Budapest Honvéd FC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Budapest Honvéd
NomeBudapest Honvéd FC
Fundación1909
EstadioBozsik Stadion,
Budapest
Capacidade10.000
PresidenteGeorge F. Hemingway
AdestradorSisa Tibor
LigaLiga Húngara
Temp. 2005-0613º
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

Budapest Honvéd FC é un club polideportivo húngaro con sede en Budapest.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1909 fundouse coma o Kispest AC. Kispest é o barrio de Budapest onde xurdiu o club. En 1926 pasou a se-lo Kispest FC, mais en 1944 volvería ao seu nome orixinal. En 1949 O Ministerio de Defensa fíxose co control do club e converteuse na escuadra do Exército Húngaro. Asismesmo, Kispest comezou a formar parte do Distrito XIX de Budapest así que o club rebautizouse coma o Budapest Honvéd SE. Este nome provén da verba húngara Honvédség, que é o nome do exército do país. honvéd quere dicir literalmente defensor da patria.

Antes de converterse na escuadra do exército, o único título que conseguira o equipo foi unha Copa de Hungría de Fútbol no ano 1926.

Copa de Europa[editar | editar a fonte]

En 1956 Honvéd participou na Copa de Europa, e tocoulle enfrontarse na primeira rolda co Athletic de Bilbao. Perderon por 3-2 en Bilbao e antes de que puidera xogarse o encontro de volta estoupou a Revolución Húngara de 1956 en Budapest. Os xogadores negáronse a volver a Hungría e conseguiron que a volta se xogara en Bruselas. De calquera xeito o gardameta do Honvéd mancouse nos primeiros minutos do encontro e o extremo esquerdo Zoltán Czibor tivo que ocupa-lo seu posto. O resultado foi de 3-3, cun total na eliminatoria favorable ós bilbaínos por 6-5.

Xira mundial[editar | editar a fonte]

A eliminación da Copa de Europa deixou á escuadra no limbo. Os xogadores negábanse a retornar a Hungría e incluso trouxeron ás súas familias dende Budapest. En contra da FIFA e da Federación Húngara de Fútbol organizaron unha xira por Italia, Portugal e España, pola sinxela razón, segundo declararía anos despois o propio Ferenc Puskás, de que non tiñan cartos nin para xantar. Algúns destes encontros foron un empate 5-5 contra un combinado de Madrid e unha vitoria 4-3 contra o FC Barcelona.

Dende México chegou unha oferta de asilo político e unha invitación para que o club se unira á liga nacional. Decidiron rexeitala, mais aceptaron acudir a un torneo no Brasil co CR Flamengo e o Botafogo.

Despois disto a FIFA declarou ilegal o equipo e desautorizounos para emprega-lo nome do Hónved. Á volta a Europa, separáronse. Algúns coma József Bozsik regresarían a Hungría mentres que outros coma Zoltán Czibor, Sándor Kocsis ou Ferenc Puskás marcharían para España. Os dous primeiros para o FC Barcelona e Puskas para o Real Madrid.

En 1991 mudou de novo o seu nome a Kispest Honvéd FC. O seu nome actual adoptárono en 2003.

Títulos[editar | editar a fonte]

Fútbol[editar | editar a fonte]

Balonmán[editar | editar a fonte]

Wáter-polo[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Xogadores clásicos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]