Romolo Alzani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alzani
Información persoal
Nome Romolo Alzani
Nacemento 6 de marzo de 1921
Lugar de nacemento Roma
Falecemento 3 de outubro de 2002
Lugar de falecemento Roma
Altura 1,77 m.
Posición Defensa e centrocampista
Carreira xuvenil
Alba Roma
1934–1938 Roma
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1938–1941 Roma 0 (0)
1939–1940 Rimini 25 (0)
1941–1944 Ala Italiana
1944–1945 MATER
1945–1955 Lazio 263 (7)
1955–1956 Foligno
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Romolo Alzani, nado en Roma o 6 de marzo de 1921 e finado na mesma cidade o 3 de outubro de 2002, foi un futbolista italiano. Xogaba como defensa e centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira na Lazio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista no Alba da súa Roma natal e durante a Segunda guerra mundial xogou no campionato romano, primeiro nas filas do Ala Littoria e despois no MATER.[1]

Por recomendación de Fulvio Bernardini,[1] foi adquirido pola Lazio no verán de 1945 e debutou co equipo capitolino o 21 de outubro dese ano nun partido na casa ante o Pro Livorno que rematou cun resultado de 0-2. Formou a defensa da Lazio durante os seguintes anos xunto aos irmáns Sentimenti (III e IV), Antonazzi, Furiassi e Malacarne.

Militou durante unha década no club, co que disputou 263 partidos de liga, marcando 7 goles. Retirouse en 1956, despois dunha última campaña no Foligno.[1]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Tras a súa retirada traballou como adestrador e tivo un posto no Sector Técnico Federal, primeiro como seleccionador da selección semiprofesional e despois na de afeccionados.

A finais dos anos sesenta pasou a ser coordinador do sector xuvenil do sector futbolístico do CONI.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "LA NOSTRA STORIA Il centrocampista Romolo Alzani" (en italiano). 6 de marzo de 2020. Consultado o 22 de agosto de 2022.