Eduardo Berizzo
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1969 (55 anos) Antofagasta, Chile | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Manuel Eduardo Berizzo, nado en Cruz Alta, Marcos Juárez (Córdoba) o 13 de novembro de 1969, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol arxentino. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección arxentina. Dende 2022 é o seleccionador de Chile.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira futbolística no Newell's Old Boys, onde disputou durante 5 tempadas máis de 100 partidos e gañando dous títulos de Liga. No ano 1993 deixaría Arxentina para alistarse no Atlas de Guadalajara mexicano, volvendo despois desa aventura ao River Plate, club co que xogaría ata o ano 2001 coa excepción dunha breve estancia no Olympique de Marsella. No club Millonario gañaría outros tres títulos da Liga Arxentina.
Na tempada 2001–02 fichou por un club europeo, o Celta de Vigo onde durante as 5 tempadas nas que militou faría gala da súa solvencia defensiva e da súa capacidade de mando, actuando nos seus últimos anos en Vigo como axudante do adestrador Fernando Vázquez.
No ano 2005 fichou polo Cádiz CF, entón en Primeira División, club no que se retiraría ao rematar esa mesma tempada.
Como xogador foi un home de garantías na defensa, sabendo cando incorporarse proporcionando sempre algún gol ao longo da tempada. Posteriormente exerceu como técnico, sendo axudante de Marcelo Bielsa á fronte da selección chilena de fútbol durante o Mundial de Fútbol Suráfrica 2010.
Adestrador
[editar | editar a fonte]O 19 de maio de 2014 foi anunciado como novo adestrador do Celta de Vigo, en substitución de Luis Enrique.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Berizzo dirigirá al Celta dos temporadas; Faro de Vigo, 19 de maio de 2014 (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1969
- Nados na provincia de Córdoba, Arxentina
- Futbolistas da Arxentina
- Defensas de fútbol
- Xogadores do CA Newell's Old Boys
- Xogadores do Atlas de Guadalajara
- Xogadores do CA River Plate
- Xogadores do Olympique de Marsella
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores da selección de fútbol da Arxentina
- Adestradores de fútbol da Arxentina
- Adestradores do Estudiantes de la Plata
- Adestradores do Club Deportivo O'Higgins
- Adestradores do Celta de Vigo
- Adestradores do Sevilla FC
- Adestradores do Athletic Club
- Adestradores da selección de fútbol de Paraguai
- Adestradores da selección de fútbol de Chile