúl Maradona e Hugo Maradona Editar o valor em Wikidata
Condenado portiro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0544764 Allocine: 35664 Rottentomatoes: celebrity/diego_maradona Allmovie: p273631 Metacritic: person/diego-armando-maradona
Instagram: maradona_group Musicbrainz: e14f6aa8-b933-40e6-bdf5-f833ecdcd61e Discogs: 2409706 FIFA: 174732 WikiTree: Maradona-1 Find a Grave: 219003424 Editar o valor em Wikidata

Diego Armando Maradona Franco, nado en Lanús (Buenos Aires) o 30 de outubro de 1960 e finado en Tigre o 25 de novembro de 2020,[1] foi un futbolista e adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de centrocampista ou dianteiro e foi internacional coa selección arxentina. Alcumado "El Diez" e "El Pelusa", entre outros, está considerado como un dos mellores xogadores da historia deste deporte,[2][3] sendo elixido o mellor xogador do século XX nunha votación realizada no sitio web da FIFA.[4]

Ao longo da súa vida Maradona conseguiu importantes logros deportivos tanto coa selección Arxentina, coa que conseguiu a Copa Mundial de Fútbol de 1986, como con algúns dos clubs nos que xogou. Os seus logros deportivos víronse moitas veces contrastados pola súa adicción ás drogas e polos diversos feitos xudiciais nos que se viu involucrado.

Finou o 25 de novembro do 2020 na súa residencia particular por mor dun paro cardiorrespiratorio tras ser dado de alta nunha clínica de Buenos Aires, onde fora ingresado de urxencia ao serlle diagnosticado un hematoma subdural polo que foi operado.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezos[editar | editar a fonte]

Criouse en Villa Fiorito, unha localidade sita no sur de Buenos Aires. O seu primeiro contacto co mundo do fútbol foi en 1969, cando realizou unha proba para entrar no club de fútbol Los Cebollitas.

Con 12 anos xogou algúns partidos coas divisións inferiores de Argentinos Juniors. Para que isto sucedera o adestrador debía mentir sobre a súa idade, xa que non alcanzaba a mínima disposta polo regulamento, e cando comezou a ser coñecido inscribiuno con outro nome. O seu paso polas categorías inferiores foi moi curto, xa que antes de cumprir os 16 anos debutou no primeiro equipo de Argentinos Juniors.

No fútbol arxentino[editar | editar a fonte]

O seu debut na Primeira División Arxentina produciuse o 20 de outubro de 1976, nun partido do Campionato Metropolitano, oportunidade na que o seu equipo Argentinos Juniors perdeu ante Talleres de Córdoba por 1-0. Saíu ao campo substituíndo a Rubén Aníbal Giacobetti a poucos de comezar o segundo tempo, coa camiseta número 16. Na primeira xogada na que participou realizou un "cano" -pasar a pelota entre as pernas do contrario- que provocou o entusiamo dos seareiros locais. Lembrando esa tarde, Maradona, ten afirmado: "Ese día toquei o ceo coas mans".[6][7]

O mes seguinte, o día 14 de novembro, converteu o seu primeiro gol contra San Lorenzo de Mar de Prata.[8] Aos 16 anos foi convocado pola Selección arxentina, e en 1979 foi elixido como mellor xogador suramericano do ano, despois de gañar o Mundial Xuvenil do Xapón, onde anotou un tanto no partido definitorio fronte á Unión Soviética, que finalizou coa vitoria Arxentina por 3-1. Logo foi elixido como o mellor xogador do Mundial.

Foi o máximo goleador dos torneos Metropolitano 1978, Metropolitano e Nacional 1979, Metropolitano e Nacional 1980; todos coa camiseta de Argentinos Juniors. Isto outorgoulle un récord no fútbol arxentino, é o único xogador que conseguiu consagrarse goleador do torneo en cinco ocasións. O seu primeiro gol coa Selección arxentina marcouno o 2 de xuño de 1979 fronte a Escocia en Glasgow, onde o seu equipo venceu o local por 3 a 1. Mentres o seu renome medraba no mundo, na Arxentina os seus dereitos federativos foron adquiridos por Boca Juniors. Debutou o 22 de febreiro de 1981 e marcou dous goles fronte a Talleres de Córdoba, aínda que desta vez vingouse e o seu equipo superou o seu rival por 4-1. Ese ano gañou o torneo Metropolitano coa condución táctica de Silvio Marzolini. En Boca Juniors xogou 40 partidos e marcou 28 goles.

Paso polo F.C. Barcelona[editar | editar a fonte]

Trala súa participación no Mundial de Fútbol de 1982 celebrado en España, na que a Selección arxentina se hospedou en Barcelona, Maradona foi vendido ao Fútbol Club Barcelona que pagou 1.200 millóns de pesetas a Boca Juniors, cifra ata ese momento inaudita por un xogador no mercado mundial. O primeiro partido oficial de Maradona co Barcelona foi o 4 de setembro de 1982, onde, pese a que converteu un tanto, o seu equipo caeu co Valencia por 2-1. En decembro de 1982, tendo disputado 13 partidos da Liga, e marcado 6 goles, detectóuselle hepatite, razón pola que tivo que abandonar os campos por tres meses. Reapareceu o 12 de marzo de 1983, nun partido contra o Betis, pero o FC Barcelona non puido xa aspirar á Liga, e soamente conseguiu a cuarta posición, quedando a seis puntos do campión, o Athletic de Bilbao. Maradona disputou 20 partidos de liga e anotou un total de 11 goles.

O 26 de xuño gañou a Copa da Liga, tamén fronte ao Real Madrid, sendo Maradona o autor dun gol en cada un dos dous partidos da final. O gol anotado por Maradona no Estadio Santiago Bernabéu, e que supuxo a vitoria barcelonista, provocou a ovación do público madridista, que recoñeceu a beleza do gol pese a ser marcado polo conxunto rival. A temporada 1983-84 empezou moi mal para Maradona. O 24 de setembro de 1983 enfrontáronse no Camp Nou o FC Barcelona e o Athletic de Bilbao, e Maradouna mancouse rompendo o noelo da perna esquerda. Só puido xogar 16 partidos aquela temporada, nos que marcou un total de once goles. A final da Copa do Rei, disputada no Estadio Santiago Bernabéu de Madrid o 5 de maio de 1984, enfrontaba o Barcelona co Athletic de Bilbao, o vixente campión de Liga. Gañou o Athletic de Bilbao por 1 a 0, pero cando o árbitro pitou o final do partido, Maradona agrediu a un xogador do Athletic e os xogadores de ambos os equipos leáronse nunha liorta. Tralo escándalo orixinado, varios xogadores foron fortemente sancionados e a Federación Española de Fútbol impuxo a Maradona unha sanción de tres meses sen poder xogar nas competicións españolas.

Persoal[editar | editar a fonte]

Os seus irmáns Hugo Hernán e Lalo tamén foron futbolistas.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Participacións nos mundiais[editar | editar a fonte]

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Morre Diego Armando Maradona". Nós Diario. 25 de novembro de 2020. Consultado o 25 de novembro de 2020. 
  2. Redacción (29 de setembro de 2020). "Los mejores futbolistas de todos los tiempos". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  3. Hirschbrand, Gaston (29 de xullo de 2017). "Los 100 mejores jugadores de la historia del fútbol". 90min.com (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  4. "FIFA Player of the Century" [Xogador do Século da FIFA] (PDF). touri.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de abril de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2020. 
  5. Redacción (26 de novembro de 2020). "Muere Maradona a los 60 años tras sufrir un paro cardíaco en su casa". lainformacion.com (en castelán). Consultado o 26 de outubro de 2020. 
  6. Maradona (2000), p. 26
  7. Redacción (10 de abril de 2013). "Diego, el de Argentinos". clarin.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 26 de novembro de 2020. 
  8. Álvarez, Juan Miguel (10 de xuño de 2018). "El error sobre un gol histórico de Maradona". lacapitalmdp.com (en castelán). Consultado o 26 de novembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]